Por qué cando te rascas pícache máis?
Ao final tiñan razón as nosas avoas e nais cando nos dicían “Non te rasques, que é peor”. Sempre o tomamos como unha broma pero agora a ciencia demostra que tiñan toda a razón do mundo. Nunha investigación que fixo a Escola Universitaria de Medicina de Washington confirmou que o acto de rascarse non alivia a sensación de proído senón que a estimula todavía máis. A clave está na serotonina. Cando nos rascamos causamos dor na pel, e esta sensación pode interferir ou superar ao proído facendo que as células nerviosas da medula espiñal transmitan ao cerebro sinais de dor e non de proído. Según o director da investigación “o problema é que cando o cerebro recibe as sinais de dor, responde ante elas producindo serotonina, un neurotransmisor que axuda a controlala. Pero a medida que esta se estende dende o cerebro á médula espiñal, decatámonos de que pode moverse dende as neuronas detectoras de dor ás celulas nerviosas que regulan a intensidade da proído”.
Os investigadores colleron ratos e elimináronlles os xenes que regulan a produción da serotonina. A continuación inxectáronlles unha substancia que lles provocaba fortes proídos na piel, e os roedores apenas se rascaban. A continuación inxectáronlles serotonina e os ratos comezaron a rascarse compulsivamente.
A conclusión que chegaron os investigadores é que as sensacións de proído e dor transmítense ao cerebro por vías diferentes pero á vez relaccionadas entre elas. Por iso, o feito de rascarse aliva o proído temporalmente, pero ao cabo dun tempo deixa de surtir efecto. As células nerviosas da medula espiñal, chamadas GRPR, encárganse de transmitir a sensación de picazón da piel ao cerebro. Para o doctor Chen, unha forma de tratar o proído crónico sería bloquear a comunicación entre a serotonina e as famosas células.
Tags: Escola Universitaria de Medicina de Washington, GRPR, neurotransmisor, picor, rascar, serotonina
Mércores 14 de Xaneiro do 2015 ás 12:26 pm
A ansia de rascar vese afectada pola produción dun neurotransmisor chamado serotonina, que inflúe no picor. A serotonina é unha monoamina neurotransmisora sintetizada no sistema nervioso central, e neste realiza diversas funcións como neurotransmisor, inhibindo a ira, a agresión, a temperatura corporal, o humor, o sono, o vómito, a sexualidade, e o apetito. Ca investigación realizada con ratos, provouse o efecto da serotonina nos animais, xa que sen o xen que regula a produción de serotonina, os ratos non se rascaban ante fortes proídos na pel. E co xen da serotonina, os ratos comezaron a rascarse compulsivamente. Como conclusión, as céculas nerviosas situadas na médula encárganse de transmitir a sensación de picor da pel ao cerebro. O doctor Chen pensa que unha forma de acabar có picor crónico sería bloqueando a conexión entre éstas.
Feito con Sofía Doval.