CASCUDAS TELEDIRIXIDAS
Dous enxeñeiros da Universidade de Michigan, Greg Gage e Tim Marzullo fundaron a compañía Backyard Brains pola súa experiencia de traballo con xóvenes interesados na neurociencia. O seu obxectivo é ensinar aos nenos a controlar as mentes dos insectos. Querían ensinarlles como sonaba a actividade cerebral pero os equipos eran demasiado caros para a demostración. Inventaron un microcircuito para oír e ver a actividade cerebral dos invertebrados. Nos últimos 3 anos traballaron nun produto que agora se empeza a vender, o Roboroach, presentado como o primeiro cyborg ao alcance de calqueira. O dispositivo contrólase dende unha aplicación móbil, e o mecanismo está deseñado como unha mochila que se incorpora ao insecto despois dunha operación que ten que realizar o usuario. A frecuencia de estímulos é semellante á que se emprega para tratar aos enfermos de Parkinson. Despois duns 20 minutos de descanso, o insecto olvida como superar as ordes externas e vólvese a comezar. PETA, xa denunciou á empresa por violar as reglas contra a crueldade animal. Os enxeñeiros aseguran que as cascudas non sofren xa que explican como anestesialas meténdoas en auga xeada, e que non é un xoguete cruel, sénon unha maneira de educar aos interesados en neurociencia.
Opinas o mesmo que a PETA, ou estás a favor das ideas dos enxeñeiros?
Tags: cascudas, insectos, neurociencia
Venres 4 de Abril do 2014 ás 5:58 pm
Antonio Vázquez e Claudia María
Na nosa opinión, a PETA ten razón, aínda que sexa unha cascuda, non deixa de ser un ser vivo e merece gozar de autonomía. Nós non somos quen para esclavizar a outro animal. Aínda que a cascuda non sufra dano físico algún, si a estamos maltratando ao anular a súa vontade e manípulala como queiramos. Persoalmente, non nos parece ético dominar así a un ser vivo co único obxectivo de introducir aos xovenes no campo da neurociencia. A vida doutro animal non é un xoguete e non se pode pretender controlala cun móvil.
Venres 4 de Abril do 2014 ás 7:46 pm
Marta Pérez Diz e Andrea Iglesias Núñez
Nos estamos de acordo coa denuncia feita por PETA, xa que cremos que o experimento das cascudas teledirixidas, viola as leis da natureza; ademáis consideramos que é unha crueldade o que sofre o insecto, por moito que digan que as meten en auga conxelada para “anestesialas”, polo que supostamente non se dan conta do que realmente está a pasar, que as están a manexar.
Entendemos que intenten buscar novas formas para facer entender a neurociencia e facela máis amena e atractiva; o que non entendemos é que o fagan empregando seres vivos, porque polo de agora só foi un insecto (as cascudas) pero, e si máis adiante deciden experimentar con máis especies ou inclusive con persoas humanas?
Deberían buscar outra forma de educar aos interesados na neurociencia.