Sixilosas amigas: as mutacións.

imagen

As mutacións son erros ou alteracións que se producen na transcripción ou copia do material xenético, presentes en todos os seres vivos, aínda que a miudo non nos demos de conta de que están presentes.

Podemos clasificalas atendendo a diversos factores:

-Segundo o mecanismo causal, temos: mutacións moleculares ou xénicas (que afectan á secuencia de nucleótidos) , cromosómicas (que afectan ao número de xenes por cromososma ou aos cromososmas) e xenómicas (que afectan a todo o complemento cromosómico ou xenoma) .

-Segundo os seus efectos ou consecuencias:  morfolóxicas (afectan á distribucíón corporal), letais (afectan á supervivencia), condicionais (afectan ao fenotipo en determinadas condicións ambientais), bioquímicas (afectan ao funcionamento das enzimas), perda de funcíon (algunha das función do organismo non se pode levar a cabo), ganacia de función (un novo xene co seu correspondente fenotipo).

-Segundo a natureza dos axentes mutáxenos (causantes das mutacións): naturais ou espontáneas e inducidas (ben sexa por axentes físicos, químicos ou biolóxicos).

Investiga sobre os tipos de axentes mutáxenos aos que podes estar exposto/a ao longo do día e recólleos de xeito breve. Investiga tamén que tipo de mutacións poderían ocasionar.

 

Tags: , ,

5 Respostas a “Sixilosas amigas: as mutacións.”

  1. tania falkenhain Dixo:

    -Mutáxenos químicos: son compostos químicos capaces de alterar as estruturas do ADN de forma brusca, pero non son compostos que manipulemos normalmente no noso día a día.
    -Mutáxenos físicos: son radiacións que poden alterar a secuencia e estrutura do ADN. Un exemplo son as radiacións solares, que poden orixinar un cancro de pel.
    -Mutáxenos biolóxicos: son aqueles organismos “vivos” que poden alterar as secuencias do material xenético do seu hospedador, como por exemplo virus, bacterias e fungos, e interfiren, por exemplo, en individuos afectados de hepatite.
    -Factores que non son axentes mutáxenos pero que determinan se unha mutación terá lugar ou non:temperatura,presión de osíxeno…

  2. noelbuceta Dixo:

    Pareceunos un post bastante interesante.Antes non sabíamos os tipos de mutacións que había.As mutacións son unha importante fonte de variabilidade xenética polo que grazas a elas moitos organismos evolucionaron tal e como os vemos hoxe en día, ademáis, grazas a selección natural, eliminase case inmediatamente as desventaxosas mentras que as beneficiosas garantizan a supervivencia do individuo e desta nova característica polo que fai variar as especies se estas se aillan. Encontramos unha páxina moi interesante que nos fala das mutacións e o cáncer:http://www.ca.globaltalentnews.com/actualitat/noticies/1970/Mutacions-en-diferents-cellules-cooperen-per-al-desenvolupament-de-cancer.html
    Tamén nos pareceu bastante interesante esta páxina:http://www.antena3.com/noticias/ciencia/descubren-mutaciones-mariposas-fukushima-radiacion_2012081400142.html
    Feito por: NOEL BUCETA E lUIS VÁZQUEZ 1 BAC. A.

  3. martapineiro Dixo:

    Parécenos un post moi adecuado co temario que demos tanto nesta asignatura como en filosofía, relacionado ca evolución e os problemas da sociedade.
    As mutacións aportan variabilidade e novas características que nos poden aportar factores ou ventaxosos ou negativos.
    Este post lévanos a moitos dilemas morais relacionados ca reproxenética e os bebés de deseño; o estudo das mutacións tamén pode ser ventaxoso para detectar e curar enfermedades, como por exemplo o Síndrome de Down, que é unha trisomía na parella de cromosomas número 21.
    Aínda que as mutacións son ao azar e resultaría moi complicado facer un estudo sobre elas,unha inversión nesta investigación seguro que nos aportaría grandes adiantos tanto nestas enfermidades cromosómicas coma nos cancros que aparecen ao longo das nosas vidas producidos por axentes mutantes externos como por exemplo os raios UVA.
    Sería unha moi boa maneira de aprobeitar a ciencia,, e grazas aos avances científicos e tecnolóxicos dacordo ca nosa época levaríanos a un futuro menos descoñecido.

    Feito por:Marta Piñeiro Movilla,Sole Baños Abal y Sofía Jueguen Solla (1 BAC B)

  4. saradovalo2 Dixo:

    Os tipos de axentes mutáxenos ós que podemos estar expostos son:

    ==MUTÁXENOS QUIMICOS: compostos químicos capaces de alterar as estruturas do ADN de forma brusca (ej: ácido
    nitroso, colchicina, sales de chumbo, sulfato de cobre); tamén son os colorantes, fume de tabaco, algúns fármacos, etc.
    ==MUTÁXENOS FÍSICOS: son radiacións que poden alterar a secuencia e estrutura do ADN. Exemplos:
    -Radiacións atómicas: producen esterilidade en plantas, animais e home; afecta tamén aos tecidos como
    ósos, nervios, músculos, fígado, ril, etc)
    - Radiacións electromagnéticas (ej: raios gamma, raios X, radiación ultravioleta)
    ==MUTÁXENOS BIOLÓXICOS: son aqueles organismos “vivos” que poden alterar as secuencias do material xenético do seu hospedador; como por exemplo: virus, bacterias e fungos.

    O simple feito de estar vivos exponnos a radiacións que poden causar mutación. Os efectos biolóxicos da radiación alteran a xenética dun organismo, como son as moléculas, os orgánulos e as células. Poden causar CANCER que é unha enfermidade onde se alteran os “oncoxenes” que afectan ás proteínas reguladoras da división celular causando a alteración.
    Os mutáxenos físicos son os máis daniños, hereditarios e producen enfermidades conxénitas. Exemplo: o alzheimer é unha enfermidade nerviosa dexenerativa.

    As posibles fontes de mutáxenos biolóxicos poden ser todos os preparados de natureza biolóxica utilizados en medicina terapeutica tales como vacinas, antitoxinas, sangue, soro e antíxenos (nas transfusións de sangue se produce intercambio de información entre ADN do organismo e o ADN que teñen as células sanguíneas que se reciben, o que pode dar lugar a mutacións como a Hepatite.
    Os mutáxenos biolóxicos, como é o caso dos virus demostrouse que poden producir anomalías cromosomicas, por iso a vacinación con virus vivos pode implicar un risco potencial.

  5. Alexis Rial Dios e Andrea Chaves Pouso Dixo:

    Hai axentes mutáxenos biolóxicos poden ser:
    os transposóns, que son segementos móviles de ADN que poden cambiar de posición trasladándose a outro lugar distinto do mesmo cromosoma ou incluso a outro.
    Algúns virus, como o virus da hepatite B, poden levar no seu xenoma transposóns dunha célula previamente infectada que incorporarían á nova célula parasitada.

    Axentes mutáxenos físicos son os principais axentes son as radiacións ionizantes e as inonizantes.
    As radiacións ionizantes son as que teñen a lonxitude de onda moi corta, por iso son moi enérxicas e provocan a ionización dos átomos das sustancias que atravesan. Son os raios X, os raios gamma, as partículas alfa e beta e os neutróns emitidos polos procesos radiativos.
    Radiacións non ionizantes son os raios UVA fundamentalmente.

    Os axentes mutáxenos químicos son:
    Modificacións nas bases nitroxenadas.
    Substitucións das bases
    Intercalación de moléculas.