Cancro e alimentación.Comemos veleno?
Sabedes que o 35 % dos casos de cancro teñen relación na súa orixe coa alimentación?
Hai unha gran cantidade de compostos presentes en algúns alimentos procesados que son os indicados como responsables de favorecer a aparición do cancro. En xeral todos estes compostos teñen que ver con aditivos e produtos químicos para mellorar o sabor, textura e consistencia dos alimentos.
Un bo exemplo témolo en España coa Coca Cola Zero e Coca cola light. Aquí utilízase un aditivo canceríxeno prohibido en EE UU, Gran Bretaña e México e Venezuela entre outros, que retiraron esta bebida por ter entre os seus compoñentes o E-952, ciclamato sódico, que xa leva prohibido desde 1969.
O ciclamato de sodio é un dos edulcorantes máis potentes e baratos utilizados na fabricación de produtos light ou sen azúcre.En experimentos con animais provocou tumores en ovarios, riles, pel e útero. En humanos dise que interfire na síntese das hormonas tiroideas e pode producir alerxias.Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), pode ter potencialidades canceríxenas e efectos mutaxénicos. Desaconséllase o seu consumo especialmente a nenos e mulleres embarazadas.Tamén pode danar os espermatozoides e os testículos. No entanto, o ciclamato de sodio é legal en España, Alemaña, Italia, Grecia, Portugal, Polonia, Estonia, Lituania e varios países de América Latina. En xeral, a maioría dos produtos ligth conteñen este produto, debido a que é o E-952 o que sustitúe ao azucre.
http://www.youtube.com/watch?v=2t9pVFJ1ZM0&feature=player_detailpage
Tags: alimentación, cancro, ciclamato de sodio, E-952
Mércores 30 de Novembro do 2011 ás 2:20 pm
O debate sobre a alimentación é moi longo e intenso.
Mentres moitas persoas nos conciencian sobre a importancia da boa alimentación,outras fan a vista gorda cando empresas multinacionais coñecidas pretenden abaratar os seus costes de produción engadindo substancias de dudosa legalidade e perigosas para as persoas.
En resume,gañan cantidades enormes de diñeiro poñendo en risco a saúde dos consumidores.
Os controis sanitarios deberían ser máis rigurosos en canto ás substancias que se utilizan, pensando máis no beneficio da poboación e algo menos nos seus intereses económicos.
Mércores 30 de Novembro do 2011 ás 2:35 pm
sandro e damián:
Nos opinamos que a coca cola zero e a coca cola light son productos para que as compañias gañen cartos sen importarlle nada a saude da xente que consume xa que ten un aditivo E-952,climatico sodico que e cancerixeno mais potentes e baratos utilizados na fabricacion de productos light este producto esta prohibido en todo norte america.Pode danar organos vitais ou reproductivos do noso corpo.
Mércores 7 de Decembro do 2011 ás 6:33 pm
yo creo que este producto se deveria de prohibir en todo el mundo pero si las leyes y los politicos no disen ni hace nada este producto se seguira comercializando ya que la gente no tiene conciencia y tampoco esta bien informada , no saben que provoca esta bebida y es deber de la ley informarnos bien o prohibirlas.
Mércores 14 de Decembro do 2011 ás 2:20 pm
E do 35 % dos casos de cancro que teñen relación na súa orixe coa alimentación, que porcentaxe a ten con productos light???
CRISTELA,JAVIER E ANXO
Martes 1 de Outubro do 2013 ás 1:30 pm
Nós opinamos que os produtos que conteñen o E-952, climático sódico, deberían estar prohibidos, xa que poden chegar a producir cancro. No caso de non acadar a súa prohibición deberíase informar aos seus consumidores dos efectos deste produto tan danino.
Ademais cremos que unha multinacional tan importante como Coca Cola e que factura tanto en todo o mundo non debería empregar este edulcorante barato que é tan prexudicial para a saúde das persoas.
Tampouco comprendemos como en países tan desenrolados como España, Italia ou Alemaña está permitida a venta de produtos que conteñen este edulcorante. Deberían tomar exemplo de Estados Unidos, Gran Bretaña, México e Venezuela.
Juan Ramón e Daniel.
Mércores 3 de Xuño do 2015 ás 11:08 am
Moitas veces as grandes empresas utilizan sustancias que poden resultar perigosas para o noso organismo con tal de sacarlle rendemento o prodúcto.Aqui temos o caso da Coca Cola Light,que contén nos seus compoñentes o E-954,climático sodico,que pode acarrearnos grandes problemas,como o cancro.Nun primeiro momento cando se inventou a Coca Cola foi concebida como unha bebida mediciñal patentada,é bastante chamativo que unha bebida que se comerciou nun primeiro momento como algo bo pra saude,a día de hoxe se descubra qu pode producir cancro.Outro dos misterios que rodea a este producto e que a sua formula de creación é secreta.
Otros aditivos perigosos son:
O nitrito de Sodio,destructor potencial de globulos vermellos,cancerígeno e que pode propvocar accidentes vasculares.Está presente en embutidos.
Butilhidroxianisol: Que aumenta o colesterol,da lugar a alerxias.Acumúlase no corpo e pode dar lugar a tumores de figado e que s eencontra en grasas,aceites e purés de pataca.
Temos que controlar os alimentos que consumimos para levar unha vida sana e sobretodo non abusar de productos moi grasos e con alto contido en calorias.
Sara Dorado e Inés María.