Cambiar os recordos

En EE.UU un grupo de investigación, logrou reescribir os recordos e transformar  memorias traumáticas noutras positivas e viceversa, nos ratos, esto realízano usando unha técnica que controla grupos de neuronas no cerebro.imagen

Dende fai anos este equipo estivo investigando os mecanismos cerebrais que crean ou permiten crear un recordo, gardalo e recordalo durante meses ou anos, e ademais atribuirlle un valor emocional. O encéfalo é o que realiza este proceso, sen sequera decatarnos, pero entender como o fai é algo moi complexo, debido, ademais de aos circuitos de neuronas involucrados, a que a nosa memoria cambia.

 O equipo de Susumo, Tonegawu, do Instituto Tecnolóxico  de Massachusetts (EE.UU), creou recordos falsos en ratos, usando a  optogenética.

 Antes de esto Elisabeth Loftus consigueu convencer ao 30% de un centenar de xovenes de que cando eran pequenos, nunha visita a Disneyland, unha persoa  completamente drogada e disfrazada de Pluto, lambéralles as orellas.

 

Tags: , , ,

3 Respostas a “Cambiar os recordos”

  1. albarodriguez Dixo:

    A tecnoloxía está avanzando tanto ata o punto de conseguir recuperar aqueles recordos que creíamos perdidos. Esto comprobouse como ben se di no post a través dunha serie de experimentos con ratóns.
    Dito experimento consiste na implantación de recordos nos engramas ou vías das neuronas, añadeselles proteínas para que poidan ser activadas ca luz.
    O encéfalo é o encargado de realizar esta función sen que nos decatemos, debido aos circuitos que conteñen as neuronas, na nosa memoria realízanse cambios.

    Estela Manjón y Alba Rodríguez

  2. roigonzalez Dixo:

    Podese decir entonces que dentro duns anos isto será tamén apto para os seres humanos?
    Entón serviría para tratar aos asesinos cambiandolle os recordos que lle levaron a ter a necesidade de cometer esos delitos por outros que non lle leven a cometer os delitos, como por exemplo cambiando os traumas ou malos recordos de infancia ou familias que creceron nun entorno de asesinatos e roubos constantes, que co paso do tempo fixo que esa persoa siguise ese camiño e mentalidade, crendo que esa e a forma de vida correcta. Poderiase cambiar ou reescribir todo eso? Para algo que non lle leve a seguir esa forma de vida?
    Entonces con moita tecnoloxía e varios anos adiante poderiase curar traumas e transtornos mentais , traumas que empezaron dende que estas persoas erán xovenes?

    Roi González
    Joao Fermado

  3. carmenpineiro Dixo:

    Nazaret Mouta, Ricardo Ramos e Carmen Piñeiro

    Este texto aborda un tema innovador para a sociedade na que vivimos, o cambio de recordos. É algo case imposible de pensar que un momento real que nós vivimos sexa posible de transformarse.
    É increíble e abraiante poder contemplar estes grandes avances da ciencia, pois, noutros tempos pasados non nolo poderiamos plantexar.
    Pensar que agora isto se pode realizar con ratos danos a posibilidade de que no futuro poida acontecer tamén en seres humanos. Pode ser, que isto non sexa de todo correcto dende o punto de vista ético, pois quizais os grandes poderes do estado poidan utilizar isto na nosa contra, facéndonos vivir nunha mentira.
    Por outra banda, tamén podería ser beneficioso. Pois se unha persoa sofre un accidente e sofre unha perda de memoria, isto sería de gran axuda para poder recuperar os seus recordos.