De onde ven o Arco da Vella?

Ao longo da vida, xurdiron demasiados mitos sobre a procedencia do “arco da vella”, o máis coñecido é o que nos adoitan contar os nosos pais cando somos pequenos e vemos por primeira vez ese gran misterio. Aconséllannos que nos fixemos ben a onde “ía beber”, é dicir, unha expresión que se refire ó lugar da terra ou do mar onde nacía ou a onde chegaba o arco da vella, porque seguindo esa traxectoria chegaríamos a procura dun tesouro.

imagenimagenimagen

 Como toda cuestión, esta é explicable mediante o emprego da ciencia, neste caso debemos facer referencia ó “prisma óptico de Newton”. Está comprobado que cando un raio de luz solar, ao que denominamos luz branca, atravesa un medio transparente, neste caso o prisma,  fai aparecer unha serie de cores claramente diferenciados. Este fenómeno recibe o nome de “dispersión da luz”.

imagen

A continuación, relacionamos este fenómeno co tratado inicialmente. É moi importante coñecer a explicación científica, xa que existen moitas pseudoexplicacións sobre este tema. É moi sinxelo de comprender, xa que este proceso prodúcese cando chove e hai raios de sol  que fan que as gotas de auga realicen a mesma operación que o prisma de Newton, descompoñendo a luz e producindo as cores do arco da vella.

 

Tags: , ,

Unha resposta a “De onde ven o Arco da Vella?”

  1. marcosporto Dixo:

    Como podemos observar, o feito de que apareza o Arco da Vella, non é tan sinxelo como algúns cren, nin corresponde, como acabamos de ver, con ningún mito (xa que son moi usuais, como por exemplo, o mito irlandés que di que ó final deste, atoparase un caldeiro cheo de ouro xunto a un leprechaun).
    Isto, prodúcese debido á refracción producida pola luz solar, que atravesa as gotas de auga, procedentes da choiva, cun ángulo de 138º co que a luz non se reflexa xustamente na súa orixe, o que fai que se descompoña nas sete cores (vermello, laranxa, amarelo, verde, azul e violeta) e que sexa este visible para nós.
    Isaac Newton levou a cabo un experimento para demostrar este feito. Consistía nun prisma, ao cal apuntaba cunha luz branca, e descompoñía a luz nas sete cores do Arco da Vella; chamouno dispersión da luz. Para comprobar definitivamente que a luz branca estaba composta por todas esas cores, con outro prisma oposto, que recollía esas sete cores e saían del, dun lado cara o outro, en forma de luz branca, demostrou que a súa teoría era certa.

    Marcos Porto e Carla Prado, 1ºBACH.