O combustible cheo, por favor…de plátanos.

 A base das investigacións  é o aproveitamento dos gases que tanto o plátano como a súa planta, a platanera, xeran cando fermentan. A riqueza en azucres destos gases, e mediante un proceso químico, é posible reconvertilos nun composto moi similar á gasolina convencional.

imagen En varios países produtores de bananas xa se están convirtindo os excedentes e desfeitos desta saborosa froita en biocombustible, unha fonte de enerxía alternativa utilizada para propulsar algúns coches,loxicamente non está preparado para este tipo de combustible calquera coche, que polo xeral se emprearía mesturado, se as investigacións prosperaran tamén sería necesaria a adaptación dos motores.

 A empresa australiana Growcom é pioneira nesta técnica e puxo en marcha una planta piloto na que se está experimentando coa novedosa obtención deste carburante. O proceso para transformar a peladura do plátano dura xeralmente unhas dúas semanas e é costoso, polo que o combustible obtido aínda resulta caro para a súa comercialización.

 

Un dos beneficios é que as peladuras de plátanos e os plátanos en mal estado, que en situación normal irían a parar a un vertedoiro, poderían convertirse nun tipo de biocumbustible, outro dos beneficios é para o archipélago canario, no que hai unha alta tasa de desempleo, podería supoñer una gran fonte de actividade económica, posto que se encontra entre as primeiras potencias mundiais de plátanos.

 Usaremos nun futuro un biocumbustible a base de plátanos para os nosos coches?

 

 

Tags: ,

8 Respostas a “O combustible cheo, por favor…de plátanos.”

  1. laurafranco Dixo:

    O plátano, esa fruta que tanto gusta, pode utilizarse para facer biocombustible, non precisamente os plátanos en bo estado, eses podemos comelos, o que se utiliza para facer o biocombustible son as mondas do plátano e os que están en mal estado. Para axudar a esta técnica, teríamos que facer unha reciclaxe de plátano, que non tería ningún custo para nós.
    Esta técnica de momento é moi custosa, pero nuns anos podería ser viable. Por suposto non se pode utilizar en todos os coches, só nos que teñen un motor adecuado. Este biocombustible nos lugares nos que hai moitos plátanos, como por exemplo as Illas Canarias podería axudar a superar a crise, xa que alí hai moito paro. Se utilizamos o vento e o sol para facer enerxía, por que non utilizar plátanos para facer biocombustibles?

  2. antoniovazquez Dixo:

    Antonio Vázquez e Claudia María
    Nos creemos que este tema é moi interesante. Parécenos incríble que unha fruta como un plátano sexa capaz de crear un biocombustible tan potente como para mover un algúns vehículo. Aínda que de momento este combustible non é moi rentable xa que se emprega moito gasto na súa obtención e na súa comercialización.
    Ademáis do plátano hai outras frutas que tamén serven para facer biocombustible. Estas frutas teñen que ser altas en azucre como ás mazás, limóns ou laranxas.
    Cabbe destacar o feito da reciclaxe das peladuras e plátanos en mal estado.

  3. eloyvidal Dixo:

    Parecenos ben porque farianse fabricas para realizar este proceso e isto disminuiria a tasa de desemprego e seria outra forma mais de fabricar combustible que a que temos a partir do petroleo que e mais contaminante. Pero o inconvinte e que este proceso e largo e moi costoso

    Eloy Vidal e Diego Peso

  4. carolinamillan Dixo:

    Esto parécenos unha boa idea, xa que sería unha nova fonte de enerxía que reduciría a contaminación e os gases de efecto invernadoiro coma o CO2; por outra banda é unha fonte de enerxía sin problemas de esgotamento.

    É necesario investigar e invertir nesta nova forma de biocombustible xa que os nosos recursos de combustibles fósiles estanse a esgotar. Existen outros tipos de biocombustibles, como poden ser o biodiésel, bioetanol, biogás e biomasa. Todos eles aínda teñen que percorrer un longo camiño para poder ser utilizados diariamente.

    David Padín e Carolina Millán

  5. elenareigosa Dixo:

    É moi boa idea ulticilar compostos orgánicos para crear combustible. Sería unha maneira de aforrar, pero por outra parte sería costoso, xa que a súa produción sería moi custosa.
    Pero iso traería consigo empleo, que é o que necesitamos agora. É unha práctica moi eficaz, e se chega a funcionar, penso que revolucionará o mundo. Penso que moita xente preparará o seu motor para poder utilizar este combustible, xa que se procede dunha fruta, penso que non contaminará tanto como o combustible normal.

  6. lorenanerea Dixo:

    BENITO POZA E LORENA

    Quen nos diria a nos que o platano a parte de dar vitaminas tamen sirva para facer biocombustible. Estamos de acordo con que se debería investigar máis sobre isto, non só por que sería un avance na sociedade grandísimo porque tamén beneficiaría como di no post a xente en paro que podería conseguir traballo grazas a isto.

  7. laraotero Dixo:

    Non estaría mal que a partir de frutas, como neste caso o plátano, conseguiramos obter combustibles xa que supoñería deixar un pouco de lado os combustibles hoxe en día empregados para mover motores, por exemplo de coches. Pode que a larga, se se perfecciona esta técnica, sexa rentable modificar os motores dos coches para que se poida utilizar este combustible, beneficiaríase as empresas que o produza e como nos di a noticia, beneficiaríase ao arquipélago canario aínda que prexudicaríanse ás empresas productoras dos combustibles hoxe empregados. Ademais daríaselle un novo uso as peladuras de plátanos e os plátanos en mal estado, cando antes irían a parar a un vertedoiro. É incrible o que a ciencia é capaz de descubrir, como unha fruta que forma parte da alimentación dos humanos pode chegar a mover un vehículo que nós mesmos empregamos para desprazarnos. Estaría ben que nun futuro a hora de botar combustible puideramos decidir entre plátanos ou o combustible que sempre utilizamos, unha libre elección para o consumidor.
    LARA OTERO E MARINA PÉREZ.

  8. antiaotero Dixo:

    Antía Otero e Lucas Abal:
    Para obter este combustible empregase moito gasto e, polo tanto, non é unha saída moi rentable, pero parécenos incríble que unha fruta como un plátano, ou outro tipo de frutas, con tal de que conteñan azuccre, sexa capaz de crear un biocombustible tan potente como para mover un vehículo, e poderíamos seguir investigando nesta liña pra poder averiguar se hai algunha forma de que sexa rentable e beneficioso este tipo de combustible xa que poderíase convertir nunha nova fonte de enerxía limpa e axudar ao medio ambiente.