Inconvintes dos trasxénicos.

O millo, un dos cereais máis consumidos, foi introducido fai séculos, pero é o mesmo millo o de hoxe en día que o de séculos pasados? Pois o certo é que non, nin sequera é igual ó de fai tan só 15 anos. E diredes vós como é posible? Debido ao sometemento de certos alimentos, como este, á enxeñaría xenética: son os chamados alimentos transxénicos, aqueles obtidos dun organismo ó que se lle incorporou xens de outro para producir unha característica desexada.
As grandes multinacionais, como Monsanto ou Pioneer, promoven o cultivo de alimentos transxénicos alegando beneficios como que son máis productivos grazas á resistencia ás pragas ou herbicidas, e introdúcenos en países en vías de desenvolvemento co pretexto de acabar coa fame; pero apenas citan os riscos de consumilos. E aínda que moitos de nós pensemos que non os inxerimos, porque a maioría son alimentos como a soia ou o millo, é case imposible non facelo pois atópanse como ingredientes de edulcorantes e espesantes ademais de seren consumidos polos animais dos que logo nós comemos a súa carne ou bebemos o seu leite.
Recentemente, un estudo realizado en Estados Unidos demostrou que as plantacións transxénicas son, co tempo, menos produtivas que as tradicionais. As súas investigacións tamén proban que os organismos xenéticamente modificados conlevan riscos para a nosa saúde: en toxicoloxía, na función inmunitaria, na reprodución, no metabolismo, na xenética…. Ademais, estudos en animais alimentados con transxénicos provocáronlles un envellecemento acelerado, alteracións da insulina e da formación de proteínas, e cambios no fígado, riles, bazo e no sistema gastrointestinal; a parte de se dar casos de vacas e porcos que quedaron estériles.

imagen

Publicado por Lucía Rey Carro

 

Tags: , ,

13 Respostas a “Inconvintes dos trasxénicos.”

  1. cristiangalinanes Dixo:

    eu penso que este problema no solo pasa co millo senon tamen con outros moitos alimentos como tomates , patatas,leitugas etc
    A pesar de que los comerciantes de empresas como Monsanto ou Pionee insiten a xente a consumi sus productos e digan que teñan moitos beneficion nunca contan toda a realidade sobre os risgos de consumir sus productos
    seria moito mais saudable para todos consumir alimentos ecoloxicos

    mariana cortez
    cristian galiñanes

  2. marianagabriela Dixo:

    Desde luego que el millo de hoy en dia no es el mismo que en epocas pasadas y a demas esto que hacen las grandes multinacionales es puro marketin camuflado haciendoles creer a los paises en vias de desenvolvimiento que lo que comen es sano omitiendo todos los riesgos que conlleva comer todos esos productos
    Y esto no solo ocurre con el millo sino tambien con muchos alimentos que contienen trangenicos q en realidad son seres vivos que an sido modificados en laboratorios mediante la introduccion de genes de otras especies de seres vivos para proporcionarles caracteristicas que nunca obtendrian de forma natural , esto desde lugo nos va a causar problemas de salud entre otros mas

  3. cristelatorres Dixo:

    Os tranxénicos, en principio poden parecer algo bo, porque mellora as características dos productos e beneficia tanto o comprador como o venderor pero non sabemos todos os riscos que teñen para a nosa saúde.

  4. elenavazquez Dixo:

    JOSE PIÑEIRO E ELENA VÁZQUEZ.
    Na nosa opinión aínda que os transxénicos nos benefician á hora de poder consumir produtos que só se dan en determinadas épocas do ano cando nos queiramos ou poder acadar un produto coas propiedades de outro nunha zona na que se carece de produtos con esas caracteríscticas é importante ter en conta que o “descoñecidos” que ainda son para nós. Con esto referímonos aos perigos que poidan causar á nosa saúde, de momento só se detectaron casos puntuales de alerxias mais é posible que aqueden outro tipo de prexuicios, nese caso deberiase controlar o seu consumo.

  5. xabiercastro Dixo:

    Os transxénicos teñen, coma todo, as súas vantaxes e as súas desvantaxes. Aquí cítase que son perigosas para nós e para animais que as consomen, ademáis de frear a produción do producto a longo prazo, un dato moi interesante, pois precisamente un punto a favor dos transxénicos era unha maior produción. Outro dos perigos dos transxénicos é que poden destruír unha cadena trófica, pois os organismos que se alimentaban deses vexetais agora non o poderán facer e romperase o ecosistema.
    De todos modos, o descoñecemento sempre provoca medo na poboación, pero sempre debemos estar dispostos a afrontar novos avances.

  6. cristina vazquez e paula rodriguez Dixo:

    Cando pensamos nos transxénicos, concebimos o concepto como algo positivo, mais non toda verdade é esta…
    Por qué existen aimentos transxénicos? En principio apareceron para aumentar a produtividade e así poder alimentar á metade dos 800 millóns de persoas que morrian á fame, pero iso só é a “cara bonita” do asunto. Pénsase que a realidade é que as multinacionais pretenden controlar a producción dos principais cultivos do mundo e crear unha maior dependencia dos agricultores hacia eles, en reducidas palabras, gañar diñeiro fácil.
    Ademais, non sabemos se nun futuro, ó mellor non tan lonxano, os transxénicos sexan unha causa de trastornos na humanidade, como raras mutacións.

  7. leiladios Dixo:

    Os compoñentes transxénicos son para que a produtividade aumente e así, acabar coas grandes masas de xente que morre por non ter que comer; pero tamén é certo que as grandes multinacionais, non contan a parte negativa deses compoñentes, nin advirten dos perigos que pode haber aos consumidores ou dos riscos que estes poden correr ao consumir ditos produtos.
    Ao longo do tempo podemos afirmar que a produtividade é maior nos cultivos tradicionais, e ademais probablemente estes sexan mellores en canto ao sabor e á calidade; por esa mesma razón se lle engaden os edulcorantes, o que tamén é un aspecto negativo para o noso organismo, que pode actuar como un estímulo falso ata o punto de crearnos adición e danar certos órganos.
    Tamén se debería advertir de que están infiltrados en calquera produto de uso cotián e que debemos fixarnos máis no que consumimos.

    Publicado por: Leila Dios e Rosa García

  8. josemartinez Dixo:

    xabi pereira e josé martínez:

    nos pensamos que o uso de tranxenicos nos alimentos deveria estar mais controlado, porque o millo pode mutar nun producto moi perxudicial para a saude, probocando graves transtornos alimentarios e orgánicos.

  9. brunolemina Dixo:

    AARÓN CORDERO VAAMONDE Y BRUNO LEMIÑA OJEA.
    Estou dacordo coa producción de alimentos transxénicos, xa que teñen moitas ventaxas, gracias a esto, os alimentos se conservan durante moito máis tempo, esto pode ser moi útil, para enviar alimentos a pobos pobres do terceiro mundo. Ademáis disminúen os costes de producción o que os fai máis asequibles para o consumidor, algo que ben moi ben nestas épocas. Pero tamén ten os seus inconvenientes, coma a posibilididade de que haxa un rechazo ó xen extraño. Poden ter efectos negativos no noso corpo cando se engaden edulcorantes.Ademáis de poder ser malos, e que moitos productos van sen etiquetar de que son productos transxénicos e a xente que non os querer tomar non está informada.
    Aquí temos unha páxina con máis ventaxas e inconvenientes http://jaaf.obolog.com/ventajas-desventajas-alimentos-transgenicos-265009
    Estamos a favor de que se fagan alimentos transxénicos, pero deberían controlarse máis nos mercados e na alimentación dun mesmo.

  10. pablobaulde Dixo:

    Cando pensamos en productos transxénicos, pensamos logo en algo positivo para a saúde. Pero despois de unha longa investigación, vemos que o tradicional é máis efectivo e mais saudable que os productos transxénicos. En cambio a calidade, tamén podemos dicir que os tradicionais son máis saudables. Podemos dicir que é unha boa investigación, xa que cando escoitamos a palabra “transxénico” desde o principio pensamos que é algo positivo, e non é así. Este caso pódese concluir cun refrán moi popular : “O barato sae caro”.

  11. saradovalo2 Dixo:

    Estou totalmente en contra dos alimentos transxénicos, porque creo que teñen màs inconvintes que vantaxes sobre a nosa saúde e a do noso planeta, ademais de descoñecer onde e cómo se producen as materias primas que compramos para alimentarnos.

    Como dato, o millo transxénico que se cultiva en España leva xenes de bacterias que son capaces de producir unha substancia insecticida. Outro dato: as plantas modificadas para resistir pragas permiten un aumento na produción de cultivos e un grande enriquecemento económico das empresas pero o 90% da soia transxénica que se planta en Sudamèrica é para producir pensos e alimentar gando europeo para abastecer de carne barata aos supermercados e restaurantes de comida rápida.

    ==Algúns efectos prexudiciais que producen estes tipos de alimentos son:
    -sobre a nosa saúde: novas alerxias, toxicidade en riles e en fígado.
    -sobre o ecosistema: algunhas especies transxénicas poden reproducirse con especies salvaxes creando novos espécimes, polo que perigan as especies naturais e a nosa alimentación. Onde crece soia transxénica, auméntase o uso de herbicidas e causou a deforestación de millóns de hectáreas de bosques en Brasil e Arxentina, destruíndose os hábitats máis ricos do planeta en especies. Ademais a deforestación fai que se despracen pobos enteiros que dependen deses bosques para sobrevivir e aumente a presenza de escravos para cultivar eses bosques.

    As sementes transxénicas estan patentadas, polo que os agricultores teñen que pagar gran cantidade de diñeiro para compralas e non poden aproveitar as sementes. Isto fai dos cultivos transxénicos un sistema dependente da empresa produtora e nada sustentable.

    O millo, a soia transxénica e os seus derivados están presentes en máis do 60% dos alimentos procesados como chocolates, patatas fritas, margarina e pratos preparados.
    Ademais, chegan a nós indirectamente xa que a soia transxénica é convertida en pensos para alimentar o gando.

    Algúns exemplos de Ingredientes e aditivos que conteñen transxénicos:
    Soia: fariña, proteína, aceites e graxas (emulxentes (lecitina-E322), mono e diglicéridos de ácidos graxos (E471), ácidos graxos.
    Millo: fariña, amidón, aceite, sémola, glicosa, xarope de glicosa, frutosa, dextrosa, maltodextrina, isomaltosa, sorbitol (E420), caramelo (E150).

  12. ivannogueira Dixo:

    IVÁN NOGUEIRA PIÑEIRO, CRISTIAN DÍAZ RIVAS.

    A nosa opinión sobre os alimentos transxénicos é negativa, porque non nos aporta nada positivo.
    Sería mellor seguir usando o método tradicional, xa que, e menos perxudicable para a nosa sáude e para a sáude dos animais.. Tamen creo que antes de consumir un producto transxénicos deberían de informarnos máis dos inconvintes que non poderían traer.Non me parece ben que usen estos métodos en países subdesenvolvios xa que lle poderían traer graves problemas de saúde.En general,os alimentos tranxénicos non son nada bos, xa que nos pode causar graves problemas de saúde ocomo por exemplo quedar estéril e envellecer máis rápido.Esperemos que tomen medidas respecto a estes alimentos.

  13. laraotero Dixo:

    Nós aínda que estamos en contra dos alimentos transxénicos, coma outra moita xente, tamén os comemos porque moitas veces non nos paramos a pensar de onde veñen nin en que condicións se formaron.
    Estos alimentos teñen tanto vantaxes coma inconvintes. Por exemplo: Por unha banda, grazas á modificación da súa estrutura xenética poden aportarnos máis vitaminas,minerales e proteínas ou facer que o alimento madure antes e que ésta dure máis tempo en bo estado. Pola outra banda poden producirnos alerxias ou contaminar o solo no que foron cultivadas con herbicidas e poden matar insectos beneficiosos para a súa cultivación.

    Lara Otero
    Marina Pérez