María de los Ángeles Alvariño

María de los Ángeles Alvariño naceu en Serantes (Ferrol), o 3 de outubro de 1916, e faeleceu en California o 20 de maio 2005. Esta, foi unha oceanógrafa, zoóloga e profesora española. Nos anos 1953 e 1954 recibe unha bolsa do British Council para realizar unha investigación do zooplancto en Inglaterra. Foi a primeira muller que viaxou a bordo dun barco británico en calidade de científica. No 1967 doutórase en Ciencias coa tese “Los quetognatos del Atlántico. Distribución y Notas Esenciales de Sistemática”. Chegou a descubrir un total de 22 especies novas de organismos mariños os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca. Entre as especies, encontramos: Medusa, Pandea cybeles (mar dos Sargazos); Chaetognata, Spadella pimukatharos (augas de Catalina, California); Sifonoforos, Vogtia kuruae; Hidromedusa, Lizzia alvarinoae (augas de Segura) en honra ó seu nome, entre outras. A partir de 1993, retírase como científico emérito, e segue publicando os resultados das súas investigacións ata que falece. Desde Galicia e en recoñecemento á súa importante traxectoria profesional, Ánxeles Alvariño foi distinguida coa Medalla de Prata de Galicia no ano 1993. Así mesmo, despois de que a Universidade da Coruña lle dedicara a Semana das Ciencias en 2005, o Concello de Ferrol rendeulle unha homenaxe póstuma no Campus de Esteiro, onde se descubriu unha placa conmemorativa en honor a unha das mulleres máis destacadas no mundo da ciencia.


Carla Prado, Aarón Santórum, Marcos Porto  e Álex Rey

 

Tags: , ,

5 Respostas a “María de los Ángeles Alvariño”

  1. nicolasgonzalez2 Dixo:

    Sempre unha persoa valora e sintese importante cando escoita que unha persoa da sua terra fixo algo importante, coma Anxeles que foi a primeira muller en viaxar nun barco científico británico.
    Se te paras a pensar que naqueles tempo se discriminaba as mulleres e ela logrou iso, pois dache animo a seguir adiante co que te propoñas.
    Ela mesma descobre 22 especies novas de organismos mariños.

  2. albarodriguez Dixo:

    Este ano a María Angeles Alvariño fixoselle un homenaxe na Real Academia Galega de Ciencias pola súa colaboración.
    Chegou a descubrir 22 especies diferentes de organismos mariños.

    Alba Rodriguez
    Estela Manjón

  3. martaportas Dixo:

    María de los Ángeles Alvariño foi unha importante oceanógrafa galega que descubreu 22 especies novas de organismos mariños, das cales dúas fan referencia ao seu nome. A parte de ser a primeira muller que viaxou a bordo dun barco británico en calidade de científica, impartiu clase en universidades de Ferrol durante oito anos. Esta gran científica galega foi homenaxeada coa medalla de prata de Galicia no 1993 e adicouselle a Semana das Ciencias este ano.
    Marta Portas e Laura Padín.

  4. miriamrodriguez Dixo:

    Moi bo artigo que demostra o gran traballo de Ánxeles Alvariño, figura que sen dúbida debería ser máis coñecida en Galicia e en España, e equiparada a outros grandes científicos deste país.

    Esta científica superou grandes dificultades e fíxose un oco nunha disciplina tradicionalmente dominada por homes.

  5. carlasomoza Dixo:

    María de los Ángeles Alvariño nace, efectivamente, en Ferrol O 3 de outubro de 1916 e este 2015 é homenaxeada como a científica galega do ano. O vídeo explica perfectamente como consegue ser a primeira muller recoñecida internacionalmente que investiga e participa nunha campaña oceanográfica nun barco británico, O Sarsia.
    A súa historia comeza cos seus estudos en Ferrol, tras o que se traslada en 1933 á universidade de Santiago para cursar o bachillerato universitario, onde consegue as máximas notas grazas aos seus dous importantes traballos. En 1934 vai estudar ciencias naturais á Universidade central de Madrid, antes de volver de novo a Ferrol para estudar idiomas e a zona do litoral, alí é onde acaba dando clases ata 1948, ano no que volve a Madrid, onde consegue o seu doutorado en química e,en 1952, consegue un posto de traballo no instituto de oceanografía de Vigo. Unha vez alí solicita unha bolsa para investigar o placto, deste modo e durante dous anos estuda o zooplacto; concretamente quetognatos, medusas, sifonóforos, ctenóforos. Volve estudar o zooplacto en 1955 e continúa ata 1970.
    Durante toda a súa investigación alcanza a descubrir ata 22 especies novas.Desgraciadamente, despois de moitos outros títulos e de escribir un libro, morre en San Diego no ano 2005.

    Haizea Bianca y Carla Somoza