Parotiditis

As paperas son unha enfermidade contaxiosa que causa unha inflamación dolorosa das glándulas salivares, as cales producen a saliva, un líquido que humedece os alimentos e axuda na masticación e deglución. Esta enfermidade é propia da infancia, e afecta fundamentalmente a nenos e adolescentes, normalmente os que non foron vacinados contra elas. Cando a infección se produce en adultos é máis grave, xa que poden aparecer serias complicacións.

imagen

As paperas son causadas por un virus que se transmite de persoa a persoa por medio das gotitas da respiración (por exemplo cando estornudamos) ou por contacto con artículos que foron contaminados ca saliva infectada. O tempo que transcurre entre a exposición do virus ó momento de estar enfermo, que é o chamado momento de incubación, suele ser de 12 a 24 días.

As paperas poden infectar:

  • Ó sistema nervioso: provocando meninxites, encefalites, etc
  • Ó pancreas
  • Ós testículos: provocando inflamación.

Os principais sistomas son: dor de cabeza, dor facial, dor de garganta, febre, inflamación das glandulas parótidas (as glándulas salivares máis grandes que se encontran no oído e na mandíbula). Nos homes poden ocorrer outra clase de sintomas como: Tumor testicular, dor testicular, inflamación do escroto.

A única prevención que hay contra as paperas é a vacina triple viral que protexe contra o sarampión, as paperas e a rubeóla e se aplica a nenos entre 12 e 15 meses.

Esta enfermidade non ten ingún tratamento, só se pode calmar o dor con paracetamol e facendo gargaras con auga tibia e sal.

 

 

Tags: , ,

Unha resposta a “Parotiditis”

  1. franciscogonzalez Dixo:

    Un post moi interesante e sobre un tema moi de moda no IES A Basella!
    Logo dos numerosos casos de paperas, moita xente conversaba a discutía sobre os seus efectos (sobre todo os rapaces…), polo que conviña ten información sobre que era e como se propagaba esta enfermidade, para evitar os ruxe ruxes…
    Neste post explicanos moi ben Angela que se propaga mediante o contacto coa saliva dunha persoa infectada, NON POLO AIRE. Tmén menciona o tema que tiña preocupados a os rapaces de bacharelato (entre os cales non me exclúo) que é a posibilidade de causar a esterilidade nos varón; como todas as enfermidades pode que haxa un risco de padecer un efecto secundario, mais a probabilidade deste efecto nas persoas afectadas de paperas NON CHEGA SEQUERA AO 50 %.