O don da sinestesia

Tenta imaxinar o cerebro dun bebé. Nesa pequena cabeza, un exceso de desordenadas conexións cerebrais se preparan para comezar a interpretar o mundo que as rodea. A medida que o tempo pasa, unha ‘poda neuronal programada’ elimina as células nerviosas sobrantes, creando o cerebro maduro tal e como o coñecemos. Sentidos, pensamento, memoria, intelixencia, pouco a pouco esas áreas se independizan ó especializarse as neuronas, e perden as conexións que resultan innecesarias, ó morrer as neuronas que as unían.

E se non ocorre isto?

Imaxinamos que, por razóns descoñecidas, esta poda non se produce. Nese bebé algo falla e certas neuronas permanecen coma pontes entre seccións cerebrais. Ese bebé enviará estímulos a áreas coas que xa non debería ter contacto, creando así respostas extraordinarias. Ese bebé interpretará a realidade dunha maneira completamente diferente á nosa. Ese bebé será sinésteta.

sinestesia é unha condición que se da en todos nós cando somos bebés. O sentidos se mesturan ó comezar a traballar, e literalmente oímos cores, vemos sons e mesmo saboreamos palabras. O común é que, como dixemos antes, ó crecer esto se perda, pero no 1% ó 5% da poboación mundial mantese na idade adulta.

Existen centos de tipos de sinestesia catalogados, xa que os sentidos mesturados inclúen, ademais dos cinco sentidos, variacións de temperaturas, rostros e emocións. Os tipos máis comúns son o grafema a cor (ver un número, unha letra ou un signo de puntuación dunha cor característica, independentemente de cal sexa a real) e a música a cor ou sinestesia musical (ver cores e formas ó escoitar certas notas, tonos e sons). Menos comúns son o léxico a gusto (saborear as letras e palabras), a personificación (percibir a personalidade das letras e números), a sinestesia tacto-espello (sentir a dor, a alegría e a tristeza doutras persoas como propia) e o curioso efecto Pinocho (a temperatura da punta do nariz varía segundo a emoción que experimenta o sinésteta, sexa propia ou doutra persoa), entre moitas outras.

É común que os sinéstetas terminen relacionados co arte e sexan máis creativos, xa que ó relacionar un son ou unha letra a unha cor ou sabor, cárgano de sentimentos que facilitan a creación dunha canción, un cuadro ou unha poesía, aínda que tamén inflúe a neuroloxía (o aumento de dopamina no cerebro, que se facilita ó ser este sinestésico). Pintores coma Vincent Van Gogh e Wassily Kandinsky, escritores coma Vladimir Novokov, e unha gran cantidade de músicos padeceron e padecen esta condición, e moitos deles confesan non saber desempeñar o seu traballo sen a axuda das cores e sons pantasmas.

Unha destas figuras chámase Kiki e outra Bouba, cal é cal para ti?

imagen

Esta imaxe corresponde a un dos test sinestésicos máis famosos, que demostra como tendemos a nomear segundo a súa forma e o son da palabra. Chamaches Bouba á figura morada e Kiki, á laranxa? Máis do 95% das persoas que fixeron este test así o escolleron. Débese a que os contornos redondeados da primeira figura coincides cos sons suaves de Bouba, mentres que as puntas da segunda recordan ó forte son de Kiki.

Se sentes curiosidade, aquí tes un test acerca da sinestesia. Ningunha proba é capaz de abarcar todos os tipos desta facultade, pero pode darche unha pista sobre si posúes ou non este marabilloso don. Que me dis, sénteste afortunado?

 

Tags: , , , ,

Unha resposta a “O don da sinestesia”

  1. diegoallovazquez Dixo:

    Parecenos un tema moi interesante do que non sabíamos nada, fixemos o test e resulta que ningún dos dous ten sinestesia, parecenos curioso o de ver cores coa música, saborear palabras, etc… É algo que oxalá puideramos experimentar. Todos nos preguntamos algunha vez en que hay na cabeza dun neno, agora máis ou menos sabemolo, e ainda que non conseguemos entender por qué a nosa cabeza “poda” estas células nerviosas parecenos moi interesante. Tamén pensamos que as persoas con sinextesia deben de ter un don maravilloso para a arte.
    DIEGO ALLO VAZQUEZ E ANTIA OTERO