Videoxogos: bos ou malos?

Por todos é sabido que hoxe en día os videoxogos son unha das formas máis frecuentes nas que gastar o teu tempo libre, pero… como afecta este hobby ao teu corpo?

Pois ben, nos últimos anos realizaronse moitos estudos sobre os efectos dos videoxogos no teu cerebro, e para sorpresa de moitos, ten moitísimos beneficios. Por exemplo, xogos como Starcraft (un xogo de estratexia) poden provocar que realices tarefas cognitivas con maior fluidez e precisión. Ademáis de eso, está demostrado que outros xogos de diferentes xéneros tales como shooters melloran os teus reflexos, a túa concentración, visión periférica… Incluso poden servir como analxésicos, xa que reducen a ansiedade, a dor producida por enfermidades crónicas e tratamentos médicos. Isto débese a que cando estás xogando (maiormente en xogos de realidade virtual) prestas toda a túa atención ao xogo, e non estás centrado nas dores que tes, ou nos problemas de fóra. Ademáis de todo ese tipo de beneficios mentais, os videoxogos tamén son unha forma boa de aprender nomes de persoas importantes na historia, datas…

Agora ben, que teñen de malo os videoxogos? Moita xente e, incluso os medios de comunicación, empéñanse en facer crer que os videoxogos volven á xente violenta. Obviamente eso é unha tontería, xa que se lle aplicas a mesma lóxica, tanto as películas como a literatura con calquera tipo de violencia tería o mesmo efecto sobre a túa persoa.

Sí é verdade que os videoxogos poden crear unha gran adicción. Xogos do tipo MMORPG son dos máis adictivos, xa que sempre tes algunha tarefa que facer, e nalgúns casos hai persoas que xogan tantísimas horas seguidas  que reciben danos cerebrais por non descansar a mente e, incluso chegou a haber casos de mortos por xogar varios días sen descanso de ningún tipo. Outra das cousas que se lle atribúe aos videoxogos é que o teu corpo empeora o seu estado físico, xa que non o exercitas tanto. Esto vai relacionado con o anterior mencionado, coa adicción que pode crear nalgunhas persoas este pasatempo, xa que ese tempo gastado xogando non estás facendo deporte de ningún tipo.

En conclusión, como todo na vida, se abusas dos videoxogos estos poden traer efectos negativos para o teu corpo/mente, pero en “doses” controladas, os videoxogos aportan moitísimos beneficios.

 

Tags: ,

Unha resposta a “Videoxogos: bos ou malos?”

  1. adrianalonso Dixo:

    Os medios de comunicación tenden desprestixiar os videoxogos por que cada vez hai máis xente que xoga en vez de ver a televisión , o que fai que perdan espectadores , e con isto beneficios.

    Compartimos a opinión de que todo en exceso en malo, por exemplo, a auga , famosa por ser o composto da vida, pode resultar mala, ata o punto de chegar a morte se se toma en exceso , así como o exercicio.

    Os xogos poden axudar a desconectar e olvidarse dos problemas pero, como todo, hai que levar un equilibrio e coñecer o límite de isto , para non irse poras ramas ou estropearche a vida , todo vicio e malo.

    Adrián Alonso.
    Benito Esperón.