Vulcanismo en Islandia

imagen

 Islandia é un dos paises de mundo con maior actividade volcánica, ten o redor de 200 volcáns baixo os seus glaciares e un promedio de erupcion que ronda os 5 anos.

Moitos empezamos a coñecer a increible actividade volcánica de esta zona grazas a recentísima erupcion do volcan que esta situado baixo o glaciar Eyjafjallajökull que obligou a cancelación de entre 5000 e 6000 voos en todo o continente posto que a nube de cinzas supon un risco para as turbinas dos avións e poden chegar a pararse. E despois duns días nos que case olvidouse por completo  esta nube un cambio na dirección do vento volve a paralizar aeropuertos irlandeses e correse o risco de que se volva a parar o espacio aereo de gran parte de europa. A última erupción deste mismo volcán (Eyjafjalla) rexistrouse en 1821 e durou case 2 anos.

 

Tags: , , ,

5 Respostas a “Vulcanismo en Islandia”

  1. sara lopez Dixo:

    Hai que dicir tamén que grazas a esta nube volcánica poderiase haber freado o quecemento global do planeta. Se as súas cinzas se houbesen coado nas capas máis altas da atmosfera a temperatura habría baixado moitísmo con respecto a de agora mesmo.
    Pero o que tamén é certo é que as consecuencias desta nube de cinzas son moi graves, tanto para o sistema respiratorio como para as axencias de viaxes, aeroportos, compañías aéreas, etc!!!

  2. cristina rozados Dixo:

    Este volcán situado baixo un dos máis pequenos glaciares de islandia, entrou en erupción crese que o 20 de marzo, pero foi logo, nunha nova erupción no centro do glaciar o 14 de abril, a que trouxo como consecuencia o desxeo deste e a inundación dos ríos cercanos, provocando a evacuación dunhas 800 persoas. Esta segunda erupción emitiu unha nube de cinza volcánica a atmosfera que se estendeu por varios miles de km cadrados, provocando a cancelación de numerosos voos, tal como se relata no post.
    Este fenómeno, que algúns consideran unha perversa vinganza da natureza, para demostrarnos que aínda vivimos a vontade dos seus antollos, eu considéroo simplemente un respiro para a Terra, que ao exhalar esas cinzas a atmosfera (que emiten unhas 15.000 toneladas de CO2 ao día) pode descansar da industria aérea, que surca a súa superficie día tras día, emitindo 344.109 toneladas de CO2 ao día. Así, aínda que parte dese CO2 “aforrado” sexa emitido por outros medios de transporte utilizados para reemplazar aos avións, a Terra poderá tomarse uns cantos “días verdes” que a nós nos farán reflexionar sobre cómo sería a vida sen avións e sobre cómo aínda hai cousas que, sen remedio, se saen dos nosos esquemas.

  3. yesika bernardez Dixo:

    A erupción volcánica que deu tanto que falar entre os periodistas dos medios de comunicación, que está ocurrindo en Islandia
    ,é un feito relativamente normal tendo en conta que baixo Islandia, atopase un punto quente o cal está en relación co proceso de rifting que afecta a conca Oceánica Atlántica.

  4. alexandra regueira Dixo:

    A diferenza do ocorrido despois da erupción dun volcán filipino en 1991, que deu lugar a unha refrixeración d 0,5º C na superficie terrestre e compensou o impacto dos gases de efecto invernadoiro durante dous años, esta vez o fenómeno non ten a magnitude suficiente como para contrarrestar os efectos do quecemento global.
    Pero o que máis preocupou á poboación foi as consecuencias que a nube de cinzas provocaron no tráfico aéreo dando lugar á cancelación de máis de 5000 voos o que supuxo unha redución de 2,8 millóns de toneladas de dióxido de carbono (Co2) na atmosfera, fronte ás 15000 que emite o volcán.
    En certo modo este volcán ofreceulle un respiro moi necesario ó noso planeta e sen consecuencias graves para a nosa saúde xa que as partículas emitidas polos volcán non danan o sistema respiratorio.

  5. diego fernandez Dixo:

    Esta erupción que houbo en islandia é bastante normal tnedo en conta a grande actividade volvánica que hai baixo islandia. Debaixo hai un dorsal, que de vez en cando fai que un volcán entre en erupción. E as consecuencias foron notables. Canceláronse case 6.000 voos, tivo lugar a evacuación de moitas persoas e puido causar problemas para á poboación.

    Neste ano parece que están a suceder tódas as catastrofes posibles, xa que esta erupcion e ops multiples terremotos fixeron grandes estragos. Pero os científicos tranquilizanos con que son procesos normais que sempre hubo e que sempre haberá na terra, e non ten na que ver co que moita xente di que a terra tera o seu fin no 2012.