Máis cerca da “partícula divina”

O LHC (gran colisionador de hadróns) ofrece indicios sobre a existencia do bosón de Higgs,a partícula do campo de Higgs, unha forma de enerxía que impregna todo o espacio e confire masa ás partículas. 

imagen

O acelerador do CERN é un túnel subterráneo de 27 km de circunferencia no que se fan circular a velocidades próximas á da luz, protóns en direccións opostas para que choquen, xerando enerxía suficiente como para recrear os primeiros momentos tras o Big Bang e tentar probar a existencia  de partículas coma o bosón de Higgs ,que sería un paso importante na búsqueda da Teoría da Unificación de forzas.

Algunhas persoas afirmaban que o colisionador provocaría desastres que poderían incluso acabar co noso planeta, coma a formación de buracos negros que absorberían todo o Universo. Algo parecido recréase na novela de Dan Brown “Ángeles y Demonios” (e na película) onde un grupo de iluminados rouban do CERN unha pequena cantidade de antimateria que pensan utilizar como explosivo.

 

 

Tags: , , , ,

26 Respostas a “Máis cerca da “partícula divina””

  1. cristelatorres Dixo:

    Esas afirmacións non son aceptadas pola comunidade científica porque:

    -Si se creara un buraco negro, sería tan infinitamente pequeno que podría atravesar a Terra sen tocar nin un só átomo (porque o 95% deles son espazos valeiros)Por iso, non podría medrar e chegaría ao espazo, onde case non tería probabilidade de chocar contra algo e medrar.

    Creo que a Terra está exposta a fenómenos naturais similares ou peores aos que se están reproducindo no LHC (ex: os raios cósmicos).

  2. Nicolás Parada Pérez Dixo:

    Eu penso que estaria moi ben que o LHC chegara a funcionar e a recrear (como se espera) os primeiros momentos do universo despois do Big Bang porque se conseguimos finalmente iso seria moi importante para todolos campos da ciencia non so para o da Fisica senon tamen para moitos mais campos da ciencia, porque a partir diso, poderiamos ir deducindo o que foi ocorrendo durante os seguintes miles de millóns de anos.

  3. franciscogonzalez Dixo:

    As teorías catastrofistas denunciadas polos “científicos” Walter Wagner e o español Luís Sancho nun tribunal de Hawai son,entre outras, a formación dun buraco negro que absorbería a Terra,e a formación de strangelets (materia extraña).

    Os membros do CERN din que non existe ningunha posibilidade matemática de que isto ocurra, e se se formase un buraco negro, este sería dun tamaño tan pequeno que atravesaría a Terra sen tocar ningún átomo, chegando así ao espacio donde a posibilidade de atopar materia e aumentar de tamaño son ínfimas.

    Aquí tendes un link no que atoparedes información sobre o xuízo dos supostos científicos en contra do LCH: http://www.publico.es/ciencias/64958/juicio-contra-el-lhc-para-salvar-el-mundo

  4. angelafernandez Dixo:

    (ABELARES ADRIANAPEREZ)
    Na nosa opinión é absurdo que as veces a xente poida temer tanto a comentarios que din os científicos, cando nos nin sequera sabemos do que nos falan, como por exemplo o dos buracos negros, que poderían aparecer se usasemos o CERN, pero o que non sabe a xente é que eses buracos negros terían un radio de atracción minúsculo, que na práctica non nos afectaría. E como pasa na película de “Ángeles y Demonios” los malos querían coger antimateria, y pretendían, así, crear una bomba nuclear o algo por el estilo, cuando sería imposible hacer eso.

  5. Miguel Suárez e Xabier Castro Dixo:

    O colisiónador de partículas,mais coñecido como LHC,obtivo resultados que poderían mostrar a existencia da partícula chamada bosón de Higgs.
    Estes resultados teñen que ser comprobados nestes próximos meses porque podería tratarse dun erro.
    O bosón de Higgs,tamén chamada a partícula Deus,é a peza do rompecabezas que falta para verificar a teoría do Big Bang,pois esta partícula transforma a enerxía en masa. Sería a encargada de formar o universo a través da enerxia do Big Bang.
    Este é o último gran descubrimento do LHC,o que demostra que a súa creación, para intentar recrear os primeiros instantes do universo e poder explicalo, foi un gran éxito. Todo isto a pesar das personas que decían que sería desastroso porque crearía buratos negros que destruirían o noso Universo.

  6. miriammartinez Dixo:

    Non , en teoría. O CERN realizou estudos sobre a posibilidade de que se produzcan acontecementos desastrosos como microburacos negros inestables, redes, ou disfuncións magnéticas. A conclusión destes estudos é que:

    -No hipotético caso de que se vaia crear un buraco negro, sería tan infinitamente pequeno que non podería atravesar a terra sen tocar un só átomo, xa que o 95% destes son espazo baleiro. Debido a iso, non podería medrar e chegar ao espazo, onde a súa probabilidade de chocar contra algo e crecer, é aínda menor.
    -O planeta Terra está exposta a fenómenos naturais similares ou peores que os que serán producidos no LHC.
    -Os raios cósmicos que alcanzan continuamente a Terra xa produciron o equivalente a un millón de eventos do LHC. O Sol, debido ao seu tamaño, recibiu 10.000 veces máis. Considerando que todas as estrelas visibles no universo reciben un número equivalente , se alcanzan uns 1.031 experimentos como o LHC e aínda non observou ningún evento como o postulado por Wagner e Sancho.
    - Durante a operación do colisionador de ións pesados relativistas (RHIC) en Brookhaven (Estados Unidos) non se viu nin un so strangelet. A produción de strangelets no LHC é menos probable que no RHIC e a experiencia neste acelerador validou o argumento de que non se poden producir strangelets

  7. Nicolás Nieto, Antía Moreira e Sara Rodríguez Dixo:

    O LHC, demostrou gracias as recreacións do primeiro instante da orixe do Universo fíxose posible gracias á unión de varias partículas chamada bosón de Higgs, que orixinou a unión da masa formando, pouco a pouco, o que hoxe en día coñecemos como Universo.
    Gracias a este descubrimento verificouse a teoría do Big Bang, que ata agora non estaba demostrada totalmente.
    É certo que algunhas persoas afirman que o acelerador de partículas poderían acabar co planeta, orixinando buracos negros pero en realidade a súa invención foi todo un éxito polos descubrimentos que se produciron e que se descubrirán nun futuro co que podamos entender e demostrar o orixe do cosmos dunha forma máis precisa.

  8. Alexandra Batista Andrea Carro Dixo:

    Coa axuda do Colisionador de Hadróns(LHC)inténtase recrear os primeiros momentos da transformación de enerxía en masa, e así intentar demostrar a existencia do bosón Higgs, unha partícula efímera, xa que unha vez producida desintégrase nunha billonésima de pico segundo.Esta molécula de Higgs debeu existir en abundancia no momento do Big Bang pero desapareceron na súa integridade.Esta partícula é moi útil atopala para así poder verfificar totalmente a teoría do Big Bang.Transformando a enerxía da explosión en materia é así formarse o Universo.
    Por último a cuestión sobre se se poden formar buracos negros polo colisionador foi negada por unha maioría de científicos nos tribunais alemáns , xa que esta catástrofe foi planteada.Pero realizaron unhas ecuacións de Einstein e é posible que se formen estes buracos, asi que nunca se poderá descartar esta posibilidade.

  9. carmebarreiro Dixo:

    Na actualidade, un grupo de científicos están experimentando para atopar o chamado Higgs, a partícula clave que falta por descubrir para explicar a orixen da masa. Pero o directos do CERN ( Organización Europea pola Investigación Nuclear), xa advirteu, que esos resultados so preliminares, é dicir non son de todo exáctos.

    Por parte da comunidade científica,houbo dúas afirmación rechazadas; unha delas, aparece nete enlace: http://www.abc.es/20100407/ciencia-tecnologia-fisica-aceleradores/puede-causar-agujero-negro-201004061943.html
    Según os ciéntificos, os buracos negros, non serían perigosos, xa que serían moi pequenos e difíciles de detectar, aparte diso, evaporaríanse ao instante, o que fai máis difil notar a súa presencia.
    Cremos que nunca se daría a situación de que alguén roubase no CERN antimeteria para realizar explosivos, xa que dito material está moi ben gardado, baixo moita seguridade.
    Noelia Pérez e Carme Barreiro.

  10. eloyarosa Dixo:

    Eloy Arosa e Adrián Saborido

    Grazas ao LHC poderiamos estar a punto de descubrir as orixes do universo, esta teoría ainda non esta totalmente confirmada, pois os científicos din que o están reforzando coa “punta dos dedos”.
    Esperamos que pronto se chegue a verificar a teoría do Big Bang, pero para iso os científicos deben resolver a parte que lles falta por descubrir do Bosón de Higgs.
    Os científicos viron varias partículas de Higgs, pero ainda non son suficientes para estar seguros e poder confirmar este novo descubrimento.Unha vez resolto o tema dos Higgs a investigació inda non estaría resolta nin os científicos hubesen comprendido todo, xa que, o descubrimento do Bosón de Higgs significaría completar o esqueleto inicial do modelo estándar de física de partículas.

  11. sandradiaz Dixo:

    O LHC é un acelerador de partículas moi pequenas que pretende demostrar a existencia dos bosón de Higgs, partículas capaces de transformar a enerxía en materia, e así explicar a orixe do universo e provar definitivamente a teoría do Big Bang. O proceso consistiría en facer chocar protóns dunha gran enerxía a unha temperatura de -271,15ºC , para recrear os primeiros momentos logo do Big Bang, aqueles no que toda a enerxía se transformou en materia. Por outro lado, se se demostrase a existencia do bosón de Higgs, poderíamos relacionar as catro forzas fundamentais e explicar por qué a gravidade é tan débil comparada coas outras tres forzas. Ademáis,con este experimento, poderíanse formar outras partículas coma os strangelets ou os micro buracos negros.Por todo isto, apoio o proceso, xa que suporían coñecementos importantes para a física. Con todo, persoas como Walter Wagner e Luis Sancho din que o experimento podería destruír a Terra,pero esta postura foi rechazada, xa que carecían de respaldos matemáticos que o provasen e ademáis, estes procesos do LHC, están ocorrendo de xeito natural noutras zonas do universo sen que ocorra nada.

  12. Juan Luis Allo Dixo:

    Según uns últimos estudios sobre o LHC, creese que se podría atopar a partícula definitiva que explicaría e demostraría como se creou a masa, pero isto solo é unha suposición porque ainda queda moito que estudar para saber se se atopará ou non. Pero os datos estadisticos que hai sobre se se atopará ou non neste estudo son baixos, pero creese que solo dentro duns meses se podrá demostrar a “teoría” dos higgs.
    Pero para coller unha particula de estas e estudala é moi dificil xa que cando ocorre o choque entre particulas, esta partícula inmediatamente desintégrase.
    Moita xente di que esto podría ocasionar grandes catastrofes, pero creo que si hubera un alto risco de que se puidera acabar o mundo por culpa de este estudo, pensariase mais antes de facelo e tomar este proxecto tan en serio, porque supoño que non sería legal nin ético na miña opinión xogar coa vida de toda a humanidade.
    Tamén cando se descubra a partícula, só se utilice para cousas boas, e estudos importantes, e non para utilizala para cousas que inicialmente non se quere descubrir para iso como pasou con moitos outros descubrimentos.

  13. Daniel Jorge e Adrián Nuñez Dixo:

    O acelerador de párticulas situado en Xenebra pode traer tanto boas consecuencias como malas, debido a que se podería chegar a conseguir recrear os momentos antes do big bang e tentar conseguir a existencia de novas partículas como o bosón de Higgs e así conseguir obter máis información sobre a chamada Teoría da Unificación de forzas.
    Pero tamén poderia explotar e facer explotar o planeta xa que se poderían formar buracos negros, que absorberían o Universo

  14. Xavier Longo e Diego Allo Dixo:

    Nos pensamos que o LHC pode traer tanto malas como boas consecuencias dependendo dos temas que esteamos tratando.
    Si nos referimos a malas consecuencias son moi graves porque si ocorre no LHC que poidan aparecer esos buracos negros eso e gravisimo porque todo o planeta acabaria destruido.
    Pero se nos referimos a parte boa estan descubrindo pouco a pouco como se orixinou o noso planeta e as materias coas que se orixinou e eso e un gran avance na ciencia.
    Unhas palabras que marcaron moito a humanidade coa ciencia foron esas grandes palabras que dixo Neil Amstrong “Un pequeño paso para el hombre, un gran salto para la humanidad”

  15. Noelia Juncal y Alba Oubiña Dixo:

    Sería impresionante que o acelerador de partículas recreara a orixe exacta do noso planeta. Seguro que se decubren cousas novas que nos sorprenderan tanto a cientificos como aos demais habitantes da terra, pero, o problema, e que ainda que se diga, os cientificos non deben estar moi seguros de que o acelerador non cree ningun problema, xa que é a primeira vez na historia que se crea algo así.

  16. Cristina Cores López Dixo:

    Eu considero que todos nós debemos de estar orgullosos polo gran traballo que a ciencia está a realizar co LHC ou en calquera dos avances tecnolóxicos que temos actualmente.
    Paréceme increíble o feito de poder recrear as condicións do universo tras o Big Bang. Isto permitiríanos resolver numerosas dúbidas que aínda temos, como que é a masa, a orixe da masa das partículas a través da verificación da existencia do bosón de Higgs, que é a materia escura, se existen outras dimensións…Todo suporía un gran avance porque teríamos moito máis clara a orixe e a composición de todo o que nos rodea. Moita xente cree que o feito de levar a cabo estes experimentos pode ser perigoso para o noso planeta ou incluso para o universo. Din que se se chega a formar un buraco negro no acelerador de partículas pode absorber a Terra e desequilibrar o resto do universo. Os científicos que traballan no CERN aseguran que isto non é posible porque según a teoría da radiación de Hawking os buracos negros ou calqueira outra estructura que se puidera formar, durararía tan só uns poucos segundos suficientes para o seu estudo, e logo se desintegrarían. Eu penso que non debemos mesturar a realidade coa ficción e que non debemos alarmarnos por isto xa que o experimento está ben estudado e controlado. Tamén hai que recoñecer que non debemos poñer en risco a nosa existencia para demostrar as teorías.

    Cristina Cores López

  17. andreajueguen Dixo:

    Algunhas destas catastrofes que denunciaron son: A formación dun buraco negro estable. A formación de materia extraña supermasiva, tan estable como a materia ordinaria. A formación de monopolos magnéticos (previstos na teoría da relatividad) que poideran catalizar o decaemento do protón. A activación da transición a un estado de vacío cuántico.
    Eu creo que as teorias propostas por o estadounidense Walter Wagner eo español Luis Sancho (entre outros) non teñen unha base suficientemente solida como para creer firmente que podan ocurrir nalgun futuro. Estes dous cientificos denunciaron ante un tribunal de Hawái ao CERN e ao Goberno de Estados Unidos, afirmando que existe a posibilidad de que seu funcionamiento desencadene procesos que, según eles, serían capaces de provocar a destrucción da Terra. Sin embargo a súa postura é rechazada pola comunidade científica, xa que carece de cualquera respaldo matemático que a apoye.

  18. Elisamougán e Andrea Nieto Dixo:

    O acelerador LHC,está sendo un gran avance para a física.
    Estase intentando recrear os primeiros momentos tras o Big Bang,para poder explixar a orixe do universo.Actualmente,aínda que é moi pronto para afirmalo,moitos científicos creen na existencia dunha párticula a que chaman Bosón de higgs,capaces de transformar a enerxía en materia e asi poder verfificar totalmente a teoría do Big Bang.

    Por outra parte está que,o colisionar poderíanse formar buratos negros. Persoas do CERN afirman que serían tan minimamente pequenos que atravesarían a Terra sen tocar ningún atomo, e evaporaríanse en poucos segundos.

  19. Uxía Piñeiro e Andrea Otero. Dixo:

    Como indican os últimos estudos, que se fixeron sobre o LHC, cada vez estamos máis cerca de atopar o elemento clave para explicar a orixe da masa,pero non todo son vantaxes.
    Algúns cinetíficos, din que co Acelerador, poderíase chagar a formar un buraco negro, tan grande que absorvería a terra, pero esta teoría non e moi apoiada polo resto da comunidade científica, xa que O CERN realizou estudos sobre a posibilidade de que traia un desastre o LHC, e o que sacaron, foi que en caso de formarse un buraco negro, sería tan pequeno, que non afetaria en nada. Tamén se sabe que a Terra está exposta a fenómenos similares ou peores os que se producen no LHC, e non estamos en perigo.

  20. nereabarreiro Dixo:

    O LHC é un acelerador e colisionador de partículas ubicado na organización europea para a investigación nuclear, seria impresionante que o LHC puidera recrear os momentos previos a explosión do big-bang, pero dise que isto poderia ter consecuencias moi graves, xa que se poden formar buracos negros pero os científicos non están de acordo xa que en caso de que se formara un buraco negro seria tan pequeno que non destuiria a terra, non afectaria.
    Sandra Amoedo e Nerea Barreiro

  21. Jacinto Suarez e Miguel Nieto Dixo:

    Nos creemos que estas afirmacións non son certas, xa que si o LHC creara un buraco negro, sería tan pequeno e inestable que non chegaría a medrar, ademais que o CERN di que non é posible esto, e creemos que hai cousas mais inseguras que o LHC no mundo.
    Por outra banda, o LHC pode darnos moita información de como se creou o universo e o que pasou durante o Big Bang, xa que atopariamos os bosón de Higgs, ademais de que teriamos mais información sobre todo o que nos rodea e do universo en si, ainda que o LHC necesita moito presuposto de varios paises, entre eles España, que aporta un 8′9% do presuposto do CERN, a informacion que obteriamos valería a pena.

  22. juanvidal Dixo:

    Eu penso que é xenial que eten cada vez máis de cerca de descubrir exactamente como se formou o universo, dado que eso destaparia un monton de dudas que se ten sobre, e sobre o risco que hai da aparicion dun buraco negro, eu estou de acordo cos cientificos que negan calquer perigo, ado que a firman que se chegara a formar un buraco negro, seria tan pequeno que non poderia facer nada.

  23. Belén Chaves e Nuria Agra Dixo:

    Os últimos estudos que se redactaron sobre o LHC indicannos que os científicos están cada vez máis próximos a atopar os elementos que explicarían a orixe do Universo. Grazas ao Colisionador de Partículas conseguiríamos saber a orixe do Universo, e iso sería importantísimo non só para os campos da ciencia e da física, se non para todos os seres vivos, pero hay persoas que non estan de acordo, porque teñen temores a que se forme un buraco negro que absorva a Terra. Nos estamos en desacordo con esa deducción, porque no caso de que se formase un Buraco Negro, sería tan minúsculo que non tería a suficiente forza como para absorver nada, e se se lograse atopar eses elementos, sería a cousa máis impresionante que un científico lograra.

  24. Tais Magariños, Sandra Acha e Laura Fontela Dixo:

    A nos, en particular, non nos parece mal que mediante o LHC se intente saber con exactitude o que aconteceu no Big Bang. Tamén temos que ser consecuentes de que pode haber risco de perigo para as persoas e hasta se pode formar un buraco negro que podería afectar a existencia da Terra, pero tamén din que estes buracos negros, serían tan pequenos que nin nos enteraríamos. Polo que sería un gran hallazgo para todo o mundo en xeral. Pero ainda queda moito camiño por recorrer antes de saber o que pasou exactamente no Big Bang e saber cal foron todas as causas.

  25. Carlota Ucha Dixo:

    Eu creo que non deberíamos de criticar tanto o traballo duns investigadores que traballaron tanto por darlle ao resto da humanidade respostas. Suponse que o que están a facer o teñen que ter controlado e penso que non nos deberíamos de preocupar por si se creara un buraco negro xa que no hipotético caso de que se creara un buraco negro, sería tan infinitamente pequeno que podería atravesar a Terra sin tocar ni un so átomo, xa que o 95% destos son espacios valeiros. Debido a esto, non podería crecer e alcanzaría o espazo, donde a súa probabilidade de chocar contra algo e crecer é ainda máis pequena. Ademais Stéphane Coutu, profesor de física da Universidad Estatal de Pensilvania, dixo que o mundo está constantemente bombardeado por raios cósmicos de alta enerxía que proveñen das profundidades do espacio, e algúns deles inducen colisións de partículas miles de veces máis potentes que as que se producirán no LHC, e que si estas colisións puideran crear buracos negros, xa habría pasado.

  26. lauramillan Dixo:

    Este post e moi interesante xa que descubrimos cousas realmente que non coñeciamos,o que máis nós empresiona e o anuncio do gran acelerado LHL sobre a búsqueda do Higgs, a particula clave que falta por discubrir para a orixen da masa,xa que non sabíamos que se estaba a envestigar esta partícula.Aínda que moitos científicos din que é un pouco pronto para afirmar esta teoría.Tamen nos solprende que gracias a os buracos negros podemos ver estrellas evolucionando, planetas que podrían ter vida e moitas máis cousas que hai no interior dos buracos negros que non son capaces de explícalas cos ceñecementos que teñen.E o que realmente creemos e que aínda quedan moitas cousas por descubrir.