A auga,un resurso moi escaso.

A poboación mundial crece día a día e polo conseguinte tamén aumenta o consumo de auga. Se abusamos da auga sen necesidade, é obrigatorio preguntarnos se haberá auga para todos; por outra parte tamen hai que dicir que hai máis de 1.000 millóns de persoas que non teñen acceso á auga potable e polo tanto non lles queda máis remedio que consumila nesas condicións, o que lles provoca moitas enfermidades e incluso a morte.Con todo isto a Organización de Nacións Unidas (ONU) declarou que: “todas as persoas teñen direito a dispoñer de auga e este dereito constitúe un prerrequisito para todos os demais.”

O noso planeta posúe unha grandísima cantidade de auga pero o problema é que case toda é auga salgada polo que só é aproveitable un 1%; pero a auga é necesaria para nós , xa que, é o compoñente maioritario dos seres vivos e axuda a manter constante a nosa temperatura. Aíndaque sexa moi pouca a porcentaxe de auga que podemos usar para o consumo, sabemos que a auga é un recurso renovable polo que se se consome de maneira que non se supere a súa capacidade de recuperación poderemos dispoñer dela sen problema, pero isto non quere dicir que sexa ilimitada. A auga é un recurso renovable grazas ó ciclo hidrolóxico que a mantén en constante movemento.

 

imagen

A auga aparte de servirnos para poder sobrevivir tamén a utilizamos para moitísimas cousas máis. Segundo a clasificación dos usos poden ser primarios, que son aqueles que se consideran necesarios , como son no uso doméstico, na agriculura ou na gandería; ou secundarios, que son aqueles que resultan prescindibles, como son os usos enerxéticos, industriais, recreativos ou culturais.

Polo tanto, como a auga é necesaria para as nosas vidas, debemos ter en conta que debemos usala con cautela, é dicir debemos usar só a necesaria para que así o seu uso poida resultar sustentable, habendo así un equilibrio entre a súa demanda e a súa dispoñibilidade. Pola contra se este equilibrio se rompe podemos recuperala de dous xeitos: incrementando a dispoñibilidade de auga, con encoros, transvasamentos e desalgadura da auga do mar, ou reducindo o seu consumo mediante unha mellora na xestión facendo así un consumo responsable da auga.

 

Tags: ,

Unha resposta a “A auga,un resurso moi escaso.”

  1. noelbuceta Dixo:

    A contaminacion da auga cada vez é maior, xa quedan pucos cursos fluviais que ainda non se alteraron, debemos facer algo para impedir que se contaminen os que quedan e purificar os mais afectados.
    -Noel Buceta, Cristian Galiñanes