Por que voan os avións?

Moitos de vós contestariades: “polas ás”, e é en realidade así, pero q fan as ás para poder soster un corpo tan pesado, como é o do avión, no aire?

Simplemente polo principio da  aerodinámica, esta é a ciencia que estudia os efectos do movemento do aire sobre os obxectos que están en el, en concreto este principio chamado teorema de Bernoulli, que di: Nun fluido en movemento, a suma da presión e da velocidade nun punto é constante, por iso se un corpo aumenta a súa velocidade, terá que reducir a súa presión.

Presión vs. Velocidad

Por iso, as ás dun avión teñen unha forma (perfil) especial, o que fai basicamente é que as partículas de aire que pasan pola parte superior da á teñen que pasar con maior velocidade, polo que a súa presión diminúe, e pasa o contrario na parte inferior, entón pola diferencia de presións hai unha forza resultante que vai cara arriba, sostendo o avión aínda que é necesario unha fonte de impulso (os motores) para que a forza que eleva o avión sexa a necesaria.

Aquí un video no que se explica de forma matemática como funciona a aerodinámica nas ás de un avión.

Ademais estes principios poden aplicarse en calquera situación, como nos avións de papel ou miniaturas teledirixidas.

 

Tags: ,

2 Respostas a “Por que voan os avións?”

  1. rosagarcia Dixo:

    Parécenos moi interesante porque é unha aplicación directa e real dunha teoría física e do que normalmente podemos aprender nunha clase.

    Ademais de todo esto, o deseño das ás dun avión é moi importante no que refire á forma que estas van ter, xa que esto pode repercutir en canto ao voo.

    Dende o noso punto de vista e despois de reflexionar sobre esta teoría, pensamos que sería ideal que se atopase unha fonte de enerxía renovable e de un baixo custo económico para que os avións non fosen tan grande fonte de contaminación e puidesemos viaxar con máis facilidade.

    Rosa García e Leila Dios

  2. davidgarcia2 Dixo:

    Pareceme un tema moi importante que moita xente non lle da importancia xa que non saben nada sobre os avions e sin embargo teñen unha gran importancia na actualidade, xa que para desprazarnos a lonxe e máis comodo ir en avión. Si nos paramos a ver un avión damonos de conta que ten una forma moi peculiar e cada centímetro do avión ten que ser exacto para que poida voar sen problemas, por iso leva moito traballo construir un avión e moitos estudos anteriores para que poida ser seguro.