Un corazón de ouro

A partir de agora, o “Corazón de ouro” non vai ser un órgano exclusivo da xente boa. Grazas á nanotecnoloxía, moitas persoas van poder contar cos beneficios que supón ter un corazón de ouro.

imagen

Un equipo de físicos, enxeñeiros e expertos en ciencia de materiais do Hospital Infantil de Boston e o Instituto de Tecnoloxía de Masachusetss (MIT) combinaron células de músculos cardíacos con pequenos nanocables de ouro para crear innovadores parches cardíacos cuxas células laten ao unísono, o que podería axudar a reparar o corazón de pacientes que sufriron un infarto.

 

 

Que todas as células latan á vez é unha condición fundamental para o bo funcionamento do corazón. As propiedades do ouro adhírense ao tecido cardíaco e melloran a comunicación entre as células, que se contraen ao mesmo tempo sen necesidade de estimulalas.

Este traballo terá grandes aplicacións no tratamento de enfermidades cardiovasculares pero, ademais, podería supoñer un salto na creación de tecidos ao poder utilizarse esta técnica en outras estruturas musculares e incluso en sistemas neuronais para mellorar a interacción entre células.

 

Tags: , ,

6 Respostas a “Un corazón de ouro”

  1. noeliasuarez Dixo:

    Na nosa opinón é un gran avance xa que grazas a isto pode alongar a vida de xente que sufriu infartos. Parécenos moi curiosa a utilización do ouro, xa que non sabiamos que podería aderirse ao tecido cardíaco e mellorar a comunicación entre células. Polo tanto é un gran avance para a creación de tecidos xa que se pode utilizar esta técnica noutras estruturas musculares e en sistemas neuronais.
    Camila Sieiro e Noelia Suárez.

  2. carolinamillan Dixo:

    Grazas a un equipo de físicos, enxeñeiros e expertos en ciencia de materiais de Boston,hoxe en día xa se pode dicir que hai persoas que teñen un corazón de ouro e non só metafóricamente.
    Para facelo posible, este grupo de científicos combinaron células de músculos cardíacos con pequenos nanocables de ouro, para así formar parches cardíacos, desta forma todas as células laten á vez.
    Parécenos un bo descubrimento xa que pode mellorar a vida de moitísimas persoas que padecen do corazón.

    Carolina Millán Barreiro e Ainoa Novás Vaamonde

  3. ivannogueira Dixo:

    As enfermidades cardiovasculares e unhas das principais causas de morte que de deben ao consumo de tabaco, mala alimentación, e problemas fisicos. Polo que este descubrimento poderia ser importante para moitas persoas.

    Iván Nogueira

  4. ivannogueira Dixo:

    As enfermidades cardiovasculares e unhas das principais causas de morte que se deben ao consumo de tabaco, mala alimentación, e problemas fisicos. Polo que este descubrimento poderia ser importante para moitas persoas.

    Iván Nogueira

  5. saradocal Dixo:

    Grazas as novas tecnoloxías parecenos sorprendente que o ouro, xa que é un mineral, pouida axudar a rexenerar un órgano tan complexo e importante na nosa vida como é o corazón. Este preoceso consiste en unir células de músculos cardíacos con pequenos nanocables de ouro para crear innovadores parches cardíacos .Grazas a este avance a calidade de vida tamén mellorará favorablemente.
    Como éste, iranse descubrindo novos avances favorables a saúde, en xeral, que faran que en poucos anos a nosa vida se prolongue.

  6. saradocal Dixo:

    Grazas as novas tecnoloxías parecenos sorprendente que o ouro, xa que é un mineral, pouida axudar a rexenerar un órgano tan complexo e importante na nosa vida como é o corazón. Este preoceso consiste en unir células de músculos cardíacos con pequenos nanocables de ouro para crear innovadores parches cardíacos .Grazas a este avance a calidade de vida tamén mellorará favorablemente.
    Como éste, iranse descubrindo novos avances favorables a saúde, en xeral, que faran que en poucos anos a nosa vida se prolongue. ALBA COMOJO Y SARA DOCAL