Pizza a domicilio… no espazo

Parece algo imposible, pero grazas á NASA esto estará máis cerca da realidade. O invento non é máis nin menos que unha impresora en tres dimensións, que consta de cartuchos recheos dos ingredientes necesarios para facer unha pizza. Estes ingredientes conteñen tódolos nutrientes e sabores dunha pizza común terrestre.

Algunhas persoas cren que o feito de investir 92.000 dólares neste artiluxio é un gasto innecesario, aínda que o que principalmente se pretende é acabar ca maneira de alimentarse dos astronautas, que teñan a posibilidade de tomar outro tipo de comida que non sexa deshidratada. Con esta impresora poderían facer viaxes máis longos sen ter que depender da Estación Espacial Internacional (a súa principal provedora de alimentos).

Según Anjan Contractor, o enxeñeiro mecánico que foi seleccionado pola axencia espacial para desenvolver o invento, este tipo de comida ocuparía menos espazo, podería conservarse máis eficientemente durante ata 30 anos e ademais abriría paso a un menú máis variado para os viaxeiros estelares.

Quen sabe, ó mellor o bo recendo que emite a pizza atrae a seres doutros planetas, e así poderiamos estudar o seu comportamento.

Este é un pequeno video da creación dunha pizza mediante unha impresora 3D:


 

 

Tags: , , , , , ,

3 Respostas a “Pizza a domicilio… no espazo”

  1. davidpadin Dixo:

    É moi interesante como avanza a tecnoloxía, xa que hay dous anos non sabíamos o que era unha impresora 3D, e agora xa podemos fabricar case de todo con elas, aparellos formados por plásticos, comida, próteses humanas… Unha infinidade de obxetos que nos fan o noso día a día máis levadeiro. Concretamente, este novo úso para unha impresora 3D parécenos moi útil, tanto para usar no espazo, como na terra, xa que a quen non lle gustaría ter esta impresora na casa. Cremos que esta é unha tecnoloxía moi novedosa e que se pode aplicar a moitas máis cousas, só é cuestión de investigar.

    David Padín e Irene Maquieira

  2. carolinamillan Dixo:

    Este descubrimento parécenos un gran avance na vida dos astronautas, xa que grazas a esto, terán unha dieta máis variada. Todo esto non sería posible sen a impresora 3D, que tamén foi un gran avance nas nosas vidas.
    O único inconvinte que atopamos é que nos parece moi custoso, xa que 92.000 dólares quizáis é unha cifra excesiva… Ainda que todo sexa para que os nosos astronautas deixen de alimentarse solamente con comida deshidratada!

    Carolina Millán Barreiro e Ainoa Novás Vaamonde

  3. albaserantes Dixo:

    Gabriela Besada e Alba Serantes:
    Este invento parécenos moi interesante. Xa que isto axudará aos astronautas a ter unha alimentación máis variada e rica. Alimentarse a base de pizzas quen non soña con iso? Pois grazas a Anjan Contractor no espazo tamén será posible disfrutar deste manxar, algo impensable fai uns anos.
    E quen sabe se nun futuro, non tan lonxano, todos podremos disfrutar dunha impresora destas na nosa casa.