Liberar adrenalina para sentirse “vivos”
A adrenalina é unha hormona secretada polas glándulas suprarrenales, ante unha situación de perigo. Fai que reaccionemos instantaneamente ante esa situación de emerxencia.
A adrenalina fai que o noso sistema nervioso ”hiperactive” ante esa situación de alarma: acelera o ritmo cardíaco e aumenta a presión sanguínea, aumenta a respiración para que o sangue se osixene o antes posible, dilata as pupilas para que aumente a capacidade de observar, o sistema dixestivo detense para deixar que entre máis sangue nos músculos, saca as nosas reservas de glicóxeno para que os nosos músculos teñan o máximo de combustible. Tamén estimula o cerebro producindo dopamina, hormona que produce sensación de benestar.
Hai persoas que realmente senten a necesidade de liberar dosis extra de adrenalina practicando deportes de risco, conducindo a gran velocidade, etc. Isto produce un estado momentáneo de euforia, de máxima enerxía e capacidade de acción ( sentirse “vivos”). Despois a persoa sente unha agradable sensación de relax grazas á liberación de endorfinas.
O exceso pola liberación de adrenalina pode acabar danando ao noso organismo. Chegando a afectar ao sistema nervioso, xa que ese está preparado para aguantar situacións de estrés puntuais. En casos extremos, o noso sistema inmunolóxico pode empezar a fallar, algúns investigadores creen que a liberación continuada de adrenalina podería ser un dos factores que colaboran na aparición de enfermidades como a fatiga crónica e a fibromialxia.
É en realidade necesario liberar adrenalina?
Luns 16 de Decembro do 2013 ás 9:28 am
Cinthia Dios e Mariña Dios:
Ningunha das dúas fixo deportes de risco, pero si que fomos en montañas rusas e a sensación é realmente incrible. Saltar desde un avión ou facer puenting é algo que todo o mundo debería poder probar porque seguro que é unha experiencia única que che dá unha gran satisfación. Se xa sabemos o que é sentir a adrenalina antes dunha competición ou nunha atracción, non nos queremos imaxinar o que pode significar saltar ao vacío. O problema, é que hai que ter coidado co exceso de liberación desta hormona pode acarrear consecuencias negativas para o noso organismo.
Luns 16 de Decembro do 2013 ás 9:38 am
MARCOS E NOELIA:
Na nosa opinión, parécenos interesante a idea de liberar adrenalina, pero sen excederse. Gustaríanos practicar moitos dos deportes que aparecen no vídeo. Por outro lado, a adrenalina en exceso , como se menciona na noticia, pode ser perxudicial para o noso organismo podendo provocar enfermidades. Pero, por outra banda, se nos preocupamos tanto polos efectos negativos non poderemos facer nada, nunca. Hai experiencias como o paracaidismo que toda persoa debería practicar nalgún momento da súa vida.Polo tanto convidamos a todas as persoas a realizar deportes de risco e apoiamos a todos aqueles que os practican.
Martes 18 de Febreiro do 2014 ás 1:48 pm
A idea de facer deportes extremos para liberar endorfinas e despois sentirse relaxado parece moi boa, xa que polo que di este post e faborable para algunhas cousas, pero coma todo, non se pode facer uso destes deportes de maneira excesiva porque como dí o post, o seu exceso pode provocar fatiga crónica e fibromialxia.
Martes 1 de Abril do 2014 ás 9:22 pm
Gabriela Besada e Alba:
Todo o relacionado cos deportes de risco, a sensación de perigo e a liberación de adrenalina son unhas actividades moi extentidas e populares na nosa sociedade, sobre todo entre os xóvenes. Estas actividades soen provocar o chamado “subidón”, unha euforia efímera e desbordante grazas a adrenalina liberada. Snowboard, escalada,paracaidismo, puénting, etc son das actividades cotizadas e que seguramente nós fagan sentir máis vivo. Pero hai que ter coidado e un control con un exceso desta hormona, xa que pode producir danos e fallos no noso corpo.
A nós encantarianos prácticar calquera deporte de risco, pero sobre todo puénting e paracaidimos, porque de vez en cando liberar un pouco de adrinalina tampoco ben mal.
Martes 1 de Abril do 2014 ás 9:23 pm
Esta noticia fala da adrenalina, esa hormona segregada polas glándulas suprerrenais nunha situación de perigo ou emerxencia. A adrenalina fai que o noso sistema reaccione nesas situacións de alarma, como por exemplo cando vamos nunha montaña rusa ou como cando nos tiramos ao vacío na práctica do chamado puenting. O noso sistema nervioso ao reaccionar fai que aumente o ritmo cardíaco, que aumente a presión sanguínea, que se dilaten as pupilas aumentando o campo de visión e moitas máis cousas. O cerebro cando a hormona da adrenalina fai funcionar a alarma fai que o cerebro se estimule producindo outra hormona como é a dopamina, unha hormona que produce unha situación de benestar.
Moitas persoas necesitan descargar toda a adrenalina entrando nun estado de euforia, de liberación de enerxía que os fai sentir vivos, pero como en exceso é malo e esta non iba a ser a excepción. O abuso destas prácticas para soltar adrenalina (como dixen antes a través de deportes de risco) pode perxudicial para o noso sistema nervioso, o cal non está acostumbrado a tantas situacións de extrés. Enfermidades como a fatiga crónica e a fibromialxia poden ser provocadas polos abusos nestas prácticas.
Eu persoalmente nunca tiven a sorte de liberar adrenalina da forma máis brusca, practicando deportes de risco, pero si que tiven a oportunidade de liberala nas montañas rusas máis rápidas e elevadas como o Dragon Kan, e a verdade que a sensación que tes ao baixar e moi relaxante. Algún día gustaríame liberar a adrenalina facendo puenting por exemplo, ao principio costa polos nervios, pero despois de soltala a sensación debe ser inmellorable. Eso sí, facelo unha vez, pero non con moita frecuencia, xa que como dixen, todo en abuso é malo.
Venres 4 de Abril do 2014 ás 1:01 pm
Antía Otero e Lucas Abal.
Os deportes de risco fan que se libere a adrenalina necesaria pra que noso corpo disfrute ese pequena liberación, na nosa opinión, todo o mundo debería facer algún dos deportes que se ven no video algunha vez na súa vida, xa que a sensación é incríble, pero tamén hai que ter en conta os riscos que existen cando practicas este tipo de deportes, e hai que tomar moitas medidas de precaución e asegurarnos, xa que un accidente pode acabar coa nosa vida ou deixarnos con algunha lesión polo resto da nosa vida. O mesmo ocorre cando vemos películas de medo. O noso cerebro sabe que noon hai perogo real e pode disfrutalo.
Venres 4 de Abril do 2014 ás 3:24 pm
Antonio Vázquez e Claudia María
Nos pensamos que a liberar adrenalina é completamente necesario ademais de beneficioso. Ademais, a sensación de liberdade e de paz cando practicas deportes de risco, como paracaídismo despois de saltar, debe ser incríble. A nos, especialmente, gustaríanos facer puenting ou paracaidismo. Sabemos que non fai falta practicar un tales deportes para liberar adrenalina, pero é certo que eses métodos son os máis estimulantes. Está claro que hai que saber cando parar e non é recomendable abusar desta hormona. Ademais das enfermedades citadas, tamén existen casos de persoas que se volven adictas á adrenalina.