A ilha das flores
Cal é a mensaxe desta curta? Tentade describila cunha palabra nos comentarios, explicando as vosas razonsm para elixila
Cal é a mensaxe desta curta? Tentade describila cunha palabra nos comentarios, explicando as vosas razonsm para elixila
Podemos explicar a selección natural mediante o exemplo da bolboreta Biston betularia, que presenta dúas coloracións, unha clara e unha escura. Antes da revolución industrial só se observaba bolboretas de cores claros en árbores de tronco claro. Coa contaminación causada pola Revolución Industrial os troncos das árbores oscurecéronse e as bolboretas escuras convertíronse en predominantes. A razón foi que as aves predadoras localizaban mellor as bolboretas brancas polo contraste de cor coa codia escurecida das árbores. A limpeza dos bosques a mediados do século XX volver a facer predominante as bolboretas claras.Aplica este concepto ao exemplo do uso dos antibióticos sobre as poboacións bacterianas. Explica por que dicimos que o uso abusivo dos antibióticos favorece a proliferación de bacterias resistentes.
A Comunidade Astronómica Internacional decide deixar de considerar a Plutón como un planeta do Sistema Solar. Agora consideramos a Plutón un planeta anano.Cales son as características dos planetas ananos?Que características non cumple Plutón para ser considerado un planeta?Que novos descubrimentos levaron aos científicos a tomar esta decisión?
Un paxaro deixou caer un trozo de pan nas máquinas do exterior o que provoucou un sobrequentamento nun punto importante das estruturas subterráneas. O LHC volverá a estar en marcha nun par de semanas.
Este colisionador de hadróns permite proporcionar información dos primeiros momentos tras o Big Bang e probar a existencia de partículas coma o bosón de Higgs que sería un paso importante na búsqueda da Teoría da Unificación de forzas. Algunhas persoas afirman que o colisionador provocará desastres que poderán incluso acabar co noso planeta, coma a formación de buracos negros que absorberán todo o Universo. Algo parecido recréase na novela de Dan Brown “Ángeles y Demonios” (e na película) onde un grupo de iluminados rouban do CERN unha pequena cantidade de antimateria que pensan utilizar como explosivo. Busca información e explica por que estas dúas afirmacións son rechazadas pola comunidade científica.
Cando James Lovelock publicou a hipótese Gaia……………………..inaudita.Hoxe imos accederno blogue de Eduardo Punset, un divulagador científico de Redes, a unha entrevista con James Lovelock coñecido pola súa teoría Gaia.Ávisata, que quere dicir con “É a vida a que ofrece este visión amable do planeta?