O ready, set, go! do LHC
O pasado 30 de marzo o LHC logrou colisionar partículas a 7 TeV=tera-electrón-voltios (3,5 TeV por feixe), a máxima enerxía xamais alcanzada nun acelerador de partículas, creando mini ‘Big Bangs’ que miles de científicos analizarán nos próximos anos.
Esta colisión entre protóns (previamente acelerados por 9600 imáns supercondutores) será analizada no Atlas, no Alice, no CMS e no LHCb (LHC-beauty) e os datos recopilados serán procesados e publicados entre centos de universidades e laboratorios espallados por todo o mundo grazas a unha rede supercomputacional denominada GRID.
Pese a que os científicos prevían que as colisións tardaran horas ou incluso días en producirse, estas tiveron lugar tras só dous intentos errados ás 13:06 logo de iniciarse o acelerador ás 8:30. Os científicos non daban creto ao incrible logro que acababan de conseguir. O director do CERN para aceleradores, Steve Myers, explicaba:”Só o aliñamento dos feixes é un reto en si mesmo: é coma lanzar agullas de lume a través do Atlántico e lograr que choquen á metade de camiño”.
“Este é o principio dunha nova era para a física moderna” declaraba Rolf Heuer, director xeral do CERN. Agora, unha vez establecidas as colisións de alta velocidade, o plan é mantelas de forma continua durante 18-24 meses, cunha pausa técnica a finais do 2010 ou 2011, dixo o CERN.
Investiga que datos se obterán co Atlas, co Alice, co CMS e co LHCb. Qué repercusións pensas que poden ter na túa vida os descubrimentos de CERN?
Nesta páxina apareceren unhas nocións básicas das funcións do LHC: http://www.larazon.es/noticia/1587-diez-claves-para-entender-por-fin-el-lhc. Nestas outras, aínda que en inglés, poderás ver imaxes obtidas polo CMS ou fieis representacións das estruturas do CERN, para que te fagas unha idea de como son o Atlas, Alice ou o LHCb. Ademais, se aínda che queda curiosidade por saciar, nesta páxina atoparás un montón de información, curiosidades e vídeos do funcionamento do CERN (e incluso entrevistas aos seus científicos). Vídeos da noticia:http://www.youtube.com/watch?v=5zEbX9T0mZM&feature=fvhl , http://cdsweb.cern.ch/record/1259221.
Tags: big bang, CERN, Física moderna, LHC
Mércores 12 de Maio do 2010 ás 4:03 pm
O Atlas: trataSE dO maIor detector nunca construido e o seu propósito é múltiple, dende a detección do bosón de Higgs ata a supersimetría e as dimensiones ocultas. Alice medirá as colisions de ions de plomo. Tratará de definir o plasma quark-gluón, un estado da materia na que ambas partículas elementais non están confinadas en ningún hadrón. El CMS ten fins parecidos o Atlas, pero cun diseño diferente que xenera un campo magnético de 4T, 100.000 máis potente que o da propia Tierra. Por último, o LHCb (LHC-beauty) LHCb centrase no estudo da lixeira asimetría que se da entre a materia e a antimateria nas interaccions de partículas que conteñen o quark B.
Estes descubrimentos poden ter moitisimas repercusións nas nosas vidas e grazas a este choque poderemos conseguir moitas cousas e moitos avances na física e na química, por exemplo.