Novidades sobre o inicio do universo

Segundo as predicións dalgúns científicos, o universo debería ter quebrado tras o Big Bang, entón, cal é a explicación para que esto non sucedese? Un grupo de físicos do Imperial college de Londres  e das universidades de Copenhagen e Helsinki, din que a gravidade foi una de esas causas, xa que lle proporcionou a estabilidade necesaria para sobrevivir a súa propia expansión.

Tras as investigacións sobre a partícula de Higgs, descuberta no CERN en 2012, pénsase que a produción de bosóns durante a expansión puido dar lugar á inestabilidade e ao colapso total pero a curvatura do espazo-tempo e da gravidade doulle ao cosmos a estabilidade suficiente para poder sobrevivir. Nestes estudos tamén se investigou a relación e interacción entre o bosón de Higgs e a gravidade, e parece ser que incluso un valor relativamente pequeno  é suficiente para explicar a supervivencia do universo sen ningunha nova física.

Este equipo de investigadores pretende seguir estudando e investigando a interacción entre a gravidade e o campo de Higgs utilizando datos cosmolóxicos, para esto utilizarán datos das misións da Axencia Espacial Europea. Según eles se conseguen medir dita interacción estarán moito mais cerca de poder responder as preguntas fundamentales sobre por que e como estamos aquí.


 

Tags: , , ,