Somos máis parvos que fai 100 anos?

Podemos definir a intelixencia como a capacidade mental que teñen os individuos de comprender os sucesos que lle rodean.

Segundo unha investigación realizada en conxunto por varios científicos europeos, cada vez somos menos intelixentes. O coeficiente intelectual das persoas diminuíu 14 puntos con respecto a finais do siglo XIX. As razóns están na xenética (xa que as persoas intelixentes tenden a reproducirse en menor cantidade) e na comodidade da vida actual (gracias aos avances tecnolóxicos cada vez necesitamos usar menos a nosa intelixencia).

imagen

Esta investigación analizou a velocidade de reacción das persoas ante certos estímulos, representando a rapidez do seu proceso mental e que desemboca na orden do cerebro ao corpo, para que realice certa acción. Os investigadores compararon ante os resultados dunha proba que se realizou nos anos 1884 e 2004. Nela, mídese a chamada reacción visual a estímulos. Os participantes, debían presionar un botón apenas visualizan certa imaxe. No ano 1884, o tempo promedio de resposta foi de 194 milisegundos. No 2004, este subeu aos 275 milisegundos. Os métodos e instrumentos utilizados foron os mismos, polo que os seus realizadores consideran que os resultados son perfectamente comparables.  Según o científico holandés Dr. Jan te Nijenhuis, o tempo de procesamento e reacción, é un indicador claro de nivel de intelixencia, de alí as conclusións que se publicaron nun artigo chamado “¿Eran los Victorianos más inteligentes que nosotros? El declive en la inteligencia general, estimado en un meta análisis de la lentitud de los tiempos de respuesta simples“. 

Existen moitas teorías sobre por que diminuíu o coeficiente intelectual dos seres humanos. Unha delas, como xa vimos antes, é que as mulleres de gran coeficiente intelectual, tenden a non ter fillos ou ter moita menos descendencia e así baixan as posibilidades de que persoas moi intelixentes se reproduzan entre sí. Outra teoría, é que a xente se relaxou demasiado, xa que o esforzo para encher as necesidades é cada vez menos, polo que o noso cerebro, non debe traballar moito para encontrar formas de conseguir o que require. As novas tecnoloxías afectan moito ao noso cerebro, como por exemplo internet, que tras a súa aparición, xa non é necesario recordar tantos datos como antes, posto que cos motores de búsqueda, axendas virtuais e a capacidade de almacenar información, deixamos que os nosos aparatos o fagan todo.

Este é un estudo moi polémico. Eu non creo que sexamos máis parvos, senón que desarrollamos máis outras áreas da nosa intelixencia, que son máis importantes para o mundo no que vivimos actualmente. Vós que credes?

 

Tags: ,

6 Respostas a “Somos máis parvos que fai 100 anos?”

  1. aliciasantorum Dixo:

    Como ben dí esta noticia cada vez necesitamos utilizar menos a intelixencia , isto débese entre outras moitas cousas a internet. Grazas a esta tecnoloxía podemos atopar casi calquer cousa sin prácticamente ter que pensar.
    Hoxe en día temos moitos avances tecnolóxicos que nos permiten ter unha vida máis fácil.
    Os nosos antepasados non dispoñían de calculadoras que lles axudaran a facer complexas operacións matemáticas , recurso que nesta época todos temos.
    A xente de épocas anteriores non tiñan tantos estudios coma nos e sin embargo eran máis listos, a qué se debe isto?
    Na miña opinión débese a que nós estamos moi acostumados a que nos den todo feito e a non ter que utilizar a cabeza con moita frecuencia. A xente de fai anos tiña que utilizar a cabeza para todo e non tiñan axuda de ningunha tecnoloxía como internet ou mesmo a televisión. Posiblemente nós non saberíamos facer moitas cousas que eles facían sin buscálas antes en internet.
    A miña pregunta é: chegará un punto no que non saibamos facer nada sin as tecnoloxías?
    Vós que credes?

  2. laurachazo Dixo:

    Laura Chazo e Isabel Portas:

    Nos pensamos, que xa que nesta época hai moita máis tecnoloxía que fai 100 anos, ás persoas danllo todo feito , e entón non se van a poñer a funcionar as neuronas como se debería,para por sí mesmos, poder buscarse a súa vida,como se facía anteriormente, e poder resolver problemas que lles sucedan.

    Unha das razóns da diminución do coeficiente intelectual das persoas é a aparición do internet,dado que hoxe en día en internet encontramos respostas para todo o que precisemos,o que diminúe o impulso das persoas a resolver por si mesmos os seus problemas.Porque se as persoas,maioritariamente a xuventude, non estivesen tan pendentes das novas tecnoloxías terían moitos máis coñecementos.Pero desafortunadamente como podemos ver en todos os medios de comunicación,as novas xercacións nacen coas tecnoloxías nas mans e teñen unha ampla facilidade de aprendizaxe nese campo.

  3. laurafranco Dixo:

    Na miña opinión non é que perdamos intelixencia, se non que agora desenrolam osoutras áreas do noso cerebro, pois as que antes desenrrolábamos a día de hoxe xa non son tan precisas. Pódese creer que coas tecnoloxías xa non pensemos tanto, pois podémolo buscar todo en internet, non fai falta memorizalo, pero aínda que non utilicemos o noso cerebro para eso, precisámolo para tarefas que antes non estaban no noso día a día. No século XIX as tecnoloxías non existían,polo tanto esas áreas do cerebro non se utilizaban. Eu non creo que o feito de que os intelixentes non se reproduzan tanto como antes, sexa motivo de pérdida de intelixenciana especie humana. Non se reproducen coma antes os intelixentes e tos non tan intelixentes. Hoxe en día haixente cun elevado coeficiente intelectual, é dicir, intelixente como fai un par de séculos, seguehabendo moitos grandes descubrimentos, que non saen si non dunha base intelixente, ducha persoa que non busca as cousas en internet, dunha persoa que pensa, que sabe. En definitiva, non creo que haxa unha perda de intelixencia con respecto ao século XIX, simplemente desenrrolamos áreas diferentes do noso cerebro. Por último, non todos somos iguais, sempre os hai máis listos e menos listos.

  4. martaperezdiz Dixo:

    marta e andrea
    Según este estudo,o noso coeficiente intelectual diminuiu 14 puntos nos últimos dous séculos. Esto contradí o chamado EFECTO FLYNN,según o cal o coeficiente intelectual das persoas aumentaba cada ano dende a Segunda Guerra Mundial.
    Hai varias teorías que afirman que o noso coeficiente intelectual baixou pero,na nosa opinión,a parte diso,cada vez volvémonos máis vagos debido a que as novas tecnoloxías(ordenadores,calculadoras,etc.),nos facilitan a vida,ata tal punto que xa non nos esforzamos tanto en pensar as cousas.

  5. sarafalcon Dixo:

    Dende o S.XIX a intelixencia humana baixou moitos puntos e somos, polo xeral, máis lentos.
    A xente intelixente non ten moitos fillos, e é unha sabia decisión pois damos moitos custos económicos.
    Na miña opinión a intelixencia non varía mediante os anos, todos temos a mesma capacidade intelectual pero uns máis desarrollados que outros. Non toda a xente opina igual, e suponse que os investigadores son os que máis saben sobre este tema, pero non estou de acordo con que digan que a nosa intelixencia baixase só porque tardamos máis tempo en advertir os estímulos.

  6. davidpadin Dixo:

    Eu creo que a intelixencia, non solo é adquirida, tamén hai que estimulala, pode ser que hoxe en día teñamos menos axilidade mental, pero actualmente o noso desenrolo cerebral estase a enfocar cara as novas tecnoloxías, xa que non é estrano ver a un rapaz que pequena idade manexar perfectamente un “smartphone” ou unha “tablet”. Eu creo que a palabra adecuada non sería parvos, se non que temos unh carencia de estímulos e unha serie de axudas diarias que fan que a gran maioria nos acomodemos e non desenvolvamos todo o noso potencial mental.