Radiacións, teléfonos móbiles e saúde

Como parte das charlas científico-literarias que cada ano organiza o departamento de dinamización lingüística do IES A Basella, o próximo 11 de Abril contamos co neurofisiólogo Xurxo Mariño que nos falará dos efectos dalgunhas radiacións sobre  a nosa saúde.

imagen

Xurxo Mariño é Doutor en bioloxía, profesor da Universidade da Coruña e membro do grupo Neurocom e de varias sociedades científicas máis. Pero é ademáis, un gran divulgador científico. Participa en webs de divulgación científica (culturagalega.org ou naukas.com), organiza “café-teatro-científicos” e ten publicados varios libros de divulgación científica: “Os dados do reloxeiro” 2005, “Po de estrelas” 2008 e “Neurociencia para Julia” 2012.

Espero que disfrutemos moito da súa visita.

 

Tags: , , , , ,

31 Respostas a “Radiacións, teléfonos móbiles e saúde”

  1. Luis Vázquez Dixo:

    Xurxo Mariño dounos unha charla sobre si producían ou non as radiaccions dos mobiles efectos sobre os seres humanos, empezounos a explicar un pouco o tema das radiaccións e as catro forzas que había: da gravidade, electromagnética, forte e débil.
    Xurxo díxonos que as antenas telefónicas non nos afectaban porque estábamos debaixo delas, unicamente nos afectarían se estivesemos nun helicóptero a certa altura e nos impactaran directamente, pero tal e como están postas, as ondas pasan por enriba de nós, ao contrario, sería bo que hubera máis antenas para que así a cobertura mellorara e os móbiles non tivesen qyue emitir tanta radiación para chegar as ondas ata as antenas. Díxonos tamén que as radiaccións dos raios UV que nos parecen tan pouco perxudiciais, son peores para a saúde humana posto que están máis arriba no espectro, cousa que non nos damos conta. A conclusión á que puden chegar eu foi que as radiaccións dos móbiles non son tan perxudiciais como din pero tampouco podemos estar as 24 horas do día pegados a un teléfono porque moi bo non pode ser…

  2. María Pintos Dixo:

    A charla que dou Xurxo Mariño baseabase na pregunta: As radiacións das novas tecnoloxías afectan aos seres humanos? Explicou as radicións e tocou tamén o tema da gravidades.
    Xurxo esplicounos o tema das antenas de telefono e dixonos que no son perxudiciais para os humanos como a xente di, xa que nos estamos debaixo de elas, en cambio si estuveramos a súa altura si serían perxudiciais.
    A conclusión que saquei desta charla é que estar algunhas horas do día co móvil non é perxudicial para a nosa saúde, pero tampouco pode estar un todo o día pegado a él.

  3. Carmela Otero e Ana Longo Dixo:

    Baixo o noso punto de vista a charla foi moi amena,explicou temas moi complexos sobre as radiacións con palabras sinxelas e que nos comprendemos perfectamente sobre o efecto que teñen en nós.
    Dixo que os móbiles non nos afectaban debido a que a súa radiacción non era o suficientemente potente pero ainda así era superior á das antenas de telefonía móbil cuxa instalación acostuma a xerar polémica.
    O único inconveniente das radiacións dos móbiles e que aumenta un grao a temperatura do cerebro pero que son moito mais perigosas as radiacións UV das que non nos previmos tanto.

    Carmela Otero e Ana Longo.

  4. luciapaz Dixo:

    A charla que nos dou Xurxo Mariño tiña como obxectivo ensinarnos que a radiación dos teléfono móbiles non tiña ningún efecto sobre a nosa saúde e, para iso, explicounos varias cousas sobre a radiación e as forzas electromagnética, forte, de gravidade e débil.
    Tamén nos ensinou o funcionamento das nosas neuronas, como se comunicaban entre elas e o ruido que producían,o cal para min foi o máis chamativo, pois non sabía que as nosas neuronas puidesen facaer tanto ruido dentro da nosa cabeza.
    A charla de Xurxo Mariño ensinoume que, aínda que as radiacións dos móbiles non sexan perigosas, non se debe abusar do seu uso.

  5. Adrián Núñez Dixo:

    Esta charla de ámbito científico-literario que nos presetou Xurxo Mariño, membro do grupo Neurocom e de varias outras sociedades asociadas o ámbito cientifico, foi moi interesante pola gran cantidade de aportacions que explicou a través das radiacions do propio telefono móvil que pode producir algún efecto sobre os humanos.
    Aparte de todo isto explicounos as catro forzas que existen. Tamén estivo presente o efecto invernadoiro,que polas raios ultravioletas e a gran cantidade de CO2 quedan retidos na atmosfera o que fai quentarse esta. Os raios UV son moi prexudiciais para a nosa saúde poidendo producir cancro de pel.
    Estas charlas son de gran consideracion pola gran cantidade de información que aportan.

  6. Olalla Sabarís e María López Dixo:

    A charla de Xurxo Mariño foi moi interesantes, explicounos o traballo que el realizaba de maneira simple e entendible, tamen nos sacou as nosas dudas sobre si o uso de telefonos mobiles e a cercania de antenas telefonicas nos podian perxudir na nosa saude, a esto respondeunos que non tiñan ningun efecto dañino soamente o uso de teléfonos podía aumentar a nosa temperatura hasta un grado centígrado en caso de usalo durante moito tempo, e en canto ao uso das antenas dixonos que estar cerca delas ou vivir cerca non supoñía ningun perigro para a saude, solo nos podría afectar si nos puxeramos con un helicoptero xusto enfronte a antena de telefonía, e incluso a solucion estaria en poñer moitas mais antenas xa que asi a radiacion sería menor en cada unha delas.

  7. Antía Moreira Dixo:

    O profesor Xurxo Mariño veunos dar unha charla o 11 de Abril o IES A Basella. A charla foi bastante interesante, trataba un tema do que no día a día fálase moito. A pregunta era si as radiación do teléfono móvil son perxudiciais, boas, ou se simplemente non fan nada. Moita xente cuestiónase esto todos os días. Tamén falou das catro forzas fundamentais, gravidade, o electromagnetismo, interacción nuclear débil e interacción nuclear forte. Tamén falou das antenas dos teléfonos e falounos dos electróns. A charla gustoume moito.

  8. Joel Oubiña Mougán e David Dios Iglesias Dixo:

    Xurxo Mariño acudiu ao noso centro a presentarnos unha charla científico-literaria sobre si os móbiles producian radiacións nos seres humanos tanto ao falar por teléfono como se o temos cargando ao noso lado ou debaixo da almofada de noite.
    Ao comezo tamén nos introduciu un pouco no tema falando da existencia de catro forzas que son: gravidade, forte, débil e electromagnética . Despois de falar desto Xurxo explicounos que os teléfonos móbiles non nos perxudicaban moito nin nos producian moitas radiacions xa que esta radiacion só chegaria a nos se estivesemos a unha altura determinada.
    De seguido Xurxo sacou un obxecto que media a radiacion que había na sala donde nos atopabamos e cada vez que interceptaba radiacion soaba un pitido. Para rematar falounos que as radiacións UV , as que nos lle damos tan pouca importancia , eran moi perxudiciais para os seres humanos e ainda que os móbiles non nos perxudiquen moito, se estamos moito tempo pegados a estes si que nos poderian producir radiacións, incluso aumentarian a nosa temperatura corporal en 1º celsius.

  9. AndreaOtero e LauraDios Dixo:

    O día 11 de abril recibimos unha charla do doutor Xurxo Mariño que é membro do grupo Neurocom,que investiga o funcionamento do sistema nervioso na Coruña.

    Esta charla fíxonos reflexionar sobre os riscos que teñen os aparellos electrónicos, as radiacións as que nos sometemos cada vez que as empregamos, como por exemplo o teléfono móvil que é empregado a todas horas por nós.

    Xurxo fixo unha demostración cun aparello mostrando a radiación que había na sala nese momento.
    Aparte disto falounes de diversas cousas como, das catro forzas que existen,dos raios ultravioletas…

    Pareceunos moi interesante xa que nos falou de aparellos utilizados día a día.

  10. Jessica Silva Dixo:

    A charla que nos deu Xurxo Mariño foi moi interasante xa que trataba sobre os efectos nocivos que as radiacións das novas tecnoloxías producían en nós. Contounos que si pasabamos moito tempo preto dun teléfono móbil encendido, aínda que non o esteamos usando,o efecto que produce en nós é prexudical, xa que o noso cerebro pódese chegar a quentar ata un grao. Tamén nos dixo que producía máis radiación un móbil que unha antena telefónica debido a que a antena emitía por encima das nosas cabezas, mentres que o teéfono móbil emite radiación á nosa altura.
    Para reducir isto opino que a poboación debería etar máis concienciada destes efectos.

  11. cristinaperez2 Dixo:

    Na charla do outro día, Xurxo Mariño falounos sobre as radiacións, sobre si influía ou non negativamente as radiacións dun teléfono móbil sobre o noso corpo. A conclusión que eu saquei de todo iso, foi que as radiacións que solta o noso teléfono móbil non inflúen, e non nos fan dano (si non pasamos horas e horas co teléfono na orella, claro), hai radiacións que inflúen moito máis en nos ca esas. Tamén nos falou sobre as neuronas e escoitamos os impulsos eléctricos que elas daban para comunicarse. Outra cousa que me pareceu moi interesante do que dixo, foi que, ao contrario do que eu pensaba, non inflúe vivir moi preto dunha antena de telefonía móbil, non temos máis posibilidades de coller cancer por eso, si non que só nos poden producir algunhas queimaduras, nada máis.
    Pareceume unha charla moi interesante na que aprendemos bastantes cousas.

  12. albaalvarez Dixo:

    Nesta charla Xurxo Mariño explicounos o tipo de radiacións que emitían os telefonos móviles e se estes son perxudicais para a nosa saúde. Para que todos tivesemos una idea do que ía a falar, empezou por explicarnos o que son os átomos e de que estan formados, e tamén das catro forzas que hay: a electromagnética, a gravidade, a forza nuclear forte e a forza nuclear debil. Explicounos que para que un movil tivese covertura tiñanlle que alcanzar unhas ondas producidas polas antenas telefónicas, e que dende máis cerca estas dunha delas dendo máis covertura tes. Explicounos un caso duna civilización onde habian construído unha desas antenas, e que a población protestou para que quiten esa antena porque crían que lles iba a afectar, pero niso se equivocaban, porque esas ondas producidas polas antenas son muy débiles como para afectar e penetrar o noso corpo. Esa xente en vez de pedir que a quitasen, deberían haber pedido que fixeran máis, porque dende máis hai dendo menos afecta.

    Así que ao final resulta que as radiacións do móvil non afectan o noso corpo, al menos que estemos moitas horas seguidas co movil pegado ó seso, pois produciría un aumento de temperatura.

    En xeral, esta charla foi moi interesante e sería bo se huibese mais desde tipo.

  13. nayradios Dixo:

    Xurxo Mariño veunos mostrar unha pequena charla moi importante sobre a radiación para informarnos das suas verdadeiras consecuencias. Por exemplo os telefonos mobiles tanto como nos preocupan non son tan perxudiciais como pensabamos se os usamos durante un determinado tempo o unico que nos pode causar é que aumente 1ºC a nosa temperatura corporal ,por eso podemos desmentir esos mitos de que os mobiles poden probocar enfermidades graves dado que teñen moita menos radiación que os raios UVA, raios X, o microondas…
    Tamén hai xente que replica a instalación de antenas dado que se pensa que son perxudiciais para a saude, e do que nos deberíamos queixar e de que hai poucas. Habería que pedir que instalen mais antenas para que o telefono mobil teña a suficiente cobertura e non teña que aumentar a sua onda, o que fai que sexa mais prexudicial.
    Alicia Bello e Nayra Dios

  14. davidgarcia2 Dixo:

    DAVID GARCIA E ALVARO SANTOS:

    Na charla dada por Xurxo Mariño na basella informounos de si son ou non perigosas as ondas electromagnéticas que emiten e reciben os móbiles. Moita xente cree que os mobiles son perigosos para a saúde xa que podrían producir cambios no ADN das células do noso cerebro. Informounos de todo tipo de ondas e foi moi interesante xa que nos creíamos que estar tanto tempo co teléfono mobil podería ser perigoso pero resulta que as ondas perigosas son a radiación solar e os raios gamna, etc. As ondas electromagnéticas que emiten os mobiles e as torres da que obteñen ondas os móbiles non son perigosos, xa que non alcanzan o nivel de perigo e o único que nos producen e chegar a aumentar un grado de temperatura a nosa cabeza. Con dous aparatos detectou radiación, e deunos a ver que estamos rodeados de radiación e vivimos expostos constantemente a ela. Foi unha charla moi informativa e resolveu moitas dudas que tiñamos sobre as ondas e a radiación. Aconsellaría informarse así a todas as persoas que utilicen mobil e aparellos constantemente.

  15. josemartinez Dixo:

    Xabier e José:

    As radiacións son malas para a saúde sempre e cando sexa unha exposición prolongada que pode levar a un aumento da temperatura de ata un grado centígrado.Sen embargo esto non sería perxudicial para a saúde das persoas e porén nós creemos que a radiación dos móviles non é perxudicial para a saúde humana.

  16. Pablo Rodríguez Dixo:

    Xurxo Mariño veu a darnos unha charla o día 11 de abril sobre as radiacións e, concretamente, das radiacións electromagnéticas.
    Para empezar a charla comezou a falar das 4 forzas e dos tipos de radiacións: as ionizantes e as non ionizantes. A radiación que utilizan os teléfonos móbiles son do tipo non ionizante, polo que non poden producir cambios no noso corpo. Só fan mover as partículas con maior velocidade, feito que provoque que suba a temperatura do noso corpo un grao centígrado (1ºC).
    Tamén falounos das torres telefónicas, as cales explicou, que non fan dano ningún pero que poden producir algunha queimadura se se está cerca moito tempo, e que deberían colocar máis torres de telecomunicacións porque ao haber poucas os móbiles necesitan emitir máis radiación para que poida chegar ás antenas e non emitan tanta radiación.
    Polo tanto a radiación electromagnética non é tan prexudicial como a xente pensa, pero tampouco se debe estar co móbil todo o día.

  17. isabelportas Dixo:

    ISABEL PORTAS E SERGIO GRANDE:

    A charla que nos deu Xurxo Mariño, foi interesante, xa que nos explicou as catro forzas, a electromagnetica forte e débil,a gravitatoria.
    Comentounos que as radiacións dos raios UVA que nos parecen que non son nada perxudiciais para a saúde humana,si o poden ser.
    Os raios infravermellos son os raios que non son perigosos para a saúde.
    Tamén a xente pode estar preocupada polas antenas de telefonía móvil, pero en cambio ,polo que nos explicou este científico, ata sería bo que tivesemos cerca máis antenas, xa que canto máis preto menos daño fan.

  18. josepineiro Dixo:

    Diego Gómez e Jose Piñeiro

    A semana pasada Xurxo Mariño visitounos para darnos unha charla educativa sobre a radiación que producen os teléfonos móviles.A maioría de nos tiña unha idea equivocada sobre a radiación dos teléfonos,xa que pensabamos que a exposición continuada ao teléfono movil podía producir cancros e outras enfermidades derivadas da radiación,teoría que nos foi contradita xa que os teléfonso so producen radiación cando teñen a mínima cobertura,pero inda así e moi estrano que produzan enfermidades.

  19. aaroncordero Dixo:

    AARÓN CORDERO E BRUNO LEMIÑA
    Moi interesante a charla deste gran científico, ensinounos que as radiacións das novas tecnoloxías non son dañinas para o noso corpo.
    Deixou ben claro que as historias de que as antenas podían producir cáncer son mentira e que ao contrario do que se di, cantas máis haya mellor porque non fará falta tanta intensidade polo que as radiacións son moito menos dañinas.
    Tamén nos explicou as catro forzas que había: a da gravidade, a electromagnética, a forte e a débil.
    Resultou unha charla moi agradable e levadeira xa que nos ensinou moitas cousas moi curiosas como a presenza de electróns atravesando o noso corpo a cada instante. Dámoslle as grazas e esperemos que haya mías charlas así.

  20. Anxo Villanueva Doval Dixo:

    Xurxo Mariño veunos a dar unha charla e aclarounos varias cousas que a moitas personas téñenas preocupadas como é a radiación provocada polas ondas das antenas de móvil e se é perxudicial estar sempre co movil,… Dixo que realmente non había risco coas antenas xa que as ondas nos pasan por encima e non nos poden dañar, no caso dos móviles non é bo estar todo o día con el pegado á orella pero en principio non corremos risco.
    Outro tema é as 4 forzas que hai.Nomeuo o problema do efecto invernadoiro e dos raios UV.

  21. Andrea Chaves Pouso e Iván Rial Dios Dixo:

    Xurxo Mariño veunos dar unha charla para informarnos das radiacións que existen. Por unha banda existen as radiacións ionizantes. Estas son malignas, como por exemplo os raios X. Por outra banda existen as radiacións non ionizantes. Un exemplo destas radiacións son as dos teléfonos móviles, televisión… Ademais díxonos que en todo momento estamos recibindo radiacións de moitos tipos, pero a maioría non son malignas.

  22. rosagarcia Dixo:

    Xurxo Mariño, veu dar unha charla e deunos a coñecer as diferentes radiacións; grazas a el, puidemos desmentir que as radiacións dos móbiles non son tan perxudiciais como se pensa, é dicir, que os prexuízos que temos son unha crenza popular que se manifesta sobre todo en persoas de unha idade máis avanzada que consideran as novas tecnoloxías como algo extraño e moi afastado deles, pero sobre todo sempre como algo moi perxudial. A xustificación que se dá é que as antenas dos teléfonos móbiles, van por encima de nós e non a través, por iso non nos fan dano. Pola contra, unhas radiacións que habitualmente pasamos por alto, son as UV e son moito máis perxudiciais para nós, xa que no espectro ocupan un lugar máis alto.
    A conclusión á que podemos chegar despois de todo isto é que ainda que as novas tecnoloxías non sexan tan malas como parecen non debemos utilizalas en exceso nin deben ocuparnos tempo que debería ser empregado en outras tarefas.

  23. Zaira e Sole Dixo:

    A charla que nos deu Xurxo Mariño pareceunos moi interesante, xa que fixonos entender dunha forma moi sinxela un tema tan complexo como o dos problememas que acarrean as radiación sobre o noso corpo.
    Falounos moi detidamente das neuronas, dos raios UVA, dos que dixo que o problema que temos e que non lle damos a importancia que se merece xa que estes son bastante perxudiciais para a nosa saúde.
    Unha das cousas máis interesantes da charla dende o noso punto de vista foi que se desmintiu o mito de que as radiación dos móbiles son perxucidias e producen danos cerebrais.
    Tal e como nos explicou Xurxo Mariño o que nos produce ter un móbil preto do noso corpo e que aumente nun grado a nosa temperatura corporal.
    A charla gustounos moito e pareceunos moi amena e interesante.

  24. Sofia Jueguen Solla, Leticia López Martínez, Marta Piñeiro Movilla Dixo:

    Pareceunos unha charla realmente entretida e amena, xa que ao contrario de outras conferencias esta tratou temas da actualidade e de verdadeiro interés, como é para nos, a nosa idade, o uso dun teléfono móbil.

    Unha das razón pola que foi tan interesante, é que a parte de falar, mostrounos diapositivas , debuxos e mais animacións, que fixeron que a explicación dun tema tan complexo como son as ondas,as catro forzas (gravidade, electromagnética, forte e débil) e as radiacións cósmicas fora máis sinxelo de entender para o noso nivel.

    Despois de esta charla aprendemos que os teléfonos móbiles e algunhas novas tecnoloxías non son tan malas como nos queren facer ver.

    Xurxo Mariño, como bo divulgador científico que é, non nos defreadou e ensinounos que o noso mundo está cambiando. O noso deber despois de aprender todo esto, é protexernos a nós mesmos e aos demais, contra os cambios que nos mesmos aceleramos co noso comportamento.
    Refourzounos a idea de que cos nosos hábitos podemos mellorar a nosa saúde, como é por exemplo o caso do cancro de pel, que nos mesmos podemos évitar con crema solar e menos exposicións a radiacións ultrevioleta.

    En definitiva a tecnoloxía é boa para a humanidade pero temos que facer un uso controlado delas.

  25. joaquinirajo Dixo:

    A charla que nos deu Xurxo Mariño foi moi interesante, explicounos que as ondas dos teléfonos móbiles no son tan perxudiciais como se pensaba, ademais non teñen ningún efecto secundario para o noso oganismo, o único que fan e elevar a a temperatura un grado centígrado no tecido ao que están pegados; pero esto solo si se esta un tempo considerable co telefono pegado a ti, pero ainda asi non seria prexudicial, xa que se trata dunhas ondas similares as da radio e televisión das que nadie se preocupou nunca ata agora, que non as andan esquivando polo camiño, e agora incluso hay xente que cando che ve con un teléfono parece que escapa de tí. Xurxo Mariño, trouxo unha maquina que detectaba as ondas que había cara a donde apuntabas, e pitaba practicamente seguido, porque estamos continuamente expostos a ondas de radio e televisión, e non nos afectan para nada.

  26. joaquinirajo Dixo:

    A charla que nos deu Xurxo Mariño foi moi interesante, explicounos que as ondas dos teléfonos móbiles no son tan perxudiciais como se pensaba, ademais non teñen ningún efecto secundario para o noso oganismo, o único que fan e elevar a a temperatura un grado centígrado no tecido ao que están pegados; pero esto solo si se esta un tempo considerable co telefono pegado a ti, pero ainda asi non seria prexudicial, xa que se trata dunhas ondas similares as da radio e televisión das que nadie se preocupou nunca ata agora, que non as andan esquivando polo camiño, e agora incluso hay xente que cando che ve con un teléfono parece que escapa de tí. Xurxo Mariño, trouxo unha maquina que detectaba as ondas que había cara a donde apuntabas, e pitaba practicamente seguido, porque estamos continuamente expostos a ondas de radio e televisión, e non nos afectan para nada.
    Álvaro Falcón, Daniel Rey, Joaquín Irajo.

  27. pablobaulde Dixo:

    Sinceramente esta charla axudoume moito a entendar temas moi complicados de explicación. Entendin a explicación dos problemas que causan as novas tecnoloxías como os móbiles… A verdade e que nos causou un unha gran expectación no instituto, xa que o tema das novas tecnoloxías é moi importante para os xóvenes. Todo un acerto a súa charla.

  28. Cristina Vázquez e Paula Rodríguez Dixo:

    A nós a charla pareceunos moi interesante, pois xa tivo gancho dende o comezo. Falar de teléfonos móviles, hoxe en día, atrae a moitos xóvenes, e moito máis si a pregunta era si son dañinos para o ser humano. Comezou explicando as cousas dende o máis básico e sinxelo, para logo rematar respondendo a pregunta inicial, non sen antes, pasar polas cousas complexas.

    Falounos das 4 forzas principais do universo, como por exemplo a da gravidade. Despois, explicounos o que eran as radiacións e diferenciou as dañinas das non dañinas. Logo falou un pouco da súa especialidade, a neuroloxía; e rematou dicindonos que as radiacións que utiliza o ser humano non son dañinas nin prexudiciais para el, só aumentan, como moito,1 grao a temperatura corporal.

  29. Daniela y Andrena Carro Dixo:

    El pasado 11 de abril, tuvimos el placer de contar con la visita de Xurxo Mariño, profesor de la Universidad de la Coruña, en la cual nos dio una charla sobre los riesgos de las radiaciones de los telefonos moviles. También aprovecho la ocasión para hacernos un breve resumen sobre los distintos tipos con los que podemos encontrar (Radiación electromagnética,radiación ionizante,radiación térmica,Radiación solar,Radiación nuclear…)
    A parte de hablarnos de las radiaciones también hizo referencia al efecto invernadero, que a causa de los rayos ultravioletas y la gran cantidad de CO2 que queda retenida en la atmósfera, provoca el calentamiento global y el rápido derretimiento de los polos.
    Nos hablo un poco también de quelos rayos ultravioletas son gravemente perjudiciales para el ser humano ,ya que pueden llegar a producir todo tipo de enfermedades cutáneas como el cáncer de piel, perdida de la elasticidad etc, exactamente mutágena provoca daños en el ADN al formar dimeros de timina que acortan la distancia normal del enlace generando una deformación de la cadena.
    Creemos que estas charlas son de gran utilidad para poder realizar un uso responsable de las nuevas tecnologias.

  30. leiladios Dixo:

    A charla que dou Xurxo Mariño foi sobre as raciacións e se, as radiacións que emitían os teléfonos móbiles producían algún efecto secundario no noso corpo. Deunos a entender que non, pois as radiacións que utilizan son moi baixas e o máximo que poden producir é aumentar un grado da temperatura de onde esté cerca o teléfono, supoñamos a orella se chamamos.
    Tamén nos enseñou unha taboa onde se mostraban os espectros das radiacións e demonos cotnta tamén ue os raios UV son moi perxudiciais para nós.
    Baixo o meu punto de vista Xurxo enseñounos os tipos de radiacións, cales eran boas e cales eran boas e, gracias a iso temos unha base científica para dicir que as radiacións dos móbles non fan dano. Eu penso que o que fai dano é a excesiva utilización del, que pode chegara a darse á Nomofobia.

  31. sandrabaulde Dixo:

    Na nosa opinión os móbiles non nos afectan debido a que a súa radiación non é o suficientemente potente .
    Polo tanto os móviles non teñen ningún efecto dañino . O único inconvinte das radiacións dos móbiles e que aumenta un grao a temperatura do cerebro se o usamos moito tempo.
    O uso das antenas, estar cerca delas ou vivir cerca tampouco é dañino, e incluso ao poñer moitas máis antenas a radiación sería menor.
    Por último pensamos que se lle da máis importancia as radiacións dos móbiles que non son tan perxudiciais como outras como as radiacións ultravioletas(UV).
    Feito por Juan Jesús Gómez Vidal e Sandra Baúlde Álvarez.