Os astrocitos poden axudar a combatir o Alzheimer
Os astrocitos son, xunto coas neuronas, as células máis importantes do cerebro. Un equipo de investigadores españois verifican que están implicados nos procesos relacionados coa memoria e a aprendizaxe, o que abre a porta a novas novas perspectivas terapéuticas contra o alzhéimer.
Os investigadores, que publican as conclusións na revista PLoS Biology, descubriron que os astrocitos controlan e regulan a eficacia da comunicación entre neuronas. Este fenómeno relaciónaos cos procesos de transmisión e almacenamento de información no cerebro. Segundo o investigador do Instituto Cajal do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e director desta investigación, Alfonso Araque, hata este momento, pensábase que os astrocitos cumplían un papel de soporte no cerebro.
O estudo revela que estas células xogan un papel fundamental na potenciación a longo prazo da transmisión sinápica neuronal, un mecanismo relacionado coa memoria e a aprendizaxe. Os resultados obtivéronse mediante experimentos con ratos modificados xeneticamente.Xunto ás neuronas, os astrocitos son responsables de como se procesa e almacena a información no cerebro. Unha vez demostrado isto, segundo os autores do traballo, despréndese que tamén poden xogar un rol importante nas enfermidades relacionadas con ela, como o alzhéimer. Araque subliñou que os astrocitos poderían ser unha posible diana terapéutica para tratar esta doenza.
Tags: Alzheimer, astrocitos, neuronas
Mércores 13 de Xuño do 2012 ás 1:35 pm
Un equipo de investigadores españois din que os astrocitos están relacionados coa memoria e a aprendizaxe, o que lles permite facer avances nas terapias contra o alzhéimer ainda que non lle atoparon ainda a solución definitiva.