España perde a candidatura para albergar o Telescopio Xigante Europeo.

O proxecto, que se vai para Chile, supón unha inversión de mil millóns de euros.

España non albergará o Telescopio Europeo Extremadamente Grande xa que o Observatorio Austral Europeo decidiu que se ubicará no Observatorio de Cerro Armazones, situado no deserto chileno de Atacama, deste modo para Chile vaise a inversión de cen mil millóns de euros e a maior máquina do tempo.

imagen

O desarrollo do Telescopio Europeo Extremadamente Grande (E-ELT) foi calificado como un fio no avance do coñecemento astronómico e destacouse que por medio de este instrumento se verán os rasgos que permitirán dicir se hai vida noutros planetas.

O E-ELT será o telescopio máis grande do mundo con un espello primario de 42 metros de diámetro que estará forzado por 906 segmentos hexagonales.

Para os oito anos que durará a súa construción necesitaranse 700 traballadores e o presuposto de operación, unha vez que se poña en marcha, será de 45 millóns de euros por ano.

 

Tags: , , , , , ,

3 Respostas a “España perde a candidatura para albergar o Telescopio Xigante Europeo.”

  1. fernando cores Dixo:

    Isto é unha grande perda para o sector científico español, xa que a construción e mantemento que esta infraestrutura requerirá podería ser un paso para sañientar a España no mapa científico a nivel internacional. Ademais, pérdense os postos dos encargados do seu mantemento ao longo do ano.
    O deseño deste telescopio comezou fai uns 5 anos , e previase que a súa lente fose algo maior ( http://axxon.com.ar/not/152/c-1520182.htm ). Xa se prevía que a súa capacidade de observacíon fose maior que a do telescopio Hubble, de 4,2 metros de diámetro, e con capacidade para observar ultravioleta, luz visible e infravermello cercano.

  2. tania falkenhain Dixo:

    Supón unha grande perda, por un lado, porque suporía un importante factor de aumento de prestixio, no que ao ámbito científico se refire, para España. Por outra banda, suporía tamén unha boa fonte de ingreso debido aos múltiples postos de traballo xerados, o cal, nunha época de crise como a que vivimos, non vén mal, sobre todo se temos en conta a duración do traballo (8 anos).
    Ademais, dubido ata qué punto Chile pode ser un país máis preparado para este aparello que España.

  3. juanluisallo Dixo:

    En primeiro lugar este era un metodo moi interesante de dar a coñercer que a ciencia en España pode ser tan competente ou máis que noutros paises si se construira no noso país, en segundo lugar xa que é un telescopio europeo, como o seu propio nome indica, deberiase de poñer nalgún dos paises da Unión Europea e non nun país do continente americano que, probablemente non esté tan avanzado como outros paises do mundo en este tema, e en terceiro lugar era unha moi boa oportunidade de crear postos de traballo en España, xa que estamos pasando por unha racha de desemprego moi dura.