Un premio contra o cambio climático

O propietario de Virgin, o empresario británico Richard Branson, ofrece un premio de 25 millóns de dólares a quen idee unha fórmula para eliminar os gases efecto invernadoiro da atmosfera. Escoltado polo ex vicepresidente de EEUU Al Gore e outros destacados defensores do medio ambiente, Branson animou ós “cerebros máis brillantes do mundo a idear unha forma de eliminar alo menos o equivalente a 1.000 millóns de toneladas de dióxido de carbono por ano, e con un pouco de sorte moitas máis”. “Teredes a satisfación de salvar miles de especies… e posiblemente á mesma humanidade”, añadiu o dono de Virgin na roda de prensa celebraba en Londres. O ‘Virgin Earth Challenge’, que así se chama o galardón, concederase á persoa ou grupo que logre un deseño comercialmente viable que dea como resultado a eliminación de cantidades significativas de gases de efecto invernadoiro da atmosfera para conseguir a estabilidade do clima da Terra.

 

imagen

David Keith, profesor de ingeniería da Universidade de Cargary, que desenrolou unha patente provisional, dixo que non era un misterio cómo facelo, o problema é o custo, concretamente uns 300 dólares por tonelada de CO2 capturada.

Estaremos a tempo de revertir o cambio climático global?

 

 

Tags:

2 Respostas a “Un premio contra o cambio climático”

  1. Nicolás parada Dixo:

    Eu creo que ata agora a idea que tuvo Richard Branson foi unha das mellores ideas para parar o cambio climático porque ao poñer cartos de por medio, moitos científicos que o mellor ata o de agora non estiveran interesados en dar remedios para o cambio climático, cos cartos que ofrece Branson suscitan un interese repentino por parte deses científicos, co cal darán ideas para parar unha das maiores crises que sofre o noso planeta ata o de agora.
    Respecto a pregunta que poñen ao final do articulo, si ainda estamos atempo de parar o cambio climático.

  2. Andrea, Alexandra, Nerea Dixo:

    Estamos de acordo con esta iniciativa porque os gases de efecto invernadoiro da atmósfera son perxudiciais para o futuro do planeta.Coa axuda recompensa incitará a que a poboación se esforze máis en encontrar unha solución. Pois creemos que pouco a pouca se revertirán os efectos.