Kinect, algo máis que un xogo

Hai un par de anos, saiu ao mercado o dispositivo Kinect, un aparato suplementario para a Xbox que cambia a visión que temos sobre a tecnoloxía, a parte de modificar o mundo dos videoxogos. Con este aparato “ti es o mando”.

Máis de 200 empresas en todo o mundo, incluidas 9 de España, modificaron a utilidade de Kinect e levárona ao seu ámbito, dando lugar a aplicacións que axudan no marketing, na educación, na enxeñería e incluso na medicina.


En ámbitos educativos, os centros SEK,  introduciron Kinect nas aulas cun gran acollemento por parte dos estudantes, en materias como mátematicas ou educación física.

Porén, as aportacións máis sorprendentes son as sanitarias. Empregouse Kinect nun programa de telerrehabilitación para enfermos de esclerose múltiple. Nel, os enfermos realizaban os exercicios de rehabilitación dende a súa casa mentres unha doutora  lles controlaba os resultados. Deste xeito, os enfermos non dependen dun fisioterapeuta nin de equipos específicos e custosos,  e poden realizar a rehabilitación cando mellor lles conveña sen saír do seu fogar.

Este modo de rehabilitación tan ameno e divertido tamén se provou en pacientes con danos neuronáis e en enfermos de Alzheimer.

Ademáis, é posible a utilización de Kinect en quirófanos. Así se o ciruxián o precisa pode consultar calquera documento, como radiografías ou o historial médico do paciente, mantendo a esterilidade.

Como acabamos de ver, os progresos da tecnoloxía axudan a comunicar diferentes mundos. Deste xeito ámbitos tan dispares como os videoxogos e a medicina entrelázanse e suman forzas, facilitando a nosa vida.

Pero esto só é o comezo dun longo percorrido. Quen sabe ata onde nos levarán estos avances? Quen sabe qué novas utilidades se lle poden atopar ao Kinect?

 

Tags: , , , ,

6 Respostas a “Kinect, algo máis que un xogo”

  1. javiersenorans Dixo:

    pareceme algo incrible que un simple aparello dun videoxogo poida ser util nun avanzado campo coma a medicina pois seria moi diferente ver as cousas usando estes aparellos.
    Penso que e algo que remataremos por utilizar mais habitualmente en todolos campos.

  2. leticialopez Dixo:

    É sorprendente como un xogo pode ser tan beneficioso na vida cotiá. Eu creo que con este invento se avanzou moito, xa que presta moitas axudas a todas as personas. Pero o mais importante é que lle da axuda a aquelas persoas enfermas e con discapacidades ou trastorno. O mellor é que a xente que non ten a vantaxe e non se pode permitir ir ao médico ou rehabilitación, pode desde a casa facer unha autorehabilitación parecida á que lle faría un especialista. Nos colexios a verdade é que é unha gran idea, xa que con mentres xogas e o pasas ben, pois estás aprendendo. O vídeo deste post paréceme super interesante, é increíble como pode detectar os movementos este aparello. Tamén descubriron uns científicos franceses, que podería ser usado para a interpretación da linguaxe de signos dos sordos e traducilos, e con esto, podríase difundir a linguaxe ás personas que non tiveran problemas auditivos e quixeran aprender este idioma. En difinitiva, a kinect é o principio dun gran avance, que podería cambiar a vida de moitas personas.

  3. pablobaulde Dixo:

    O Kinect é un gran avance tecnolóxico, xa que o principio pensaba que só servía para os ámbitos recreativos, pero despois de longos estudos vese que se pode utilizar para grandes cousas, como a saúde e medicina. Neste espectacular vídeo introducido pola nosa compañeira ensinanos todos os procesos polos que pasou para poder axudar a médicos, inxenieiros, etc.
    A verdade e que é moi interesante e deberíase levar a cabo en todos os aspectos da vida, mentres nos fagan as cousas un pouco máis fáciles. Gustoume moito este post e sobre todo penso que desenrolou moi ben un tema que é moi interesante e que a xente coñece pouco del.

  4. brunolemina Dixo:

    Paréceme moi ben que grazas a investigación, lográrase introducir, o que foi deseñado para o entretenemento, a campos tan importantes como a medicina. E buscando vídeos descubrín que xa é utilizado en hospitáis españois, e que lles vai moi ben, xa que ao non ter que ir a polas radiografías e ter que lavar as mans continuamente, fan o traballo máis rápido e máis limpo, e aquí un vídeo dos que atopéi: http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=LFrmDHbIbgQ
    Pero aínda que esto en principio pareza moi útil eu creo que antes de introducilo nos hospitáis, para cousas con tanto riesgo coma unha operación, había que investigalo un pouco máis, xa que como todos sabemos, a tecnoloxía pode fallar en calquera momento, e se falla en medio dunha operación e non poden ver as radiografías, eso pode acabar moi mal.
    Paréceme ben que empecen a sacarlle usos bos para a sociedade, pero hai que ter coidado, e asegurarse ben antes de darlle tanta importancia na medicina.

  5. marialopez Dixo:

    Ao principio cando se inventou este xogo non se daban de conta do enorme avance que traería consigo, os creadores soamente lograban facer un xogo que sería utilizado para o ocio.
    É incrible que o o Kinect nos poida axudar tantísimo en temas tan importantes como son a mediciña e a saúde.
    É moi interesante e cantos mais usos teña mellor, pero sempre analizando todo antes de levalo á práctica.

  6. Álvaro Falcón Dixo:

    E impresionante como un simple aparato, de esas dimensions, pode chegar a dar tanto de si. É incrible, como algo que estaba diseñado en principio para xojar a unha videoconsola, poida hoxe en dia, usarse no ambito da saúde, porque ben como nos conta a nosa compañeira, o Kinect xa se usa hoxe en día en algúns quirófanos. Eso danos a entender de que xa está revisado completamente por profesionais, e posto a proba miles de veces, porque eu, dende o meu punto de vista, non creo que o poñan en un quirófano así por poñer, xa que está en risco a vida dunha persoa. Tamén nos di que se usa para o tema de rehabilitación sobre todo para a xente de idade avanzada, pareceme unha idea brillante, porque a maioría desa xente sempre prescinde doutra persoa, e tendo o Kinect na casa xa non teñen que andar a voltas cos seus fillos, ou con familiares, xa que tendo o Kinect, e sólo aprenderlle a usalo, ou senón sería enchufalo e poñerllo a funcionar calquera da casa. Aparte, a maioría desa xente non suele andar moi ben de cartos, que digamos, e se teñen que andar a ir a fisioterapeutas seguido, gastarían moitos máis cartos dos que lles custa o Kinect. Outra razon pola que me parece un gran invento e porque usando o Kinect, indirectamente, facemoslle un favor ao medio ambiente, e aforramos cartos, xa que cando unha persoa de esas acude a un medico/fisioterapeuta, suelese levar en un coche, e os coches contaminan… E se non se leva en coche, esa persoa irá en autobus ou en taxi, e estamos gastando sempre diñeiro, ou dañando un pouco máis o medio ambiente. A curto prazo, parece que non, pero si o miramos ao longo de varios anos, usando o Kinect, aforranse cartos, e aparte e moito máis cómodo, xa que podes estar en pixama ou como queiras, porque que estás na túa casa, en cambio si acudes a xunta un profesional, teste que andar a preparar, e hay xente que pasa o día na casa.
    Estiben mirando un par de videos por internet, concretamente en “Youtube” e incluso hay xente que usa o Kinect para controlar o seu ordenador, sen prescindir dun rato, aqui o vemos neste video que vos deixo a continuación:
    http://www.youtube.com/watch?v=0VIfsCghRMQ
    Custa creer que un aparato sexa capaz de captar os nosos movementos, e transmitilos dentro dun ordenador, sabendo o que queremos facer.
    Tamén, mirando videos, vin un no que explican certos prfofesionais, concretamente do colexio SEK, en que esa rede de centros, esta estudiando implantalos, porque o ven nunha gran ventaxa para todos os ambitos, e presentaron as súas ideas no “Global Educational Forum”, aqui vos deixo o video:
    http://www.youtube.com/watch?v=KbOzZriS2JA
    E mirando comentarios, e páxinas, e fai un ano,os Hospitais Virtual Marques de Valdecilla e o Universitario Marques de Valdecilla de Santander, estaban estudiando poñelos.
    Aquí, nestrouto video, vemos como uns profesionais, nos ensinan como un ciruxano usaria o Kinect, por exemplo, para ver unha radiografía en caso de algún apuro.
    http://www.youtube.com/watch?v=s57YgNLuE6g
    En definitiva, que o que se contrueu nun principio para xogar, hoxe en día usase en colexios, hospitais e moitos máis sitios… Grazas a esto, demos un gran paso dentro do ambito da tecnoloxía, porque cada vez inventanse cousas novas, e con menos marxe de erro, e a cada cousa, estaselle sacando moito máis probeito. Este post, gustoume moito, xa que era unha cousa que non coñecía, o Kinect coñecíao, pero que chegara ata tal extremo, era unha cousa que eu descoñecía. Con que aparello nos sorprenderán a próxima vez? Quen sabe…