Turing + “O robot galego”
Este curso, no Día da Ciencia, reivindicando o dereito a aprender física en galego, enterámonos no documental “O robot galego”, do que se está a facer en robótica en Galicia. Falamos tamén das importantes aportacións de Alan Turing no campo da Intelixencia Artificial.
Entra en basellafa para ver o documental e a presentación sobre Turing.
Como son os robots do presente e como serán os do futuro?
Tags: Alan Turing, ciencia en galego, intelixencia artificial, robótica
Mércores 12 de Novembro do 2014 ás 2:36 pm
Paracenos que os robots nos poden axudar moito no futuro.
Arancha Romay y Aida Ferreiro.
Sábado 15 de Novembro do 2014 ás 5:49 pm
Andrés Oubiña e Carlos Santiago:
Temos unha dobre opinión sobre o tema, por unha parte cremos que está moi ben que cada vez a robótica avance máis rápido xa que grazas a isto, podéranse, por exemplo, realizar traballos con maior facilidade e axudar a persoas con algún tipo de discapacidade física, pero á vez, por culpa disto estámonos volvendo demasiado cómodos, deixando moitos traballos ás máquinas, por seren máis baratos a longo prazo e máis dependentes deles en diferentes ámbitos da vida cotiá con cousas que nos mesmos poderíamos facer.
Mércores 19 de Novembro do 2014 ás 1:22 pm
Os robots da actualidade son maiormente electrodomésticos que axudan as persoas a realizar distintas tarefas no fogar para aforrar e facilitar o traballo as persoas, pero os robots do futuro xa teñen diversas intencións de facer tarefas máis avanzadas, como por exemplo, axudar a unha persoa maior que non se poida valer por si mesma e a súa familia non poida coidar dela. Ou no tema da ciencia, unha operación moi precisa que un simple médico non poida realizar, debido o seu pulso ou semellante, ca axuda dun robot, poderase lograr.
Na nosa opinión, pensamos que se un robot pode chegar a salvar a vida de alguén ou que simplemente viva máis anos grazas a el, parecenos xenial, pero si un robot empeza a sustituír a un humano, e as tarefas que realiza este pasaas a realizar un robot, quitaralle o traballo, entón iremos peor do que xa estamos nesta sociedade.
Antía Viñas y Alba Méndez.
Sábado 22 de Novembro do 2014 ás 1:40 pm
Alan Turing foi a figura clase no mundo da computación , a informática teórica e a criptografía.
Aportaciones científicas:Máquina de Turing, capaz de implementar calquera problema matemático que se nos ocurra,cloussus computadora electrónica programable capaz de descifrar os códigos secretos nazis,bombe, maquina electro mecanica, ultilizada para eliminar as claves enigma que contiñan combinacións que supoñían unha contradición e test de Turing, determina se as maquinas son intelixentes. No test fanse preguntas vía chat a un humano e unha maquina situados noutra habitación e o xuíz ten que descubrir quen é o humano e quen é a maquina. En 2014 o bot Eugene Gootsman fíxose pasar por un humano e pasou o test.
Unha das aplicacións do test e o control do spam mediante a captcha.
Turing tamén se interesou na bioloxía, na morfoxénese que e a existencia dos números de Fiboracci nas estructuras vexetais.
Sara Dominguez e Uxía Santos.
Mércores 26 de Novembro do 2014 ás 1:39 pm
Os robots do futuro podrán substituírnos en moitas tarefas cotidianas e axudar as persoas as persoas maiores, con máis dificultades, a vivir máis tempo na súa casa. Cada vez son máis complexos e parecidos ás persoas, pero penso que non poderán chegar a ter sentimentos como as persoas porque se podrían rebelar e non teríamos o control sobre eles.
David García e Nicolás González
Mércores 26 de Novembro do 2014 ás 1:40 pm
Os robots industriais poden realizar fácilmente e con gran rapidez tareas nas cadeas de montaxe, outros poden facer cálculos moi complicados a velocidades de vértigo, etc.
Pero, hasta o momento, aos robots resultalles moi complicado imitar as actividades máis rutinarias que realiza unha persoa na súa vida diaria, como por exemplo, sair pola mañá da súa casa, andar por unha beirarrúa e cruzar rúas evitando os obstáculos, e recoñecer aos amigos que nos encontramos polo camiño hacia o noso posto de traballo.
No futuro os robots terán intelixencia artificial e os seus actos non se diferenciarán dos actos humanos.
Mara Suárez e Lydia Fernández
Mércores 3 de Decembro do 2014 ás 1:35 pm
Selene Rivas e Teresa Nogueira:
Alan Turing é considerado unha das figuras clave do mundo da computación, a informática teórica e a criptografía. A máquina de Turing foi unha das aportacións científicas máis importante, que é capaz de implementar calquera problema matemático que se nos ocurra, coa única condición de que éste se poida expresar por medio de algún algoritmo. O máis importante e interesante, é que a máquina de Turing nos sinala a existencia dunha limitación no universo das matemáticas.
Pensamos que os robots do futuro estarán máis desarrollados, e estarán implicados en todas as nosas tarefas cotidiás, aínda que hoxe en día tamén o están bastante xa.