Efectos da marihuana nos adolescentes
Dise que a marihuana (Cannabis) é unha droga alucinóxena psicotrópica con fins recreativos, relixiosos e ata menciñais; composto básicamente do químico psicoactivo chamado THC (tetrahidrocannabinol). Pódese preparar de distintas formas: cas flores secas dunha planta femia; co quife, que é o po que se utiliza básicamente para facer pasteis e co Haxix, que é a resina da flor da planta femia e dise que é máis potente que a marihuana. Provoca adicción á vez que provoca danos no noso organismo, pero… Ata que punto lles pode afectar aos adolescentes que a consumen?
Unha unidade de investigadores da Facultade de Menciña Feingberg, na Universidade de Northwestern, en Estados Unidos; averiguou que os xoves que consumen cannabis a diario durante un longo período de tempo, son propensos a desenvolver grandes problemas de memoria.
Para determinalo, levaron a cabo unha enquisa onde enfocaron a súa atención sobre menores de entre 15 e 17 anos que consumiran este composto durante tres anos. Estudaron os cambios na estrutura dos seus cerebros mediante un sistema de reprodución de imaxes por resonancia magnética. Con este feito, detectaron alteracións fisicas nos seus hipocampos, unha zona asociada á formación de recordos a longo prazo, incluso ata pasados os 24 meses de deixar o hábito.
Estes científicos explican que os adolescentes exconsumidores da marihuana, resolveron unhas probas memorísticas especialmente deseñadas cun resultado de 18% peor cas outras persoas da súa mesma idade que non abusaran de esa substancia.
Xoves 26 de Marzo do 2015 ás 2:17 pm
Creemos que os adolescentes consumen estos estupefacientes por motivos lúdicos, pero en verdade non saben o dano que lles xenera. Pensan que por tomar esas substancias son máis graciosos ou que se van a divertir máis cando salen de festa etc, pero están equivocados porque queiran ou non eso vai repercutir nun dano que incluso poden ter consecuencias mortais estando baixo os seus efectos. A xente que consume isto ten que darse conta de que consumir marihuana non é bo.
Pili Rial, Laura Ozores, Alba Judith Vázquez
Venres 27 de Marzo do 2015 ás 2:18 pm
Nos cremos que a marihuana utilízase case sempre cun efecto recreativo, aínda que as veces tamen as recetan os médicos para aliviar a dor dalgún enfermo. Os xóvenes tómana todos para divertirse sen pensar en todos os problemas de saude que lles pode traer no futuro, como por exemplo a disminución da memoria.
Nicolás González Patón e David García Allo
Venres 27 de Marzo do 2015 ás 2:23 pm
Aparentemente cremos que unha simple planta non pode causar mal ningún.Pero en realidade, o que todos sabemos é que a droga, como por exemplo a marihuana, ten efectos moi malos para nos, e sobre todo para os xóvenes. Pode producirnos enfermidades no futuro, e non só iso, se non que se non nos tratamos podemos chegar a adicción de non ser capaz de deixalo, o que supón máis problemas. A pesar de que tamén pode ser recetada polos médicos para aliviarlle a dor aos enfermos, non podemos guiarnos por iso para tomala cada vez máis. E en efecto, os xóvenes non saben o que fan cando están xogando así co seu futuro, tendo todo tan a súa man.
Antía Viñas e Alba Mendez
Venres 27 de Marzo do 2015 ás 2:34 pm
O consumo da marihuana ( como o resto das drogas ) ten características perxudiciais para o noso organismo, especialmente para a zona cerebral, achegándonos un maior porcentaxe de pobabilidade de padecer problemas de memoria. Ainda que tamén ten usos medicinais e hosteleiros.
☻☺ Jorge Irajo e Jorge Pi ☺☻
↑↑↑↑♪♪♫♪♫♫ 1ºBAC C ♪♪♫♪♫♫↑↑↑↑
Venres 27 de Marzo do 2015 ás 2:38 pm
Pola nosa parte creemos que indiferentemente dos usos tanto terapeuticos coma medicinais que teña, segue sendo un tipo de droga o cal leva enlazado todas as suas consecuencias. Pode que estea mais infravalorada ca outro tipo de sustancias, pero por outra parte son sustancias alucinoxenas, que poden crear adiccions, algun tipo de enfermidades, e causar perdidas de memoria.
Respeto que se utilice para usos medicinais ou doutro tipo de beneficios a nivel da saude, pero non ata o punto de adiccion que pode causar.
Breixo y Beni.
Martes 31 de Marzo do 2015 ás 4:46 pm
Como xa todos éramos conscientes, as drogas teñen en nós diferentes efectos que son prexudiciais para a nosa saúde. Por iso sempre nos recordan que debemos manternos afastados deste tipo de substancia aditivas, pero en verdade aínda hoxe en día non todos temos os mesmos coñecementos (apesares de que a información respecto a estas substancias é moi ampla actualmente, e que se pode encontrar con facilidade), sobre os seus efectos. Certas persoas veno como un canle para a diversión, sen informarse demasiado sobre elas. Deste xeito, ignóranse as consecuencias que estes aditivos poden causar sobre nós e máis se é consumida nos anos da adolescencia cando aínda o noso corpo encóntrase medrando e terminando de desenrolarse. E este estudo ademais fainos sabedores de que aínda que te rehabilites e sexas xa independente deses aditivos, sempre permanecerán en ti certas consecuencias que a consumición deste produciron.
Verdade é que a marihuana medicinal ten certos beneficios pero se se chama “medicinal” será porque terá que ser utilizada cando sexa preciso e sempre por supervisión médica.
María Ramos e Estela Bea - 1ºBACH C
Domingo 17 de Maio do 2015 ás 6:17 pm
Na actualidade aumentou o consumo de Cannabis nos adolescentes xerando así a dificultade de recordos a longo prazo, ademáis de adicción.
Outros efectos que causa a marihuana e o síndrome amotivacional que é o típico ‘paso de todo’ e a falta de interese polas cousas. Tamén provoca moitos cambios de carácter que se producen cando se aislan na sua habitación e mostran agresividade cos seus pais. A parte dos efectos anteriores tamén provocan sono e fame.
Uxía Santos e Sara Domínguez.
Mércores 27 de Maio do 2015 ás 11:39 am
Parecenos moi boa idea que decidiras facer este post xa que é importante que os adolescentes sepan os danos que pode ocasionarlles o consumo de Marihuana , por que, aínda que é unha droga blanda, sigue tendo efectos secundarios e perxudiciais para os seus consumidores e sobre todo para os estudantes xa que segundo este estudo afecta as súas memorias facendo que estas se debiliten, facendo máis complexa a tarefa de estudio, etc.
Alba Comojo Viñas e Sara Docal Sánchez
Mércores 27 de Maio do 2015 ás 7:32 pm
Nos opinamos que o consumo de marihuana debería estar máis controlado e os adolescentes deberían estar máis informados sobre este fenómeno, o de que afecta ao hipocampo deteriorandoo e afectando a memoria a longo prazo é a primeira vez que o escoitamos e se estiveran máis enrterados do tema é posible que menos adolescentes e adultos a consumiran, y los que ya consumen, al oír esto, algunas personas lo dejaríain pero para ello deberían tener una fuerza de voluntad fuerte para aguantar el mono y ayuda de gente cercana.
DIEGO ALLO E ANTIA OTERO
Sábado 30 de Maio do 2015 ás 8:56 pm
Nos cremos que a marihuana é unha das drogas máis consumidas nos adolescentes de hoxe en día. Nunha festa pódese chegar a consumir unha cantidade excesiva. Os efectos que teñen son momentaneos e tamén causan problemas a larga. Un consumo en exceso nunha mesma noite pode facer que che dea, como chamamos os adolescentes,”un blancazo”, unha perdida do sentido da realidade,da visión, baixada de tensión.
Co tempo, os problemas afectan máis ao cerebro, ao hipocampo, a memoria, tes menos capacidade de almacenar cousas, recordos, pensamentos…
Aínda que moita outra xente non o fai como diversión si non que o fai para relaxarse,e en caso de ter dores, para alivialos, xa que se cre que esta droga é terapéutica.
Sara Mougán e Noelia Feijoo
Venres 5 de Xuño do 2015 ás 8:19 pm
Tamén chamada cannabis, é o producto de dous variedades do cáñamo, o cannabis indica e o cannabis sativa. O principio activo de estas plantas é o tetrahidrocannabinol T.H.C. cuxa concentración varía según as partes da planta e tambén de unhas plantas a outras.
Os efectos a corto plazo do uso da marihuana incluen problemas ca memoria e o aprendizaxe, percepción distorsionada, dificultad para pensar e resolver problemas, pérdida da coordinación e un aumento no ritmo cardíaco, ansiedade e ataques de pánico.
Cremos que é moi dañina e non se debería consumir baixo ningunha circunstancia, pois os seus efectos son peligrosísimos para a saúde dun mesmo e afecta indirectamente ás persoas que rodean ao consumidor.
Lydia Fernández e Mara Suárez