Ánxeles Alvariño: por que?

Este ano a Real Academia Galega das Ciencias decidiu homenaxear a Ánxeles Alvariño, oceanógrafa de Ferrol.

                                                                           Pero por que?

Santiago Ramón y Cajal dixo que investigar en España era chorar, e con isto quería dicir que a Ciencia en España nunca foi un asunto de grande importancia para a sociedade nin para aqueles que tiñan que financiala. Só dous premios Nobel en Medicina ao longo da historia din pouco sobre o nivel da nosa ciencia. Unamuno foi o artífice dunha frase moi desafortunada “Que inventen ellos” na que deixaba o labor de “inventar” aos científicos doutros países mentres nós desfrutaríamos destes inventos.

Esta mentalidade unida ao atraso xeral da sociedade española, provocou que España quedase moi por detrás dos países do noso entorno. Galicia, ademais, era a periferia da periferia e o seu nivel científico aínda era menor que noutros lugares de España. Ademais, as porcentaxes de mulleres escolarizadas a comezos do século pasado en Galicia eran mínimas e aquelas rapazas que acudían á escola deixábana enseguida para centrarse nos labores do fogar e do campo.  É por iso que a figura de Ánxeles Alvariño é case un milagre.

Nada en Ferrol en 1916,  amosou desde pequena un grande interese por todo tipo de coñecementos, de tal xeito que o seus traballos finais de Bacharelato foron sobre dous temas completamente distintos: “Os insectos sociais” e “As mulleres no Quixote.” Finalmente, decantouse polas ciencias naturais, carreira que foi estudar a Madrid. A Guerra Civil obrigou a pechar as clases na Universidade, pero ela non quedou quieta e aproveitou para estudar idiomas (inglés e francés.)

Despois da guerra,  licenciouse. En 1950 consegue praza no Instituto Español de Oceanografía en Vigo. A súa estadía aquí será curta, xa que en 1953 recibiu unha “beca” do British Council de Plymouth, (Inglaterra), onde realizou investigacións sobre o zooplancto, baixo a dirección do eminente biólogo Sir. Frederick Russell. Foi alí onde tivo o honor de ser a primeira muller que embarcou como científica nun buque oceanográfico británico. Realizou varias expedicións polo Atlántico e o Pacífico en barcos de diversos países. No ano 1956, deu o salto á EEUU onde permanecería o resto da súa carreira. Pasou por distintas institucións, cada unha máis prestixiosa: Woods Hole Oceanographic Institution de Massachusetts (EEUU), a Scripps Institution of Oceanography (1958-69) e a Southwest Fisheries Sciencie Center (La Jolla, California, 1970). Nesta última obtería o cargo de bióloga investigadora titular. Efectuou distintos estudos sobre o plancto, os seus depredadores e a repercusión sobre a superviviencia das larvas doutros peixes. Entre medias, obtivo o doutorado (1967) en Ciencias na Universidade de Madrid cunha tese sobre os Quetognatos do Atlántico, coa que se converteu nunha autoridade neste tipo de plancto.

A importancia do seu traballo podémola atopar na cantidade inmesa de estudos e artigos que publicou e no descubrimento de 22 especies novas. Ademais, dúas especies foron bautizadas no seu honor: o quetognato Aidanosagitta alvarinoae, e a hidromedusa Lizzia alvarinoae.

 imagenLizzia alvarinoae

Ademais do seu labor como investigadora, desenvolveu un importantísimo traballo como profesora en distintas universidades tales como SanDiego State University, Universidade Autonóma de México, Universidade Federal de Paraná, etc.

Ánxeles xubilouse en 1987 e dedicou o seu tempo a escribir sobre a historia da ciencia. Neste campo o seu traballo máis importante foi unha investigación sobre a expedición Malaspina para darlle a esta a importancia que merecía e que foi ensombrecida pola propaganda que se lle deu á expedición de Cook. No ano 1993 recibiu a medalla de prata de Galicia, e no 2005 a universidade da Coruña adicoulle a semana das Ciencias. Neste mesmo ano faleceu en California. En 2012 botouse un barco oceanográfico co seu nome.

“Si que pensei en tirar a toalla. Ser muller e competir na Universidade é moi duro.” Esta cita doutra científica galega, Inmaculada Paz-Andrade, demostra o difícil que era para unha muller conseguir ser alguén nun mundo tan hostil. Afortundamente, nin Inmaculada nin Ánxeles abandonaron, facilitando o camiño para outras que chegaron máis tarde.

 

Tags: , , ,

8 Respostas a “Ánxeles Alvariño: por que?”

  1. carmenlaya Dixo:

    Foi unha muller moi loitadora outros podrían renderse pero ela sigueu por iso paréceme xenial que a homenaxearan.

  2. nazaretmouta Dixo:

    Nazaret Mouta; Carmen Piñeiro; Ricardo Ramos.

    Neste artigo de divulgación podemos observar a vida da oceonógrafa galega Ánxeles Alvariño, onde nos resultou moi curioso que non había apenas mulleres na Universidade, e nin ela nin Inmaculada abandonaron a pesar do difícil que era estudar para unha muller nesa época.
    Non só finalizou os seus estudos, senón que emprendeu unha viaxe cara a América, onde traballará e asentará o seu futuro de profesora en varias Universidades.
    Para finalizar Ánxeles era unha muller traballadora que non se rendía ante ningún obstáculo, como vemos cando estudou idiomas durante a Guerra Civíl Española.

  3. anabeloubina Dixo:

    A figura de Ánxeles Alvariño é o claro de exemplo de quen quere algo, algo lle costa pero ela non se rindeu e loitou ata o final para conseguir triunfar en todo o mundo polo seu esplendido traballo a pesar de ser unha muller; xa que nesa época as mulleres tiñano moi complicado.
    Non solo consigueu ser recoñecida mundialmente senón que foi a primeira muller en viaxar nun barco británico grazas aos seus estudos na Universidade e aos seus traballos como profesora nelas.
    E consiguiu todo isto a pesar de todo o que sucedeu durante a Guerra Civil Española.

  4. joaofernando Dixo:

    ángeles llegó a descubrir 22 especies nuevas de organismos marinos, los indicadores planctónicos para corrientes oceánicas y para la pesca. Entre dichas especies tomamos como ejemplo: 1987: Medusa, Pandea cybeles (mar de los Sargazos), 1987: Chaetognata, Spadella pimukatharos (aguas de la isla Catalina, California), 1984: Sifonoforos, Lensia reticula y Lensia lelouve, 1983: Sifonoforos, Heteropyramis alcala y Thahassophye ferrarii (del Pacífico sur), 1983: Sifonoforo, Nectocarmen antonioi (de aguas de California), 1981: Chaetognata, Spadella Legazpichessi (aguas de las islas Marshall), 1978: Chaetognata, Spadella gaetanoi (aguas de Hawaii), 1972: Sifonoforo, Epibulia ritteriana, 1970: Chaetognata, Spadella (aguas de Curacao), 1968: Sifonoforos, 2 nuevas especies, 1967: Sifonoforos, Vogtia kuruae, 1962: Chaetognata, dos nuevas especies, 1961: Chaetognata, Sagitta scrippsae y dos nuevas especies. Dos ejemplares planctónicos llevan su apellido, el quetognato Aidanosagitta alvarinoae (Pathansali, 1974) y la hidromedusa Lizzia alvarinoae (Segura, 1980).

    João Fernando , Roi Gonzalez

  5. paulavazquez Dixo:

    Ánxeles Alvariño creo que é un claro exemplo dunha muller loitadora . Esta consigueu o que moitas mulleres non puideron conseguir tanto pola situación económica como polas ideoloxías daquela época .Ademais, en Galicia eran mínimas aquelas rapazas que acudían á escola ,que a deixaban para centrarse nos labores do fogar e do campo.
    A importancia de Ánxeles Alvariño é inmensa ,tanto que o mundo científico bautizou duas especies mariñas co seu apelido, caso do quetognato Aidanosagitta alvarinoae e da hidromedusa Lizzia alvarinoae. A pegada de Ánxeles Alvariño non quixo pasar desapercibida para a RAGC e, aquí na súa terra, a Academia prepara numerosos actos en torno a súa figura.

    Laura Nogueira e Paula Vázquez.

  6. marcosporto Dixo:

    Ángeles Alvariño fixo un trballo moi notable tanto no eido das ciencias como no eido da desigualdade entre homes e mulleres. Como oceanógrafa, conseguiu moitos premios, e o máis importante, descubriu moitas especies, novas e curiosas. Como muller conseguiu que o mundo dos científicos fose menos desigual (foi a primeira muller que subiu a un barco de investigación británica, por exemplo) e demostrou que todas as persoas poden facer o que se propoñan, sexan do sexo que sexan.

  7. lararodriguez Dixo:

    Vemos que neste post a autora fai referencia a algo mais que da persoa da que falamos cunha pequena introdución. É preguntanse o porqué o porque do homenaxe da Real Academia das Ciencias e nos preguntamonos porqué tardaron tanto,pois vemos que foi unha muller moi importante para o estudo de varias especies mariñas nos seus anos. Tamen se fai referencia a pouca cultura científica que había en España.
    Despois destos dous puntos de introducción o texto comeza a explicarnos a biografía de Ánxeles Alvariño,ao leela damonos conta do moito que tivo que loitar esta muller para acadar o seu “soño”.
    Miriam trata todos os puntos inportantes da súa vida dandonos así unha explicación de porqué merece ese recoñecemento.

  8. aaronsantorum Dixo:

    Como ben di no post, a mentalidade negativa e a o atraso xeral da sociedade española condicionaban o avance científico español, facendo imposible avanzr nas investigación para facer una vida máis fácil e máis levadera.
    Gracias a Ánxeles, podemos saber máis do zooplacton. Este estudo fixo que embarcase no buque oceanográfico británico, facéndose así a primeira muller abordo de tal.
    Efectuou distintos estudos sobre o plancto, os seus depredadores e a repercusión sobre a superviviencia das larvas doutros peixes.

    Aarón Santórum
    Álex Rey