Que foi antes, o ovo ou a galiña?

imagen

Hai moitas investigación que tratan de resolver esta vella e popular adiviñanza da humanidade que parece que nunca chegaremos a saber cal é a verdade.Un grupo de científicos da Universidade de Warwick e a Universidade de Sheffield (Inglaterra) din que foi antes a galiña que o ovo. Chegaron a esta conclusion por unha proteína topada nos ovarios das galiñas, que según eles cumple una función clave na formación da cáscara do ovo. Tamen aseguran que a primeira galiña non naceu do ovo da súa mesma especie. 

No entanto, un científico, un filósofo e un agricultor, din que foi primeiro o ovo. Os seus argumentos son que o material xenético non se transforma durante a vida animal, polo que a primeira ave que no transcurso da evolución se converteu no que hoxe chamamos galiña existeu primeiro como embrión dentro do ovo.

 

Tags: , , ,

7 Respostas a “Que foi antes, o ovo ou a galiña?”

  1. mariadelcarmenpadin Dixo:

    Só fai falla saber que mentres que o ovo é un organismo unicelular a galiña non o é.

  2. Jennifer Fernández Vázquez Dixo:

    se nos limitamos á galiña e o seu ovo, a pregunta é unha trampa lóxica que non ten resposta. Pero se consideramos que a pregunta ten que ver coa orixe da vida, veremos que algúns xa atoparon unha resposta: primeiro foi o ovo. Aínda que se trata dun ovo particular que existiu hai aproximadamente 3.800 millóns de anos. A partir del, que era unha especie de célula primitiva, evolucionaron todos os demais seres vivos,

  3. eloyarosa Dixo:

    Eloy Arosa e Adrián Saborido

    Como ben se di, non sabemos si foi antes o ovo ou a galiña ,calquera das duas teorías poderían ser válidas. Na nosa opinión pensamos que foi antes o ovo, dado a que non se produce unha mutación nun ser que xa está desenvolvido, por iso pensamos que a mutación se produciu dentro do ovo e de ahí saiu a galiña, froito de ese embrión mutado.

  4. cristelatorres Dixo:

    Eu creo, ó igual que o grupo de científicos da Universidade de Warwick e a Universidade de Sheffield, que foi antes a galiña que o ovo.
    Cando se lle pregunta a xente, a porcentaxe esta moi igualada: http://img107.imageshack.us/img107/6796/huevosv3.png

  5. elenavazquez Dixo:

    JOSE PIÑEIRO E ELENA VÁZQUEZ
    Nos cremos que este enigma é un dos moitos que nunca se resolveran por completo, mais na nosa opinión cremos que foi antes a galiña que o avo e non ao contrario, pensamos isto pola razón de que a galiña é a evolución dunha especie anterior, e polo tanto foi antes, porque non sería lóxico que do ovo dunha ave anterior salira directamente unha galiña, xa que un por si só non podería aparecer na natureza.

  6. Sofía Fernández y Andrea Dacosta Dixo:

    Como as especies cambian ao longo do tempo durante o proceso evolutivo, o ancestral galiña primeiro moderna de galiñas domésticas non pode ser clasificado como tal. O ADN pode ser modificado só antes do nacemento, para que a nai da primeira galiña (o que non era unha galiña como sabemos), transformado no embarazo en que o embrión dentro dela cambiou e pasou a ser na primeira galiña en si. A partir dese momento a galiña veu por primeira vez, como a entendemos hoxe. Así, o ovo sería primeiro a galiña.
    Pero esta dedución só sería aplicable para a cuestión específica que veu primeiro “a galiña ou ovo da galiña?” (Significado ovo de galiña como o primeiro en ter unha galiña), porque se referir ao ovo, dun modo xeral, unha vez que o problema non é específico ovo de galiña ou o ovo sería en primeiro lugar, unha vez que o animal loxicamente antecesor da primeira galiña foi tamén ovíparos, e ao feito de que os animais anteriores como dinosauros eran tamén ovíparos

  7. Miriam Durán Dixo:

    Un científico, un filósofo e un avicultor cren que o material xenético non se transforma durante a vida do animal, polo que a primeira ave que no transcurso da evolución convirteuse no que hoxe chamamos unha galiña, existeu primeiro como embrión no interior dun ovo.