Cancro; máis preto de nós.

O cancro é unha enfermidade que posiblemente consideramos moi lonxana pero a realidade dinos que está moito máis preto do que nos imaxinamos; é a 2ª causa de morte nos países desenvolvidos e a 3ª nos países en vías de desenvolvemento.

Esta enfermidade orixínase cando un grupo determinado de células do noso organismo comeza a dividirse de forma descontrolada. Está causada por mutacións no ADN que poden ser hereditarias ou que se poden adquirir ao longo da vida (como acontece na maioría dos casos ).

 

Proceso de division dunha celula cancerixena

Na nosa vida cotián, estamos expostos a numerosos factores que poden provocar a aparición dalgún cancro. O tabaquismo incrementa as posibilidades que temos de contraer un cancro de pulmón. As queimaduras provocadas na pel por unha excesiva exposición á radiación solar, poden provocar cancros nela. A cotío, consumimos numerosos produtos que conteñen aditivos que poden resultar perigosos para a nosa saúde, e cada vez, é máis frecuente a obesidade entre a poboación, xa que non se mantén unha dieta equilibrada, aumentando deste xeito a posibilidade da aparición dun cancro. Outros factores que inflúen na aparición desta enfermidade, son un excesivo consumo de alcohol ou os altos niveis de contaminación dalgúns lugares.

 

Celula canceríxena

Actualmente, grazas aos avances científicos, existen diferentes métodos para curar o cancro, como a ciruxía, a quimioterapia, a radioterapia, etc. pero é de maior importancia que tomemos unha serie de medidas para previlo: facer deporte e unha dieta equilibrada, non abusar do tabaco nin do alcohol, protexernos da radiación solar…

Temos o deber de protexer o noso corpo. Se podemos evitalo, por qué insistir en destruílo ?

 

Tags: ,

Unha resposta a “Cancro; máis preto de nós.”

  1. cristelatorres Dixo:

    Pensamos que é moi dificil escapar de todos os cancros porque é practicamente imposible estar pensando constantemente se a acción que vamos realizar (tomar o sol, non ter unha dieta equilibrada, fumar…)nos poida traer no futuro un cancro. Ainda que non fumes, nin abuses do alcol, e teñas unha dieta equilibrada, podes ter un cancro por calquera outro motivo.

    SABEMOS QUE O CANCRO ESTÁ PRETO DE NÓS, PERO NON É POSIBLE ESCAPAR DEL PORQUE TAMÉN DEPENDE DO ADN… E ISO NON O PODEMOS CAMBIAR!!!

    CRISTELA,JAVIER E ANXO