Reproxenética: Terémola nas nosas vidas nun futuro non moi lonxano?

 Está ben ou está mal? É algo ético? Seremos capaces de facelo? Antes de todas estas preguntas, cómpre explicar un pouco o que é a reproxenética.

Nunha linguaxe máis coloquial, falamos de “bebés de deseño”, que ven sendo o mesmo que escoller os caracteres do teu fillo: se queres que sexa louro, de pel bronceada, que teña ollos azuis… Ten tamén a súa parte interna: eliminar as enfermidades xenéticas e hereditarias que tiña moitas posibilidades a padecer, curar ao irmá si ten algun problema dos anteriores…

En España xa saiu a lei de reproducción asistida, que permite facer isto, pero só coa condición de salvar ao irmá maior, con rigrosos estudos sobre cada caso particular e sen modificar a parte física do fillo. En EE.UU. sen embargo, permiten modificar tamén a parte física.

fillo moreno de ollos azuis

 Poñámonos no caso de que fose legal todo o proceso, elixir a parte interna e externa do fillo. Teriamos fillos máis guapos? Eu persoalmente creo que os nenos seguirán sacándose defectos e complexos a sí mesmos sexan como sexan, e nunca acadaríamos o que buscamos: a perfección.

Por outra banda, os “bebés a carta” só poderían permitirse telos as familias ricas, pois este proceso é moi caro, polo tanto os nenos das familias pobres seguirían saíndo ao azar, o que suporía que naceran algúns nenos con problemas xenéticos. Isto acrecentaría a discriminación a ese colectivo menor, grazas a que os “ricos” non terían nunca ningún problema deste tipo.

E se se legaliza e algo sae mal, quen sería o responsable da modificación xenética? Botámoslle as culpas aos pais, ao Estado ou aos médicos? Todos terían parte de culpa, pois se o Estado non o permitise, problema resolto; pero se os pais non o fixesen, aínda que se legalizara, tamén estaría solucionado. Os médicos son os que neste caso teñen menos culpa, pois acatan ordes, pero sempre se poden negar a facelo.

Estaremos ante un caso de euxenesia moderna? Ou é simple capricho persoal?

E vós que opinades sobre isto? Pensades que está ben ou que non se debería facer?

 

Tags: , , ,

26 Respostas a “Reproxenética: Terémola nas nosas vidas nun futuro non moi lonxano?”

  1. celiarosaventoso Dixo:

    Eu penso que esta mal, é dicir, está ben iso de poder ter fillos coas características que nos queremos cando sabemos que poden ter problemas ao nacer, ser imperfectos ou simplemente ter algunha complicación no seu organismo xa que así poderíamos facer que a vida do noso fillo fora máis levadeira e non tan dura como sería se non se fixese nada, pero isto está mal, porque si sabemos que o noso fillo nacerá san, non temos porque modificalo nin cambiar a súa xenética xa que non temos dereito ningún a cambiarlle a vida… Pensemos un pouco, e se ocorren problemas na tranformación? Ou provoca danos irreversibles? Como poderia afetar a vida dos nosos fillos? Eu penso que non se debería de facer, non estamos naqueles tempos nos que o único que importaba era que foran fortes ou guapos, o único que nos debería de importar é a felicidade dos nosos fillos e fillas xa que os que terían que sobrevivir con eses cambios, ese corpo serían eles, non nós. Pero non nos damos conta da realidade xa que o único que nos importa nese momento antes de que nazan, é que sexan PERFECTOS!Pero iso nono é todo. Pode que nazan con algunha enfermidade pero moitas veces é millor loitar e sufrir as consecuencias por causa natural que sufrir por problemas ou cambios que producira a xenética xa que despois pensaríamos que pola nosa culpa puidesen provocarlle desgracias, como enfermidades mortais!

  2. rosagarcia Dixo:

    Unha vez máis, as leis son inxustas coa sociedade; penso que este tema debería ser tratado coa máxima seriedade, e debería permitirselle levar a cabo un proceso de reproxenética a calquera persoa que de verdade o necesitase, sen importar para nada a súa condición ou nivel económico.
    Por outro lado estou totalmente en desacordo co que se está facendo en EE.UU, despois de tanto tempo, hai persoas estadounidenses que non aprenden dos erros que cometeron nun pasado e de todos os problemas que isto lle causou, xa que ainda hoxe en día seguen tendo os mesmos prexuízos que en tempos atrás. No que á reproxenética se refire, non é xusto que familias con maior poderío económico poidan solucionar problemas de saúde e outras que sexan de menor condición, non poidan nin intentalo; ademais non só se está falando de problemas de saúde senón de apariencias físicas.
    Este tema é algo que debería preocuparnos, porque é como se se estivese utilizando de novo a teoría da selección natural de Darwin aplicada á sociedade. Isto ocorreu non fai moito tempo no proceso chamado “euxenesia” ou “darwinismo social” e os principais responsables foron os estadounidenses, naquela sociedade antiga, había moitos prexuízos en canto a razas, persoas con poderío económico, persoas enfermas… o que fixo que a teoría de Darwin se aplicase á sociedade e moitas persoas morresen inxustamente, cando a teoría da selección natural afirma que é o medio quen elimina ás persoas non aptas e que baixo ningún concepto esta teoría se debe levar á práctica na sociedade xa que non hai estudos que demostren razas inferiores e estas cuestións non teñen rigor científico, só son ideolóxicas.
    O que se quere dicir, e que se se comeza permitindo facer “bebés de deseño” podemos acabar na terceira guerra mundial; pode soar algo forte, pero é a relaidade, xa que os bebés de deseño van ser “superiores” ao resto das persoas, entón van sobrevivir máis ou o que é peor, a sociedade vai facer que sobrevivan máis, polo tanto vaise producir unha loita de clases de novo, ata chegar a situacións incontrolables.
    Por tal motivo, deberiamos fixarnos neses detalles e intentar controlalos dende un principio, xa que se cousas como a MTV ou Mc Donald´s chegaron a España, por que non van chegar estes macabros procesos?

  3. saradovalo2 Dixo:

    Estou totalmente en desacordo co uso da investigación para escoller as características físicas dos bebés, porque penso que é unha forma de discriminación. Un neno fisicamente fermoso non garantiza que sexa mellor persoa no futuro, e non se debe usar a ciencia para manipular a vida dos seres vivos que se conciben de forma natural.
    Cada ser humano é único e, como tal, non se debe manipular a súa concepción.

    Pero eu estou de acordo con que a investigación se use con fins clínicos, como por exemplo, para curar a enfermidade de outro fillo; a nosa dignidade non pode ser anulada polo beneficio económico das Clínicas ou satisfacción dos proxenitores; non se debe de utilizar a ciencia para os nosos caprichos, pero sí para avanzar na cura de todas as doenzas que afectan ó ser humano.

  4. andreachaves Dixo:

    Penso que non se debería seleccionar os caracteres dos nosos fillos porque a reproduccióm débese facer ao azar coma sempre, xa que non sería moral. Tamén é necesario en casos extremos, como por exemplo para axudar a un irmán con algún defecto xenético. De todas formas creo que isto non se debería aplicar porque cada un nace como nace, e non deberíamos cambialo, sexa cal sexa o defecto que vaia a ter un feto.

  5. carmelaotero Dixo:

    A min paréceme que nestos casos hai que facer uso da ética médica, e non levar a cabo procesos científicos para cambiar a sociedade. O bonito da sociedade é que somos todos diferentes. Aparte, os canones de beleza cambian en cada persoa, é dicir, ao mellor a nós parécenos máis guapa unha muller con ollos azuis, mentres que outras persoas preferirán os ollos verdes. Polo tanto, penso que soamente se deberían utilizar estos métodos para evitar enfermidades de transmisión xenética, non por estética.

  6. sofiajueguen Dixo:

    Na miña opinión non se debería de legalizar, cada un debe de ser como debe de ser, como o fixo o seu pai e mais a súa nai, por azar na reprodución,cos rasgos bos e cos non tan bos, e non polo resultado dalgúns caprichos temporais que poidan ter os “pais”.
    Estou de acordo con que se a vida do irmán ou irmá maior está en perigo poidase axudar, e curalo, pero só con ese fin o vexo lóxico.
    A reproxenética é un avance na ciencia bastante importante pero non podemos levar á ciencia aos caprichos da sociedade.

  7. paularoma Dixo:

    Eu penso que calquera pai ou nai quere que o seu fillo nazca san, sen ninguún tipo de enfermidade, pero non que o “modifiquen” para que saia mais guapo. A verdade é que non me parece moi moral, xa que “xogas” coa xenética do teu fillo, ainda que sexa para a súa mellora física. Eu creo que realmente, se é necesario facelo para unha boa causa, como pon na noticia ‘coa condición de salvar ao inmán maior’ pareceme ben, pero se é para facelo “perfecto” non. Penso que calquera pai ou nai, se realmente quere ó seu fillo, quéreo sexa feo ou sexa guapo, alto ou baixo, loiro ou moreno.
    Haberá xente que pense que está ben, pero cada un ten a súa opinión, e esta é a miña.

  8. Adrián Núñez Rubianes Dixo:

    A denominada reproxénetica que é o mismo que bebes de deseño, que esto significa que mediante a ciencia podamos escoller os caracteres do noso fillo ou do novo bebe que vai nacer. Pois podemos escoller o cor de ollos, cor do pelo… o que sería un gran problema ou avance dependendo da sociedade.

    Para min sería un avance porque podes escoller como queres que saia teu fillo/a pero para outros sería un gran problema porque si non tes suficiente capital para facer isto pois teus fillos saliranche ao azar, o que seria unha ventaxa para os que poden chegar a escoller o fillo pois non lle saldra con malformacións, nin con ningún problema ou enfermidade, mentres quen non se pode permitir o de escoller o fillo a carta pois tendra mais desventaxa pois seus fillos poden saír con problemas, malformarcións ou calqueira tipo de problema que logo non sería capaz de situarse na sociedade pola exclusion social, marxinacion ou non se podra situar nun posto de traballo nun futuro.

    Para min o único que pediría a hora de ter un fillo e que non me salga con ningún tipo de problema ou dificultade, solo pidiría que me saldria cunha capacidade intelectual alta e que sexa espabilado para situarase na sociedade.

  9. paularodriguez Dixo:

    Poderíamos enfocar o tema dende diferentes perspectivas: considero que está ben sempre e cando teña fins pacíficos como salvar a vida dunha persoa ou evitar a súa dexeneración, ou sexa, o que ti denominaches: “parte interna”, se somos capaces de evitalo, para que imos facer sufrir ás persoas e mesmo ás súas familias? Aínda que dende un punto de vista máis amplo quizais, estaríamos sendo fieis impulsores dun necio antollo de propósitos absurdos: a perfección. En ambos casos quitaríamos terreo ao proceso natural de selección dos carácteres, mais a primeira opción sería beneficiosa para o individuo, mentres que a segunda simbolizaría unha especie de “avance” cara un mundo “mellor” (a expectativas dos que fan posible a existencia de bebés de deseño).

    Quero pensar que non estamos ante un caso de euxenesia moderna, tendo en conta a cantidade de mortes que provocou a mediados do século XX este uso abusivo da ciencia orixinado ao deducir normas para o mundo social dos enunciados científicos; de ser así, o mellor para todos sería acabar con todo.

    En resumo, na miña opinión, a reproxenética está ben sempre e cando unicamente se legalice a eliminación de enfermidades xenéticas e hereditarias como ocorre en España, deixando á marxe a parte física.

  10. ivanotero Dixo:

    Persoalmente non me parece ben isto da reproxenética porque eu estou a favor de que hai que deixar que cada un naza como teña que nacer e viva igual, nada de cambios artificiais nos seus xenes. Hai algunha excepción, se é un cambio pequeno como a cor dos ollos ou algo parecido non me parecería tan mal. Esta claro que é un grande avance para a ciencia, pero quizais este mellor o mundo sen que todos sexamos perfectos.

  11. martapineiro Dixo:

    Estou totalmente de acordo con esta noticia, aparte de que é realmente interesante para debater, móstranos uncerto problema para a sociedade. Se os “bebes de diseño” fose unha “fonte de reproducción” moi usada e se todos quiséxemos fillos perfectos serían todos moi parecidos; e como consecuencia, si xenéticamente se parecen, ante as enfermedidades serían todos igual de vulnerables. Esta mentalidade cada vez estase a extender moito máis, ata chegar aos mesmos rapaces. Unha coñecida cadea de grandes almacén sacaou hai poucos anos a novidade de poder facer bonecas e bonecos por encargoz, ao gusto do consumidor. Estamos chegando a un punto no que buscamos a perfección ata nun simple xoguete. Si esta novidade ten seguidores sendo iso, só un xoguete, penso que falando de un propio fillo, si se pudera, serían bebés diseñados.

  12. xabierpereira Dixo:

    Estou dacordo con que nazan “bebés de deseño” se é para axudar a seu irmán maior, pero apricarlle a reproxenética para darlle atributos físicos favorables a un rapaz chamase euxenesia, tal como o que fixo Hitler cos xudeos, os gitanos, os negros, os homosexuais e os discapacitados.

  13. david dios Dixo:

    Estou por unha parte de acordo e por outra en desacordo con esta noticia. A parte negativa e que para min a reproxenética e os “bebés de deseño” non son cousas favorables para a poboación , porque asi todas as persoas serian perfectas ,penso que isto non deveria ser legal xa que cada un nace como nace e ten as caracteristicas que debe ter. E entre un que sexa guapo e un feo que decidiran os pais? Non e unha decisión tan sixela como parece xa que non podes garantizar que o teu fillo será máis feliz ou terá máis éxito na vida. Uns bos pais poderian incluso decidir quedarse co embrión que ten xenéticamente definida una orientación sexual aceptada pola mayoría para aforrarlle problemas de discriminación ou que non fose aceptado na sociedade.
    Por outra parte poderia ser positivo se isto axuda a algun irmá con defectos ou enfermidades porque xa falariamo de salvar incluso unha vida ou que unha familia sexa máis feliz .

  14. pablorodriguez Dixo:

    Eu estou dacordo en certas cousas como para saber que fillos son os que poden ter problemas como que de maiores teñan moitas probabilidades de ter por exemplo un cancro.

    No que non estou dacordo é en que esta técnica se use para cambiar os caracteres físicos ou facerse discriminacións, como a cor da pel, dos ollos,etc.

    Aínda así deberíase tratar de pensar como algo ético. Con isto podería dar lugar a pensamentos euxenéticos e dar lugar a leis euxenéticas que a sociedade discrimine en cuestión de raza como se fixo na Alemaña nazi.

  15. pablorodriguez Dixo:

    penso que non se deberia practicar a reproxenética porque seria un tipo de euxenesia e porque poderias deseñar aos fillos selecionando as seus caracteres físicos.

    so en casos excepcionais se deberia permitir esta prectica, como para curar a fetos con algun problema xenético que o poña en perigo de morte.

    de todas formas eu se tivera un fillo con algunha enfermidade como sindrome de down porque non me gustaria cambiar nada do meu fillo porque cada un e como e.

  16. Miriam Durán Dixo:

    Eu porsuposto penso que hista opción e incorrecta. Os nenos teñen que sair tal e como son porque se agora se discrimina moito a xente non quero pensar como vai a ser cando haxa nenos deseño. Habrá xente que non poida, nin queira pagar para facer estas cousas. Os nenos teñen que sair tal e como son, e iso e unha das cousas mais bonitas, que todos sexan diferentes os uns dos outros porque se esto se levase a cabo fijo que ian ser todos moi igual e iba ser moi aburrido. Ademáis a sociedade seria inxusta (case seguro) cos nenos que non fosen de deseño.

  17. javiersenorans Dixo:

    Nos pensamos que iso estaria ben para que a xente non nazca con deformacions ou calquera anomalia pero asi non seguiriamolo curso da vida e en teoria evolucionamos dia tras dia e desa maneira abortamos un proceso que esta dende sempre.
    Javier Señoráns Dios e Iván Feijoo Lema

  18. joaquinirajo Dixo:

    Nós cremos que esta ben pero con certos limites xa que se teu fillo ven con unha enfermidade que o vai a marcar toda a vida non e ético traelo enfermo, pero debería ser gratuito, posto que si non solo os ricos poderían asistir a este tratamento, e o mundo non estaria ben regulado. Nós cremos que a SS (seguridade social)deberia regular esta cuestión para que en familias un pouco pobres, pudiesen “evitar” traer fillos enfermos a esta vida, xa que un fillo enfermo dá moitos máis traballos, xa que tes que ter moita máis conta de este, e aparte levalo a un colexio especializado. Ainda así o rapaz/a sufriría moito, aparte de que algúns rapaces en certas edades, especialmente na adolescencia se burlarían de él… E o rapaz aparte de ter que aturar a enfermidade, sentiríase totalmente marxinado, e apartado da sociedade. Con esto non queremos dicir que exterminen á xente enferma, senón que o que queremos dicir e que se se pode intentar evitar traer xente enferma ao mundo, aínda que son persoas como os demais, que tiveron mala sorte, e eso puidolle pasar a calqueira.

    Álvaro Falcón, Joaquín Irajo, Daniel Rey.

  19. ivanrial Dixo:

    Eu non estou de acordo con estes procesos, porque sería como xogar a ser Deus, eu sinceramente non o faría, a non ser que este proceso puidera salvar a vida doutro ser humano. Pero utilizar estes procesos, para cousas tan triviais, como ter un fillo mais guapo, paréceme mal, porque cada un é como é, non deveriamos poder decidir o futuro de unha persoa que aínda non naceu.

  20. Jorge Deaño Dixo:

    Ben, este é un tema terriblemente complexo. Porque claro, modificar o ADN dun fillo non nato para eliminar enfermidades ou matices que poderían ser considerados ”imperfeccións” pode ser bo, por suposto. Evitaríase a pervivencia de enfermidades hereditarias e xenéticas que levan xeracións torturando a nosa especie. Poderíamos ser mellores, máis fortes, máis rápidos, máis intelixentes, máis resistentes… Crear por nos mesmos o propio escalafón da etapa evolutiva. Pero se nos creemos ca suficiente autoridade como para facer isto, qué nos quedará despois? Ou sexa, a raza humana é unha especie imperfecta. Por iso somos ”humanos”. Se podemos modificar á vontade o ADN da nosa descendencia, tentaremos que sexan ”perfectos”. E unha raza de humanos perfectos non tardarían en crerse ”deuses” con dereito a calquera cousa. Non todo é branco nin negro. Vivimos nun mundo cheo de matices e de contrastes, que nos permiten ser semellantes, pero á vez marabillosamente distintos. Por iso é maravilloso. O estudo do xenoma humano deberíase empregar para eliminar as enfermidades dos elementos xa desenrolados,non para deseñar á propia humanidade. Diso encárgase a natureza. Se tentamos arrebatarlle o seu traballo, a nosa arrogancia avocará a nosa fin, dun xeito ou outro. Sempre ocorre así. É mellor deixar certas cousas ó azar, non tratar de modificar o único da condición humana que non debería ser modificado: o noso propio ser.

  21. jessicabistilleiro y marianacortez Dixo:

    nos pensamos que se deveria facer se e para un caso de enfermidade pero para a parte fisica non por que haberia moita discriminacion entre os que teñen meior xenetica e ademais so o poderia facer a xente rica
    deveria de nacer todos de forma natural sen nengun tipo de intervencion da ciencia anon ser que sexa para evitar unaha enfermidade

    tamen tratase de capricho persoal , de non saber en que malgastar os cartos xa que os ricos o teñen todo e queren ainda mais
    a creacion humana deberia ser natural

    jessicabistilleiro y marianacortez

  22. cristinaperez2 Dixo:

    Pareceme un post moi interesante. É increíble que se poida facer algo así como “deseñar” o teu propio fillo. Na miña opinión, eu non faría algo así, nin si antes de nacer detectaran algunha enfermidade que lle puidera impedir vivir como os demáis, aínda nese caso, non o faría. Non podes garantizar que por moi “perfecto” que sea o teu fillo, poida chegar a ser feliz. Non me gustaría que non futuro todos optaran pola opción de ter un bebé de deseño, isto levaríanos de novo á euxenesia, cuyo proposito é perfeccionar a raza humana.

  23. sofiafernandez Dixo:

    Nos pensamos que a reproxenética, é unha boa solución cando ten o fin de curar a outra persoa, por exemplo cando un fillo ten leucemia, que o irmán lle poida doar a sua médula e así poder salvalo, cando non estamos nos de acordo e cando esta ciencia se utiliza co fin dun ”capricho” por así decilo, para que salga mais guapo, con mais intelexicencia e mais perfecto, por moi guapo o moi perfecto que sexa, cando sea maior nadie che garantiza que sea boa persoa ou que non poida ter outro tipo de enfermidades.

    Andrea Dacosta y Sofia Fernández

  24. albapernas2 Dixo:

    Nesta noticia pódense ver reflexadas dúas ideas, coas cal nunha estou de acordo e noutra en desacordo. Unha trata sobre o bebe de diseño, o cal non me parece xusto, posto que cada un ten que nacer cos seus defectos e as suas virtudes,non elexindo os pais o guapo que é e a intelixencia que poida ter o neno para ser mellor un neno, porque non ten que ser mellor que nadie por capricho de seus pais, e de ser asi, que non fora tan caro para que todos puideran participar, non so os mais ricos. Outra idea que se nos mostra e a de salvar a un irman maior, e nesta si estou de acordo posto que se elixen os xenes do novo neno e polo ben do seu irman, para axudalo a sobrevivir.

  25. martanunez2 Dixo:

    A reproxenética, en parte pode ser positiva a hora de non transmitir enfermidades hereditarias e iso facilitaría a vida das persoas afectadas, pero tamén existen opinións de alguns cientificos que afirman que algunhas enfermidades xenéticas nunca se eliminarán xa que as mutacións causadas pola radioactividade ou erros cromosomicos, por exemplo, o sindrome de Down sempre surxirá.

    Ademáis as persoas soen ser moi ambiciosas e querrían cambiar diferentes aspectos do séu futuro fillo, para que non teña tantas posibilidades de herdar enfermidades que xa padeceran os seus proxenitores. Por exemplo o cancro.

    SARAY ROMERO E MARTA NÚÑEZ

  26. javiermartinez Dixo:

    Pedro Pavía e Javi Martinez.

    Opinamos que este proceso non se debería de levar a cabo, porque primeiro fóra cuestións éticas é un proceso que so poderia levar a cabo a xente rica con moitos bens gananciais, xa que é un proceso moi caro e a parte o que conseguiría sería que houbera unha diferenza entre a sociedade aínda maior, pois os ricos aínda tendo máis oportunidades en todos os aspectos hoxe en día ante a xente máis pobre só se conseguiría que estes sigan destacando e tendo máis privilexios cando ”en teoría” todos somos iguais ante a ley e deberíamos ter as mesmas oportunidades sobre todo cando se trata de cuestións que inflúen queiramos ou non na convivencia. Por exemplo no colexio os nenos de familias ricas destacarían fronte aos nenos máis pobres xa que estes sentiríanse inferiores. Aínda que esto non debería ser así. A beleza e o físico é unha cousa que se ten moi presente na sociedade en diversos aspectos.
    En cuestións éticas cabe destacar en que deberíamos deixar seguir o curso da natureza porque o bonito o esencial é chegar a quererse un mesmo por como é e poder aceptarnos a nos mesmos, un cambio na sociedade e o que necesitamos e co tempo pode ser posible pero non se esto se leva a cabo, pois o que faríamos sería un retraso a mirar máis alo do aspecto físico dunha persoa e a ter máis prexuízos con nos mesmos.

    Non vos parece que é máis bonita a diversidade? A beleza é relativa, vale que soe haber un prototipo de home ou muller fermoso pero non sempre é asi, que é a beleza se non? Pensadeo a ver que credes. Agora si vemos un bó método para curar enfermidades xenéticas pero só nese caso como un avance médico máis. Isto é unha proba máis dos prexuízos e dunha sociedade en pleno desarrollo, non debemos atrasala pensando que é un avance.