A importancia de falar de ciencia

Para saber de ciencia precisamos bós divulgadores científicos, persoas que nos acheguen de forma amena a esos conceptos cos que podemos entender mellor o mundo que nos rodea e ter unha opinión crítica e ben fundamentada en temas científicos e tecnolóxicos.

Por sorte cada vez contamos con máis persoas adicadas a amosarnos o fascinante mundo da ciencia, como Ángel Carracedo (que nos ofreceu unha charla sobre xenética o curso pasado) ou Jorge Mira, director do Programa ConCiencia. Este programa pretende “difundir entre a cidadanía a importancia que merece o saber científico como unha forma mási de cultura, intercambiando coñecementos entre a comunidade científica galega e as personalidades máis sobresaíntes do ámbito científico internacional”. Así, nas convocatorias dos últimos anos deste Programa ConCiencia, foron galardoados co Premio Fonseca científicos de tanto renome como Stephen Hawking ou James Lovelock e divulgadores como David Attenborough.

 

Tags: , , , , , , ,

48 Respostas a “A importancia de falar de ciencia”

  1. juanvidal Dixo:

    Pareceme moi ben falar sobre a ciencia, porque axúdanos a entender o mundo, as cousas que nos rodean e todos os misterios que hai e quedan por encontrar no universo.

  2. jeremyallemann Dixo:

    É verdade que falar de ciencia nos fai aprender máis de cultura.Danos un saber maís do mundo e gracias a bos científicos faise posible todo iso.Ademais penso que ó longo do curso acabaremos sabendo máis destas ciencias

  3. Juan Luis Allo Dixo:

    POis a min persoalmente pareceme moi importante o feito de que os xovenes se lles fale e ciencia, e de que eles sepan dela e falren dela e entendan as cousas mellor grazas os conocementos cientificos, pero tamén penso que dende a educción se lle da moita mais importancia as asignaturas de letras que as de ciencias, xa que todas da asignaturas que temos por ciencias, a parte das de modulo son do amito das letras e non da ciencia, esceptuando esta. De todas amneiras penso quer si e moi importante que se lle incuque a xente dende pequena a importancia da ciencia, saber dela, entendela e moitas mais cousas relaccionadas con ela.

  4. lidyaramos Dixo:

    Pareceme importante coñecer unha parte da ciencia a cal nos fale de distintas dos seus científicos …
    O programa da ConCiencia falanos dos distintos premios que se gañaron ou os diferentes homes e mulleres importantes no mundo da ciencia, que dan a coñecer mediante os seus descubrimentos , que isto divulgase na universidade de Santiago.
    O saber científico e un tipo de ciencia moi importante polo que se fundamenta no seu significado.

  5. andreacarro y alexandra Dixo:

    Na nosa opinión,o saber sobre a ciencia é aparte de interesante, necesario, para ter algo de cultura sobre o que ocorre neste planeta.O programa ConCiencia tamén, parece moi productivo xa que difundir á cidadanía o saber científico pode axudarnos a elaborar unha opinión crítica, e outros aspectos referentes á ciencia.

  6. Nicolás Parada e Nerea Garcia Dixo:

    A nós parecenos moi ben que a xuventude se lle vaia falando da ciencia porque e moi importante que os xovenes estean relacionados coa ciencia e con todo o que lle rodea.

  7. Esperanza y Sara Cardalda. Dixo:

    Este tema, o de “A importancia de falar de ciencia” parécenos moi interesante xa que iso de que nos falen da ciencia ós xóvenes, coma nós creemos que é imprescindible para que nun futuro teñamos máis coñecementos e unha cultura mínima os que van por letras sobre a ciencia. E respeto ó programa Conciencia é bo que haxa programas educativos xa que a maioría deles son do “corazón” e non teñen ningún fin didáctico.

  8. Zaira e Lucía Dixo:

    A nós parecenos moi importante o saber da ciencia, porque e moi necesario para moitas cousas e nos foi de gran axuda en outras, por exemplo: para descubrir como se formou a terra, a existencia doutros planetas…
    Para entender a ciencia tamén fan falta vos científicos e programas que divulguen a ciencia como por exemplo: redes de Eduardo Punset, ConCiencia dirixido por Jorge Mira.

  9. Cristiangaliñanes y mariana Dixo:

    A nós parecenos moi importante e é moi interesante o saber da ciencia,porque a nova xuventude pode saber e falar sobre a ciencia.

  10. Cristela, Anxo, Javier Dixo:

    Cremos que está moi ben a idea de que a ciencia esté presente na vida dos adolescentes porque nos axuda a entender o noso entorno, fainos a vida máis fácil. Pensamos que é imprescindible que persoas como Jorge Mira,Ángel Carracedo… nos achegen os seus coñecementos mediante charlas para que esteamos o tanto dos novos avances e descubrimentos.

  11. carmebarreiro Dixo:

    Dende o noso punto de vista, parécenos moi curioso o mundo da ciencia, xa que non estamos moi acostumadas a tratar con ela, é dicir, máis aló do que podemos ver no instituto. Grazas ós estudos dos diferentes científicos podemos dar un paso máis nela. Tamén nos sorprendeu moito que Jorge Mira fora unha persoa con tanto saber científico, porque nos non o coñecíamos máis aló do programa no que traballa na galega. Fixo un proxecto fermosísimo, grazas a el, puido achegar ata Galicia a científicos de tanta categoría como Stephen Hawking, James Lovelock ou David Attenborough.

    Carme Barreiro e Noelia Pérez

  12. angelafernandez Dixo:

    Na miña opinión pareceme ben que a xente fale da ciencia, e que nos falen a nos de ela, ainda que as veces sexa un tanto aburrido, pero , ante todo, axudanos a ter máis cultura xeral por así decilo, ademáis, se ahora sabemos de ela, podemos chegar a descubrir cousas en algún tempo, porque nunca se sabe o que pode estar pasando ahí a fora, e ademáis poderianos axudarnos máis adiante si nos contestan ao “vollager II” E algo que tamén nos axuda e o programa de ConCiencia, que sempre axuda algo máis e pode explicarche mellor que alguén que che conta as cousas por enriba. Resumindo, que non está de máis falar da ciencia.

  13. Sole y Daniela Dixo:

    Parecenos moi ben que existan persoas que nos acheguen cada vez máis á ciencia porque asi deste modo entenderemos mellor as cousas que suceden no mundo e nos axuda a elaborar unha opinión critica sobre esta.

  14. jacintosuarez Dixo:

    A nosa opinion e que é importante falarlle os xovenes da ciencia para que asi poidan aprender un pouco mais de cultara. Contar cada vez con mais persoas que se dedica o mundo da ciencia e bó para que haxa mais coñecementos dela e para que así a ciencia sea como algo máis importante e coñecida.

    Jacinto e miguel Nieto

  15. Javier vázquez e Laura Millán Dixo:

    A nosa opinión e que nos parece interesante todo o relacionado sobre a ciencia, pero sobre todo sorprendeunos ver ao famoso Jorge Mira xa que o coñeciamos do famoso programa da TVG “Cifras e Letras” pero non sabíamos que era un famoso catedrático de electromagnetismo na facultade de física da Universidade de Santiago de Compostela entre outras moitas cousas interesantes que o destancan como unha persoa moi intelixente.

  16. Betty e Laura Dixo:

    Moitos xóvenes e adultos coñecen o mundo que nos rodea gracias a grandes científicos como Eduardo Punset ou Jorge Mira que no lo explican, iso é bo porque asi entenderemos mellor o que ocorre ao noso redor, como foi a formación do universo, dos seres vivos…
    O programa ConCiencia é un bo exemplo de divulgación de ciencia de forma fácil e entretida.

  17. clararodriguez Dixo:

    A ciencia é un conxunto de coñecementos obtenidos sobre distintios patrones de razonamiento y de expresión.
    Se non fose pola ciencia non estariamos tan avanzados coma estamos actualmente,e mais avanzados estaremos no futuro.
    Grazas a ciencia puidose descubrir o sistema solar cos seus planetas,non exsistiria os medios de transporte mecanizados,nin a maioría dos aparellos que utilizamos diariamente.
    Na miña opinión a ciencia é un saber moi importante para nós,xa que é o noso futuro,e que a cidadanía fale da ciencia é unha boa base para o noso futuro.

  18. Daniel Jorge y Adrián Nuñer Dixo:

    A ciencia e unha dos temas que sempre está presente en todos os medios de comunicación e en todos os lugares do mundo,polo cal parécenos moi importante que se fale de ela , e maís aínda que se lles enseñe os rapaces e rapazas que están estudiando en todos os universidades e institutos do mundo.Por eso parécenos que se deberían de dar mais charlas como a que se deu no IES A Basella. Como tamén o Programa dirixido por Jorge mira ‘Con Ciencia’.Por que a ciencia e un coñecemento moi importante no mundo.

  19. danielaarango Dixo:

    A min persoalmente pareceme moi interesante de que ós xovenes se lles fale cada vez máis sobre a ciencia dunha maneira facil e compresible.Ademais temos a gran sorte de contar con persoas que nos mostran o fascinante mundo da ciencia, como Ángel Carracedo,Jorge Mira

  20. Nicolás Nieto, Antía Moreira e Sara Rodriguez Dixo:

    Nós pensamos que é necesario saber da ciencia para entender o que ocurre ao noso arredor e estudiar o que sucedeu no pasado para saber o que de onde proveñen os acontecementos que suceden agora, ou os que poderán acontecer nun futuro. Pensamos é de gran axuda os programas científicos na televisión xa que poñen ao alcance de todo o mundo dunha maneira sinxela a ciencia como o pregrama de Redes ou ConCiencia.
    Tamén se pode aprender moito con charlas como a do ano pasado de Ángel Carracedo sobre a xenética.
    É moi importante tamén premiar aos máis bos no seu traballo xa que así dunha maneira ou de outra tamén se animan aos científicos a seguir traballando e expoñendo á xente e así poder entender dunha maneira máis precisa o que sucede ao noso redor.

  21. anxovillanueva Dixo:

    Sabemos que é necesario que haxa dibulgadores que nos achegen a ciencia de forma que a entendamos e nos axude no día a día. Pero cremos que non hai suficiente xente como Jorge Mira ou Ángel Carracedo que compartan os seu coñecementos e os difundan entre a cidadanía, para asi poder compartir opinións e entender mellor o mundo que nos rodea.
    Anxo,Cristela e Javier 1ºBACH B

  22. Miguel Suárez e Xabier Castro Dixo:

    A ciencia pódenos aportar moitas cousas, e amplía os nosos coñecementos sobre o mundo no que vivimos.
    Son interesantes os premios Fonseca que da o programa Conciencia, premios que se dan a persoas que pretenden difundir entre a cidadanía a importancia do saber científico como unha forma máis de cultura, ademáis o programa Conciencia pretende introducir a ciencia nunha sociedade que se preocupa máis polos aspectos deportivos.

  23. sandropouso Dixo:

    sandro pouso e damian fernandez

    La ciencia es una de las ramas mas importantes para conocernos a mosotros mismos y conocer de que estamos compuestos, de donde venimos que lugar no universo ocupoanos y conociendo todos los compuestos de la tierra podemos conocer mejor nuestros universo.A que a ciencia rebate la religion en su evolucion

  24. franciscogonzalez Dixo:

    A ciencia é a base do mundo, se queremos entender o que nos rodea e incluso a nos mesmos temos que ter ao menos unhas nocións básicas dela.Cantos máis coñecementos científicos teñamos mellor imos a entender a vida.
    Pero eu digo, a ciencia entende de idiomas?Ou a ciencia ten un idioma suxeito a ela?Non.Sona a tontería pero e certo, moita xente tende a crer que a ciencia está mellor expresada en castelán que en galego, pero iso non é asi. A ciencia é a mesma sexa en galego, castelán, inglés, francés,alemán ou chino.
    Como galego, defendo a expresión da ciencia no meu idioma, por iso me parece xenial a labor que están a levar a cabo científicos galegos coma Angél Carracedo ou Jorge Mira entre outros, e espero que no futuro sexa maior o número de científicos galegos que nos fagan estar orgullosos da nosa lingua.

  25. Belén Chaves e Nuria Agra Dixo:

    Cada vez temos máis xente que lle interesa a ciencia. Quizáis sabendo o nivel que ten cada persoa, podamos descubrir mais cousas porque cada persoa é un mundo.
    A charla ”xenética e xenómica” con Ángel Carracedo nos non a pudemos ver porque aínda non estabamos aquí pero preguntamos e dixeronnos que estaba moi ben presentada e que falaba das enfermidades.
    Parécenos moi ben que existan os premios do programa ConCiencia, porque galardoan aos científicos menos coñecidos, e que se merecen premios polos seus descubrimentos.

  26. Andrea Otero e Uxía Piñeiro Dixo:

    A nós a ciencia parecenos un tema, do que hay que falar, xa que e o que nos explica como esta formado o mundo, e para poder comprendelo, e necesario saber algo sobre a ciencia. Aos xovenes as veces non lles interesa moito, pero iso e porque non a entenden, e enton non lle dan importancia.Pareceme moi ben que Jorge Mira entre outros se interesen pola ciencia en galego.

  27. Raquel Otero, Andrea Piñeiro e Lucia Rey Dixo:

    A ciencia cada vez é mais interesante e a xente interesase máis por ela pois por exemplo para nós saber ciencia pensamos que nos pode ser útil nun futuro porque se te paras a pensar estamos rodeados e cada cousa que facemos ten que ver coa ciencia dunha forma xa que a ciencia e a base de todo, e igual sen diferencias en calquera parte do mundo, e parecenos moi ben o recoñecemento dos científicos galegos, xa que soemos recurrir a cientificos estranxeiros, tendo uns escelentes cientificos dentro de galicia.

  28. Estela e Noelia Dixo:

    O feito de que cada vez se lle de máis importancia a ciencia, e de que se divulguen os coñecementos que esta nos aporta, parecenos moi importante. Non só enriquece a nosa cultura, se non que tamén nos permite coñecer moito máis sobre o noso mundo, o que nel acontece, e algo tan importante como saber quenes somos, de onde procedemos e os fundamentos da nosa existencia.
    Grazas a que hoxe en día hai moitas persoas interesadas neste tema, podemos obter grandes respostas.
    Aparte disto tamén é moi importante que o faga xente galega, pois en certo modo, e como se cita no post, esto permite que sexa algo máis cercano.

  29. Tais Magariños, Sandra Acha e Laura Fontela Dixo:

    Falar da ciencia e moi importante. Cada movemento que facemos está relacionado con ela e estudiado antes. Cada vez son máis as persoas que se interesan por ela e é moi importante que dende o noso paso polo instituto nos vaian amosando as suas ventaxas con diferentes charlas como xa se fixo algunha no instituto. Foi unha charla interesante na que falaron sobre enfermidades e as suas curas. Tamén cremos que se debía de dar máis a coñecer a estes cientificos xa que moitos non imos por ramas científicas e non os coñecemos.

  30. Tamara Agra Dixo:

    Paréceme moi necesario que haxa xente no mundo que lle interese de verdade que o resto da xente coñezamos o lugar donde vivimos e cómo podemos aproveitalo sen danalo. O que sen dúbida me chama máis a atención é Stephen Hawking, do que procurei información sobre a súa enfermidade. A pesar de esa dificultade que ten, non dubida en seguir co que lle gusta sen que lle afecte.

  31. ivanfeijoo Dixo:

    Iván Feijoo e Iván Figueira :
    Nos creemos que o importante non e solo falar da ciencia si non levala a cabo certos experimentos ciencificos posto que asi sempre quedaria todo mais claro que con simples palabras .

  32. Carlota Ucha, Cristina Cores e Carlota Ucha Dixo:

    Parécenos moi importante que cada vez axa mais científicos, porque grazas a os seus estudos podemos comprender mellor o mundo que nos rodea e facilitar a nosa forma de vida mediante os avances tecnolóxicos inventados por estes.
    Algúns científicos galegos importantes son : Ángel Carracedo, experto en xenética forense, e Jorge Mira, importante físico a nivel internacional que participa tamén no concurso Cifras e letras.
    O programa ConCiencia está deseñado pola USC para transmitir información aos cidadáns de forma sinxela e amena. Neste programa otórgase o premio Fonseca a aquelas persoas que supoñan un referente público que estimule o interés xeral polo coñecemento. O último galardoado foi Sir Roger Penrose pola súa capacidade divulgadora da ciencia, desde as orixes del universo aos misterios da mente humana, e tamén pola súa brillante traxectoria científica.
    CRISTINA CORES
    SANDRA DÍAZ
    CARLOTA UCHA

  33. andreajueguen Dixo:

    Eu opinno que a ciencía e moi importante xa que sen ela non poderiamos saber o todo o que sabemos agora, e dicir, a ciencia e a encargada de aberiguar novos datos e encontrar solución aos problemas que poden aparecer na vida cotidia.
    E importante divulgar a ciencia, xa que é unha voa forma de que todos conprendamos mais cousas dela e interesemonos mais por as cousas que nos rodean. Hoxe en día hai moitos cientificos importantes aos que lle debemos os coñecementos que temos hoxe en día, e os cales aun seguen intentando descubrir cousas novas.

  34. inmaculadaresua Dixo:

    Nós estamos totalmente de acordo,coa necesidade de que haxa bós divulgadores da ciencia, porque é importante o saber, pero quizáis máis importante, se cabe, que esas persoas que saben de ciencia, poidan explicala para todo o mundo.
    E para nós os galegos, é un gran orgullo, ter tan bós divulgadores e cintíficos, como Jorge Mira ou Ángel Carracedo, e é tamén unha forma de dar a ver e de expander polo mundo a nosa lingua, dado que a maioría das conferencias destes gandes divulgadores son en galego.

  35. Jenifer Fernandez e Jonathan de Jorge Dixo:

    esta ben o de fcer charlas polos colexios sobre a ciencia porque é unha forma de aprender, a maioria das cousas cotidianas sen a ciencia non se poderian facer, nos non tivemos a charla esa pero segura que seria interesante.

  36. sergiovazquez Dixo:

    A ciencia e a tecnoloxia é moi importante neste mundo porque cada vez esta mais tecnoloxizado e a xente ten q saber mais do que son estas cousas e por iso alguns espertos da materia dan charlas disto para concenciar a xente do importante que é
    Cada vez a xente fala mais de cinecia e de tecnoloxia na sua vida cotía .

  37. eloyarosa Dixo:

    Eloy Arosa e Adrián Saborido

    Parécenos moi ben que se fale da ciencia porque nos axuda a entender mellor o mundo no que vivimos.Tamén nos parece moi importante que se lles fale da ciencia a xente xóven ,xa que están rodeados dela.Sen a ciencia nunca avanzaríamos tecnolóxica e científicamente. Esperamos que no futuro haya científicos tan bós coma Eduard Punset e Stephen Hawkin que nos axuden a avanzar máis no mundo da ciencia.

  38. miriammartinez Dixo:

    Paréceme xenial a divulgación da ciencia e que haxa bós divulgadores científicos que nos achegen a ese mundo da ciencia e podamos entender os seus conceptos e así entender mellor o mundo que nos rodea dunha maneira máis amena e poder ter máis coñecementos en temas científicos que nos axudan a entender mellor o mundo e o que ocorre nel , ademáis estou de acordo e paréceme moi ben que se lles vaia inculcando aos nenos desde xóvenes a importancia de falar da ciencia dunha maneira amena e divertida para que se interesen por este mundo fascinante que é a ciencia.

  39. nereabarreiro Dixo:

    Nós creemos que falar de ciencia é falar da realidade, pois a ciencia aportanos coñecementos sobre a verdade do mundo. Saber de ciencia é saber cultura, pois a ciencia non é como os demais saberes, pois a demostranos todas as súas teorías, e moi poucas veces se engañan.
    O programa ConCiencia de Jorge Mira pode ser moi interesante xa que nos achega a ciencía de forma lúdica, e grazas a este programa podemos obter moita información deste saber que nos achega a realidade do mundo.
    Nerea Barreiro e Sandra Amoedo

  40. Carmen,Paula e Cristina Dixo:

    Falar de ciencia é algo imprescindible para entender a nosa existencia.
    Este tema debería estar presente en todos os medios de comunicación,pois é algo que nos acompaña sempre.
    Preguntas como: ¿de onde procedemos? ou ¿cómo é o universo? respóndenos a ciencia, grazas aos estudos de moitas persoas como Jorge Mira que se dedican a investigar estes asuntos, nos sabemos moitas cousas do mundo pero aínda quedan moitas por descubrir…

  41. Elisamougán Dixo:

    Que halla persoas que nos amosen o fascinante mundo da ciencia e con él todas a preguntas que nos podemos plantexar,parece realmente curioso.
    Temos que saber algo sobre a ciencia para poder coñecer cada vez un pouco máis do mundo que nos rodea e os misterios que ainda quedan por descifrar no universo .

  42. marcoscrespo Dixo:

    marcos e eloy: Nos pensamos que a ciencia avanzou moitisimo de onte para aqui pero ainda lle queda un gran camiño por recorrer.
    Anxel Carracedo estubo o ano pasado con nosco nunha charla na que aprendimos moito, a parte de falar de ciencia dixonos que a ciencia non e solo se fala en ingles a ciencia falase no idioma que ueiras e que el era un gran defensor da ciencia en galego. O que se celebren o premios ConCiencia para nos e moi bo porque e un premio ue loitas por conseguilo e nesa senda da victoria aprendese cousas que mais a diante podense necesitar.

  43. David Fontán // Eloy cores Dixo:

    Parecenos moi ben que se fale da ciencia porque e moi interesante para todos , pero ainda quedan moitas cousas que saber do universo pero eso saberemolo gracias aos científicos . Tamén nos axuda a ter un pouco mais de cultura , un dos mellores científicos son : Stephen Hawking ou James Lovelock

  44. stevenalvarez Dixo:

    Para hablar de ciencia, tiene que gustarnos la ciencia, pero es evidente que nuestra inquietud nos lleva cada vez más a querer saber, el porqué, el de donde venimos y sobre todo hasta donde llegaremos. estas respuestas y muchas más las conocemos solo a través de la ciencia.

    A ciencia tiene un idioma universal.

  45. josepineiro Dixo:

    Na nosa opinión falar de ciencia é moi bo dado que nos axuda a entender mellor o noso mundo e o universo.
    O programa ConCiencia prentende difundir entre a poblanción o saber cientifico como outra forma de cultura,máis deveria practicarse máis que falala.
    Jose Piñeiro e Elena Vazquez

  46. Andrea Nieto Dixo:

    Para min é moi importante o coñecemento da ciencia, sobre todo na nosa idade, que é cando nos empezan a nteresar certos estudos. Deberíaselle dar moita máis importancia que da que lle damos, porque grazas a ciencia, coñecemos case todo o que hoxe sabemos do pasado e do que vai a acontecer nun futuro.

  47. Xavier Longo e Diego Allo Dixo:

    Nos estamos totalmente de acordo co tema de que a xente fale da ciencia porque todo o que nos rodea en cada casa en cada parte do mundo ahi algo relacionado coa ciencia.
    Aparte de todo isto cando os grandes da ciencia falan das charlas seria moi interesante escoitalas porque os axudan a mellorar neste ambito e asi coller moita mais experiencia neste tema tan importante como e a ciencia.

  48. davidfernandez Dixo:

    Creo que a ciencia e un tema moi bo porque nos fai culturizarnos mais, aprender cousas novas, etc…e crep que e unha sorte ter a tan bos cientificos coma os que se presentaron a “ConCiencia”