“COMO DESEÑALO TODO”

Co paso dos anos, apareceron novos coñecementos sobre a estrutura, funcións e características do ADN. Isto foi posible aos numerosos avances científicos e tecnolóxicos  no campo da medicina e investigación. Grazas a estes avances e descubrimentos, foi posible a aparición do que hoxe coñecemos como Enxeñaría Xenética.

A Enxeñaría Xenética é a manipulación do material xenético mediante diversos procedementos, que permiten a transferencia dos xenes dunhas células a outras ou a súa eliminación.Grazas a isto, existen os “organismos transxénicos” que son organismos que sufriron alteracións do material hereditario por medio da manipulación xenética, introducindo neste, un xene provinte doutro organismo.Tamén coñecemos a Biotecnoloxía, que trata da aplicación de procedementos xenéticos para crear organismos capaces de sintetizar produtos específicos para un alto valor comercial.

imagen

imagen

A aplicación destas técnicas utilizada pola enxeñaría xenética, permitiu elevar a calidade de vida dos seres humanos, algunha aplicación da Enxeñaría Xenética na medicina é a produción de menciñas, un exemplo moi claro é o das persoas que padecen diabetes, estas teñen escaseza de insulina, entón prodúcese insulina que se obtén a partir da levadura Saccharomyces cerevisiae, na cal se clona o xene da insulina humana, actualmente prodúcese insulina en grandes cantidades, polo que se pode comprar na farmacia. Outra aplicación na medicina, é a da obtención de anticorpos monoclonais, o proceso abre as portas para loitar contra as enfermidades coma o cancro e, antes de que apareza ningún síntoma, diagnosticalo.

Non só hai aplicacións para a medicina, senón que tamén hai para o melloramento do ambiente, a produción de alimentos… Nesta aplicación utilizase un xene artificial para crear un novo tipo de “xitomate” que este, ten bo sabor e conservase en bo estado durante máis tempo e retrasa o proceso de putrefacción.

 

Tags: , , , ,

3 Respostas a ““COMO DESEÑALO TODO””

  1. josepineiro Dixo:

    Eu estou totalmente dacordo co texto,os produtos transxénicos son de gran axuda xa que podense inmunizar contra plagas e asi asegurala obtención de alimentos,ademais da vantaxe de que conserven o sabor.Os organismos transxénicos son de gran vantaxe debido a variedade de aplicacións que teñén.Ó aplicarse a menciña podemos prever enfermidades como o cancro algo moi importante na actualidade xa que non hai remedio contra el.

  2. andreachaves Dixo:

    Eu penso que a enxeñería xenética da moitos avances á ciencia e grazas a ela podemos obter máis rápido alimentos ou previlos de plagas… Pero tamén para obter medicamentos para mellorar enfermidades ou evitalas. Pero nalgúms casos tamén poden producir inconvenientes: como alerxias, etc. Creo que nalgúns casos é bo utilizala pero noutros non. No caso de producir menciñas é bo utilizalo, xa que así melloraríamos a saúde da xente. Pero en xeral estou de acordo con o texto.

  3. Leila Dios Rodríguez e Paula Rodríguez Otero Dixo:

    Consideramos que a enxeñaría xenética supón un gran avance en diversos campos: por unha banda, puidose mellorar a calidade dos productos sintetizando nun só as características de varios, reducindo desta maneira os gastos de producción; así como aumentar o seu tempo de convervación. E por outra parte tamén foron beneficiosos para a saúde: por exemplo na medicina, que se puideron inventar un gran número de vacinas contra cancros e enfermidades maliciosas.