Un océano no interior da Terra?
Como sabemos a auga ocupa a maior parte da superficie do noso planeta. Pero agora descubriuse que a presenza desta non se limita só á superficie terrestre,todo apunta a que no subsolo existen tamén grandes cantidades de auga,case un océano dentro da Terra. Sen embargo,esta auga non se atopa en estado líquido se non que se atopa “atrapada” nun mineral chamado rigwoodita que,ata ese momento só se atopara en meteoritos. Este océano atoparíase na zona de transición entre o manto superior e o manto inferior.
Este mineral atopouse en 2008 nun diamante en Brasil,e este diamante chegou á superficie terrestre debido a forzas volcánicas. Esta mostra tiña un contido en auga de 1.5%,o que demostra que hai unha gran cantidade de auga no interior da Terra, incluso tanta auga como a que hai na superficie terrestre.Anteriormente xa había teorías sobre a posibilidade da existencia de grandes cantidades de auga no interior terrestre pero nunca se puidera demostrar,incluso o escritor Julio Verne falaba dun océano no interior da Terra no seu libro “Viaje al centro de la Tierra“.
Este foi,sen dúbida un descubrimento moi importante para a xeoloxía xa que obrigaa cambiar,en certo punto,o enfoque con que se analizan fenómenos como o vulcanismo, a tectónica de placas…
Este descubrimento fixo tamén que moitos científicos se plantexaran e existencia de auga no interior de planetas rochosos .
¿Vos credes que realmente pode haber auga no interior da Terra? e,de ser así, ¿como cambiaría esto as cousas?
Tags: descubrimentos, xeoloxía
Luns 7 de Abril do 2014 ás 8:46 am
CAMILA SIEIRO E NOELIA SUÁREZ:
Na nosa opinión si pode haber auga no interior da terra xa que está cristalizada na riqwoodita, e polo tanto é posible e non lle afecta tanto o gradiente xeotérmico. Esto probocaría que cambiase a nosa perspectiva dos materiais que forman a terra pois habería que incluir unha capa de auga cristalizada. Tamén influiría, como xa se di na noticia, en fenómenos como o vulcanismo e a tectónica de placas, xa que nesta última podería o método das correntes de conveción. De todas formas aínda queda moito por investigar.