Por que escoitamos o mar cando achegamos unha caracola ao noso oído?
Di a cultura popular que as caracolas gardan no seu interior o son do mar. Así, un pode escoitar as ondas cun xesto tan simple como acercar a orella ao buraco dunha cuncha.
O que sona dentro da caracola é un murmullo que nos recorda o son do mar porque é fluctuante, como as ondas que van e veñen. Ese son prodúcese porque no seu interior hai aire vibrando, é decir, soando.
O son en xeral prodúcese pola vibración de algo nun medio, como o aire ou a auga. Por exemplo, unha corda dunha guitarra vibra. O vibrar, as moléculas de aire que están en contacto con ela tamén vibran. Esta capa fai vibrar a unha segunda capa que está en contacto con ela, e esta a una terceira e así sucesivamente.
Estas ondas poden entrar en contacto con outro obxeto e facelo soar. Nós oímos, porque as ondas sonoras fan vibrar o tímpano do oído. No caso da caracola calquer perturbación sonora ao seu redor contribúe a xerar o son no seu interior. Dende alguen falando cerca, un coche pasando ata cousas tan suaves como os soplos de aire que golpean suavemente o exterior das paredes da cuncha. Estas perturbacións fan vibrar o aire contido na caracola e reforzan algunhas frecuencias. Así, murmullos que eran imperceptibles fanse audibles para nós, que podemos percibir tan só un intervalo moi definido de frecuencias.
Dado que as perturbacións externas son fluctuantes, o son resultante é similar ao das idas e vidas das olnds nunha praia. En realidade, calquera obxecto semipechdo, coma un vaso, por exemplo, produce un efecto amplificador, como o descrito coa caracola.
Luns 18 de Xaneiro do 2016 ás 1:34 pm
Nazaret Mouta, Ricardo Ramos e Carmen Piñeiro.
Este texto é moi curioso, e chama a atención porque é un asunto que nos rondou sempre na cabeza dende que eramos nenos, xa que nunca nos deron unha explicación científica do caso, e sempre nola asociaban a historias fantásticas. A uns decíanlles que era o teléfono có que o rei Poseidón se comunicaba có seu reino, a outros que nos levaba a un mundo có que poder comunicarnos sen problemas cando estivéramos tristes… pero nunca obtivemos unha resposta concisa.
É increíble saber que estivemos toda a vida sen coñecer a verdadeira razón de por que se achegamos unha caracola ao oído, podemos escoitar un sonido semellante ao das olas do mar, e resulta que a solución á nosa intriga aparece reflectida neste texto, comunicándonos que o que creíamos que era o mar, en realidade é o aire vibrando no seu interior.
Luns 18 de Xaneiro do 2016 ás 1:39 pm
A vibración do tímpano producese polas vibracións nas capas de aire do seu redor, estas oscilacións nesta membrana transmítense ao oído medio a través dos ósos do oído os que transforman as vibracións e os movementos mecánicos. http://www.amplifon.es/Descubre-el-bienestar/Como-funciona-el-sistema-auditivo/Pages/default.aspx
Luns 18 de Xaneiro do 2016 ás 1:40 pm
q
Luns 18 de Xaneiro do 2016 ás 1:50 pm
Dende fai moitos anos vense crendo un mito moi estendido: o son que provén do interior das caracolas pertence ao mar.Isto é unha falacia científica debido a que pese á súa temporalidade non se obtiveron probas que comprobasen esta hipótese; senón que mediante outros estudos deuse coa verdadeira procedencia de ese son.
Hoxe en día sábese que as moléculas que contén o aire vibran nunha sucesión de capas creando ondas de sonido que ao contactar con múltiples obxectos amplifican todo tipo de perturbación externas que normalmente son imperceptibles ao oído humano. Esta percepción que podemos ter é posible debido a que esas ondas ditas con anterioridade vibran da misma maneira en contacto co noso tímpano.
Haizea Bianca e Carla Somoza.
Luns 7 de Marzo do 2016 ás 1:49 pm
Isto é un efecto producido polo aire neste caso, pero por exemplo os instrumentos de corda tamén se basean neste criterio para producir o son. A distinta lonxitude ou grosor das cordas producen disitintas ondas que produce ese son. Ao igual que as caracolas, os instrumentos de vento tamén se basean neste criterio, aínda que con unha variación, a presión, que axuda a facer que unha nota esté nunha octava ou noutra. En definitiva, o son e as súas ondas están presentes en moitos ámbitos da nosa vida.
Marcos Porto e Carla Prado