Finalmente podería Lamarck ter razón?
A epixenética é unha ciencia que se refire aos cambios reversibles do ADN que fai que algún sxenes se expresen ou non dependendo das condicións exteriores e a presión que estas exercen sobre os indivíduos. Polo tanto ven a demostrar que o ADN non é algo inmutable senón que é unha molécula viva no seu dinamismo e interrelacións. Así pois, os nosos descendentes non herdarían soamente un cúmulo de instrucións nos cromosomas senón que tamén unha parte da vida que nós levamos. Hai moitos científicos que relacionan estes descubrimentos coa teoría de Lamarck que era rexeitada porque dicía que os caracteres adquiridos se herdaban e que o ambiente exercía cambios en nós. Parece ser que si podía ter parte de razón, mais hai outras persoas que non están de acordo con que se pareza á teoría lamarckista.
Algúns dos factores que poden facer que a expresión dun xene se “encenda” ou se “apague” son a metilación da citosina do ADN, a modificación de histonas, a impronta xenómica ou incluso os hábitos alimenticios dos nosos antepasados e o trato que nos dan dende pequenos.
Algúns exemplos deste fenómeno son por exemplo:
- Unha pulga de auga que se se ve ameazada por depredadores desenvolve unha especie de muralla defensiva que reaparece na descendencia se son fecundados neses momentos de temor.
- A dieta que a maioría das nosas avoas levaban propicia a que nas nosas xeracións haxa diabetes ou obesidade con máis frecuencia e podería evitarse exustándose dietas específicas durante a xestación. (M. Pembrey)
- Por último, veuse que as ratas dan moita preferencia a emparellarse con ratos cuxos avós non foron inoculados con algún funxicida, como un resto deste se enredara no ADN da rata e os demais o puideran percibir. É dicir, que as ratas parecían escoller á súa parella en función da estrutura epixenética e non por unha diferencia xenética.
Finalmente, é importante dicir que a epixenética está sendo un factor a ter en conta no desenvolvemento de tumores (metilación do ADN) e que por exemplo pode acelerar a metástasis do cáncer de mama.
Tags: ADN, cancro, epixenética, evolución, Lamarck, xenes, xenética
Venres 13 de Xuño do 2014 ás 7:50 pm
J. Antonio Vázquez, Jose Luis Pérez e Claudia María
Este novo descubrimento supón un hito importantísimo no comportamento do ADN e á teoría da evolución de Darwin posto que, a idea fundamental era que os organismos conseguían sobrevivir grazas a mutacións azarosas que os convertían nos mellor adaptados ao medio. Ditas mutacións modificaban o ADN e polo tanto eran transmitidas a xeracións futuras que xa contaban con dita vantaxe; sen embargo, a epixénetica explica que os organismos puideron modificar o seu ADN non por mutacións, senón por cambios no medio que os obrigaron a adpatarse. Co cal, ditos cambios serían propiciados polo ambiente no que vivían e a teoría de Lamarck cobraría forza: “A función fai ao órgano”.
Podería ser que o noso comportamento ou o ambiente no que vivimos determinase o ADN dos nosos fillos?
Por outra banda, a revolución médica que causou a epixénetica é digna de ser nomeada. Moitos científicos cren que grazas a ela poderíanse revertir as mutacións en xenes vinculados co cancro, Parkinson, diabete…
Mércores 10 de Decembro do 2014 ás 12:30 pm
Con este artigo demóstrase que a teoría de Lamarck non era totalmente errónea xa que algúns xenes se expresan de diferente forma dependendo das características do entorno que rodeen ós individuos.
A epixenética pode ser definida como a rama da ciencia que estudia a modificación da expresión xenética producida por medios diferentes dos cambios na secuencia do ADN. Estúdiase a posibilidade de que o medio poda infuír no material xenético modificándoo.
Podemos destacar o exemplo das pulgas de auga que ao verse ameazado por depredadores crea unha muralla defensiva que reaparece nos seus descendentes ó ser fecundado.
Inés María y Sara Dorado