A auga, un ben escaso?
Atrás quedaron esas teorías que dicían que o planeta Terra era o único en todo o universo o cal tiña esa substancia, a auga. A medida que a nosa tecnoloxía avanza imos correxindo os nosos erros en canto a teorías, e unha delas podería ser esta, pois cada vez hai máis probas de que a auga podería ser un compoñente importante en cantidade no universo. Isto levaría a que teorías como a da panspermia (que di que a vida orixinouse no espazo) poderían chegar a ser máis cribles.
A parte das reservas que se cree que hai no Sistema Solar (nos aneis de Saturno, nas lúas de Xúpiter ou incluso no interior da nosa Lúa), tamén hai exoplanetas formados por auga xeada, como o GJ1214b, planetas formados por vapor de auga, como o HAT-P-11b ou o sorprendente caso dunha protoestrela na constelación de Perseo, a cal dispersa enormes cantidades de auga (100 millóns de veces o caudal do amazonas por segundo) en forma de chorros que poden alcanzar velocidades entre 100-300km/s.
”protoestrela na constelación de Perseo”
Así como a auga foi moi importante para o orixe da vida, tamén o é tanto para mantela, así que iso nos leva a plantexarnos un futuro noutro planeta. Un exemplo podería ser o Gliese 832-c, a unha distancia de 16,1 anos luz da Tierra na constelación de Grus, o cal cun tamaño notablemente superior ó da Terra e cunha temperatura media de 22ºC (supoñendo unhas condicións atmosféricas como na Terra), ten unha similitude ca Terra dun 81%, polo que sería o principal candidato a ser o noso próximo fogar.
Tags: auga, espacio, exoplaneta, paspermia, planeta, protoestrela, universo, vida
Venres 27 de Marzo do 2015 ás 2:33 pm
creo que é interesante ter constancia de que ademáis do noso planeta, tamén hai moitos outros que conteñen auga e que teñen unhas condicións que poden ser compatibles coa vida, e os cales nun futuro, seguramente lejano, poderíamos chegar a habitar no caso de ser necesario e que nos poderían proporcionar un maior espazo para a poboación como sería Gliese.
Ademáis de iso, sorprendeme o feito de que haya planetas que estén formados por vapor de auga
Mércores 27 de Maio do 2015 ás 11:26 am
Nos cremos que descubir que no universo é máis común a agua do que se pensaba é un paso moi importante para descubir a vida noutros planetas , xa que como di o post a agua e a vida como a coñecemos van da man .Ainda así , buscar vida noutros planetas ainda que é importante deberiase facer logo de coidar a vida que existe no noso propio planeta , coidandoo e non deixandoo desfeito con contaminación e a extinción de tantas especies como actualmente.
Benito Esperón e Adrián Alonso.
Mércores 27 de Maio do 2015 ás 7:43 pm
Nos creemos que o mellor sería deixar de preocuparse por descubrir auga en outros palnetas e comezar a preocuparse polo noso, xa que os recursos de auga dispoñibles no noso planeta non chegan ao 1%, o resto é auga salgada e o restante está conxelado nos casquetes polares, a auga no noso planeta, ademáis está moi mal distribuída, hai lugares no que hai moita, coma aquí en Galiza, e lugares nos que case non hai e para chegar a un lugar onde hai auga potable hai que andar moitas horas, aínda por riba diso, co cambio climático estamos a alterar os fenómenos atmosféricos, facendo que nalgunhas estacións chova moito e en otras non chova nada, e a inda por riba a poboación esta a aumentar, algunhas zonas con auga doce estanse salinizando pola sua proximidade ao mar, etc.. A auga é un recurso renobable pero ao paso ao que imos haberá moitas sequías. Atopar auga nooutros planetas está moi ben, é un descubrimento revolucionario para a ciencia, ainda que nos seguemos sen creer na panspermia, pero non a descartamos, deberíamos preocuparnos máis pola do noso planeta, xa que é o fundamental para a nosa vida, e qué importa a ciencia se hai milleiros de persoas morrendo pola auga do noso planeta?
DIEGO ALLO E ANTIA OTERO