Células nai, un gran avance

Imaxinádesvos poder curar enfermidades dexenerativas (alzheimer parkinson, leucemia…) que ata agora non hai remedio? Ou rexenerar tecidos (neuronas, fígado, sangue, pel…) danados? Isto  xa é posible grazas as células nai.

As células nai son aquelas células dotadas da capacidade de autorrenovación(producir máis células nais) e de orixinar células filla que se converterán por diferenciación en tipos celulares especializados. onxelados a temperaturas de -190ºC en clínicas especializadas.

imagenAplicacións das células nai en medicina, tratando enfermidades como:

 ·         Cáncer: estudos recentes din que as células nai poden servir como vehículo para transportar tratamento efectivo e preciso a tumores illados. Estas células poden ser programadas insertándolles transxenes fabricados con efectos antitumorais que eliminan directamente ás células cancerosas.

          Diabetes:  un grupo de científicos da universidade de Harvard, anunciou que encontraron un composto químico capaz de convertir as células nais pancreáticas en células betas xeradoras de insulina.

       Alzheimer, Enfermidade de Lou Gehrig e Enfermidade de Huntington: investigadores están estudando mecanismos diferentes para aproximarse a estas enfermidades a través da terapia celular. Na enfermidade de Lou Gehrig usáronse as células nai para restaurar as propiedades naturais ás células  para que pouco a pouco o paciente recupere a súa mobilidade.

         Parkinson: transformando as células nai de tal forma que fagan o papel das neuronas, logo que sobrevivan e funcionen como produtoras de dopamina.

        Lesións da espiña dorsal: as células nai poden axudar a reparar o tecido da espiña danado e reparar as función de mobilidade. Estudios publicaron experimentos con ratas as cales lle transprantaron células no cerebro que logo viaxaron a través da espiña destas, incorporándose ao  tecido danado. As ratas puideron restaurar a súa mielina na espiña lesionada mostrando algunha recuperación e camiñando con máis coordinación.

       Enfermidades do corazón:  as células nai poden se transformar en novas células do corazón e  células vasculares do endotelio,  e así fabricar tecido de remprazo a un corazón danado. Os investigadores están pensando que os pacientes con risco de padecer algún infarto doen as súas células por adiantado.

       Artritis: as células nais con capacidade para converterse en condrocitos nos ósos de persoas incluso maiores de 75 anos.

      Queimaduras: terapia con células nai para tratar queimaduras que poden danar extensas partes da pel e provocar marcas no tecido e pérdida de función (ex: falta de tacto, etc).

     Pódense tratar moitas máis enfermidades como: leucemias agudas e crónicas, enemia hereditaria, derrames cerebrais, etc. Como podemos observar estas células son moi útiles e supoñen un gran avance tanto en medicina e para o mundo en xeral.

 

Tags: , ,