Os 6 continentes xa son 8

Sabían que, hai 15 anos, descubríuse que o noso planeta posúe máis continentes dos que coñecíamos? En 1997, o oceanógrafo e mariño Charles J. Moore, volvía a casa despois de competir nunha carreira marítima chamada Transpac cando topouse cun achado incrible: unha xigantesca illa feita íntegramente de basura. En 1988, un laboratorio de investigación en Alaska da National Oceanic and Atmospheric Administration (NOAA) dos Estados Unidos chegou á conclusión de que co ritmo de vertidos de resíduos sólidos nos océanos por parte da humanidade, os puntos de converxencia de correntes mariñas arrastrarían residuos de tódalas partes formando xigantescas illas por acumulación. Pero non foi ata 9 anos despois que Charles Moore a atopou por accidente.

Xiro do Pacífico Norte

Estas illas, situadas a maior no Pacífico Norte entre as coordenadas 135º/155ºO e 35º/42N con un tamaño aproximado de 3,400,000 km cadrados e 3,5 millóns de toneladas de basura (7 veces o tamaño de España e incluso superior en tamaño á India!) e a menor no Atlántico Norte, que varía de posición a razón de 1600 km ao norte e ao sur estacionalmente, están compostas por boias, redes de pesca, cepillos de dentes, lámpadas, tapas de botellas, xoguetes… Todo isto provoca inxestións accidentais por parte da fauna mariña da zona, e moitos plásticos non degradables acaban nos estómagos de diversos animais como tortugas ou albatros, ademáis de que a calor dos raios solares, xunto coa auga mariña, desconpón as partículas de plástico liberando os seus compoñentes no océano, contaminando dun modo irremisible os fondos mariños.

Científicos na Illa de basura

Esta clase de cousas deberían servir para que todos fixésemos exames de conciencia e tomásemos a nosa parte de responsabilidade nos males do planeta, que parece abocado a perecer baixo unha inmensa ola de basura por mor da irresponsabilidade, indiferencia e arrogancia humanas.

 

Tags: , , ,

Unha resposta a “Os 6 continentes xa son 8”

  1. nayradios Dixo:

    Estou dacordo en que deberíamos diminuir os vertidos dos residuos sólidos tomando parte da nosa responsabilidade nos males do planeta no que hai cada vez mais basura ata o punto de chegar a aparecer verdadeiras illas de basura.
    A nosa irresponsabilidade é a causa principal deste problema.
    Dicía Socrates que “aquel que queira transformar o mundo debe empezar por cambiarse a sí mesmo” e quizais chegou o momento no que deberíamos cambiar os nosos habitos e tal vez a mellor forma de facelo sexa con cambios sinxelos que nos leven a conseguir unha transformación a longo prazo e chegar a evitar estas esaxeradas consecuencias no noso planeta.
    Máis aló da simple visión da contaminación pode que debamos pensar en que pode un facer a nivel persoal para poñer un gran nun enorme monte formado polos esforzos de moitos.
    Cando nos falan das 3 erres (reducir, reutilizar e reciclar) parecenos unha boa idea pero a veces esquecémonos dela e xa vai sendo hora de que as teñamos sempre presentes.