Sismo de 8,9 na escala Richter en Xapón
A sociedade xaponesa está desenvolvida tecnolóxicamente e preparada fronte ao risco sísmico, a súa vulnerabilidade ante estos eventos é baixa, aínda así, un sismo da magnitude do rexistrado o pasado día 11 provoca moitos danos, perdas humanas e económicas Consultando un mapa de placas tectónicas podemos deducir con facilidade por qué Xapón, asociado a un límite de subdución, presenta esta alta probabilidade de sufrir movementos sísmicos. O foco do sismo localizouse a varios quilómetros da costa, co que preocupan os tsunamis que se poidan xerar nas costas doutros países. Ademáis, Xapón conta con varias centrais nucleares cos sistemas de seguridade máis avanzados do mundo, aínda así, cun sismo de magnitude 8,9 na escala Richter é difícil previr os danos.
Así se produce un sismo (pincha aquí).
Investiga as medidas de protección e preparación fronte ao risco sísmico dos que dispón a sociedade xaponesa e que están aparecendo estos días na prensa.
Reflexiona sobre a conveniencia da construción de centrais nucleares en zonas de risco sísmico como Xapón.
Tags: centrais nucleares, escala Richter, foco, placas tectónicas, risco sísmico, sismo, tsunami, vulnerabilidade, zona subdución
Luns 14 de Marzo do 2011 ás 2:14 pm
As medidas que Xapón ten en protección e preparación son que que teñen centros especializados en terremotos, as súas construccións e estruturas móvense co sismo e, polo tanto,non están inmóbiles,e así non se rompe e quedan intatas,diques para a subida do mar.
As centrais nucleares poden estar nestes lugares con perigo de sismo, pero con maiores medidas de seguridade,porque se algún escape radiativo ou explosión pode ser unha catástrofe.Senón teñen boas medidas de seguridade, non sei porque reñen que construir esas centrais nucleares polo perigo que conleva con isto, e menos en Xapón coa vulnerabilidade que ten.
Luns 14 de Marzo do 2011 ás 2:27 pm
Baixo o noso punto de vista o terremoto de 8,9 na escala de Richter non foi o que provocou a destrucción en xapón, senon que foi o tsunami, o que coa sua forza destruiu todo o seu paso.
Respecto as solucion para reducir ou eliminar o risco de destrucción, creemos que seria imposible ou practicamnete imposible facer algo para impedir que un tsunami entrase na terra e destruise todo o seu paso, o único que se podería facer é solucionar os danos persoais avisando e protexendo a xente de tal fenomeno.
Sobre as centrais nucleares parece de risa que se construan estes edificios tan perigosos en lugares donde cada dous por tres hai risco de terremotoou tsunami. Deberian facelas en lugares seguros para as persoas.
Mércores 16 de Marzo do 2011 ás 4:19 pm
A sociedad xaponesa, xa sabe que ten unha gran probabilidade de sufrir esta clase de catastrofes, de feito as casas e edificios xa teñen unha extructura especial para intentar aguantar estes fenomenos, no caso do tsunami, non hai maneira de defenderse…
As centrais dende logo nas zonas como Xapón e unha tontería facelas sabendo o risco que corren.
Luns 21 de Marzo do 2011 ás 2:36 pm
A sociedade xaponesa presenta medidas coma construccións sismorresistentes ,alertas de móvil ou boias que perciben na auga a chegada dun tsunami,xa que se trata dunha ampla rede de boias conectadas por satélite coa terra,que detectan calquera tipo de perturbación.
Respecto ás centrais nucleares, pensamos que non se deberían construír en zonas nas que haxa un elevado risco sísmico,xa que non se deberían construír a beira do mar e que tivesen a garantía de suministro eléctrico.
Martes 22 de Marzo do 2011 ás 11:47 pm
eu penso que por moito que Xapon e outros paises asiáticos saiban que corren perigo de furacán ou terromotos e estean preparado para o mellor e moi dificil de saber os danos que pode causar, ainda que case sempre o resultado e o mesmo: mortes, moitos feridos, e moita xente nobre que queda sen o seu domicilio por culpa destas catastrofes
Domingo 27 de Marzo do 2011 ás 12:16 pm
Nos cremos que Xapón está bastante preparado. Algunda das medidas que teñen son as suas construccions sismoresistentes,teñen tamen trens de alta velocidade con un dispositivo automático que lles frea electrónicamente uns segundos antes de que suceda o temblor. Da mesma forma, a niveles particulares os sistemas de alarma son cada vez mais accesibles, desde dispositivos electrónicos de sobremesa, pasando por alertas a móviles,e moitas outras prevencións que teñen para poder sobrevivir sin moitos danos os terremotos xa que é un dos paises que máis terremotos sofre o ano.Ainda sendo de tanta magnitude o que lle causo danos a Xapón foi o tsunami, porque aínda que teñan avisos na auga, non teñen moito que facer ante el xa e moi dificil ou imposible evitalo.
As centrais nucleares están situadas nun moy mal lugar, solo hai que ver os destrozos que estan causando e todo o que está contaminando.
Luns 28 de Marzo do 2011 ás 1:14 pm
1-Esas son algunhas das medidas que se toman en Xapón para previr este tipo de catástrofes:
Sensibilizar ás poblacións, murallas contra os tsunamis, vivendas a proba de sacudidas, disminuir o risco sísmico.
Se non funcionan é porque non se pode desafiar á naureza, xa que moitos desos feitos son imposibles de superar.
Os reforzos nos edificios ou os simulacros feitos nos colexios centros de educación veñe moi be para aguantar a presión de cando se xeran estes fenómenos.
2-Ainda que a enerxía nuclearé a máis limpa e menos cotaminante á larga pode lebar a ter moios problemas. Estas centráis deberían de estar construídas nun sitio onde non podería haber poboación nun radio suficiente como para se hai algún acidente non correr un isco grande na poboación.
Os residuos enterrados no mar deberían de estar moito máis alonxados por se houbera algún problma no tempo que tardan en deixa de producir radioactividade.
Mércores 30 de Marzo do 2011 ás 10:24 am
O sismo que sufriu Xapón puido ser moito peor, pero as estruturas xaponesas estan preparadas para sufrir temblores de gran magnitude e teñen sistemas de seguridade moi precisos como no seu tren de alta velocidade que ten un dispositivo de emerxencia que o detén o instante de notar un temblor elevado.
As centrais nucleares están situadas no medio da poboación.Penso que se se queren situar neses lugares deberían ter máis medidas de seguridade, xa que centos de persoas están sendo desaloxadas e hai risco dunha fusión nuclear.
Domingo 3 de Abril do 2011 ás 6:51 pm
Xapón sempre estivo á cabeza nos avances tecnolóxicos. Durante moitos anos a investigación neste sector dedicouse a predecir movementos sísmicos, a diseñar edificacións con maior resistencia sismica. Ademáis, Xapón dispon de avisos como alertas de móvil e boias que perciben na auga a chegada dun tsunami.
Sobre a construcción de centrais nucleares en Xapón penso que xa que tanto avance tecnolóxico hai, puidose pensar en construir as centrais nucleares mais cara o centro e non tan preto da costa.
Luns 4 de Abril do 2011 ás 1:10 pm
Debido ao constante perigo de un posible terremoto, os xaponeses toman as diferentes medidas:
- Deben ter un refuxio cerca da súa casa.
- Ter unha mochila preparada coas cousas de primeira necesidade (alimentos, mediciñas…)
- Os colexios realizan simulacros como medida de seguridade.
- Os mobles das casas teñen que ser moi pesados e teñen qe estar atornillados ás paredes.
- Utilizan materiais que absorben os golpes, como o aceiro, e ademais revisten os edificios con amortiguadores.
Como reforzo nas medidas de seguridade asegúrase que nos terremotos fortes os danos deben ser mínimos, e en caso de terremotos de gran intensidade o edificio non debe desplomarse.
Nos trens, tamén levan medidas de seguridade. Ao detectar un movemento sísmico acciona un freo de emerxencia.
En caso de terremoto actívase automáticamente un mecanismo de aviso en tódolos medios de comunicación.
Non se deberían de construir centrais nucleares en zonas de riscos sísmicos,por exemplo, Xapón depois do terremoto ten moitas posibilades de contaminación e a sociedade ten unha maior posibilidade de padecer cancro.
Xoves 7 de Abril do 2011 ás 9:24 pm
A sociedade xaponesa, xa sabe que ten un moi grande risco de sufrir terremotos pola súa situacion xeográfica,polo que adoptan moitas medidas de seguridade contra os terremotos, xa que é unha sociedade rica.Algunhas das medidas que adoptan son facer contruccións sismorestistentes, as cales no caso de que se produza un terremoto non quedaran ríxidas, tendo o risco de romper, senón que se moverán co temblor sendo así flexibles.
As centrais nucleares están moi mal situadas xa que aínda que dispoñan das mellores e máis avanzadas medidas de seguridade, nunca se poden predecir como serán os desastres naturales, cando se produciran, nin que danos provocaran, como por exemplo este terremoto que superou as medidas de seguridade das centrais, as cales estan dando grandes problemas e poden ser moi perxudiciais para a saude durante moitas xeneracións.
Domingo 10 de Abril do 2011 ás 10:04 pm
Os xaponeses están acostumados a sufrir terremotos xa que se atopan no Cinturón de Fogo do Pacífico, unha das zonas xeolóxicas maís inestabeis e complexas do planeta,cun altísimo risco sísmico.
Xapón conta cos edificios mellor preparados para soportar un sismo sen ser derruido.A pesar disto este sismo deixou ao seu paso por xapón un número de mortos e de desaparecidos alarmante: uns 10.000 e 16.000,respectivamente.
Os edificios están diseñados para soportar terremotos pero este sismo ao xerarse no Océano Pacífico concretamente na Fosa de Xapón onde a placa do Pacífico subduceu baixo a placa de Ojotsk desencadeou un tsunami que chegou às costas xaponesas xerando olas de ata 10 metros de altura que levaron coches e mesmo edificios por diante.
Por outra banda están as centrais nucleares danadas polo terremoto que non deberían de construirse en zonas de tan alto risco sismico.Exemplos disto son as centrais de Fukushima,de Onagawa e de Tokai.Na central de Fukushima declarouse o estado de emerxencia a causa dun fallo dos sistemas de refrixeración dun dos reactores.Pouco despois produciuse unha explosión no interior da central.Isto obrigou ás autoridades a aumentar de 10 a 20 km o radio de evacuación afectando así a 45.000 persoas.
Luns 11 de Abril do 2011 ás 1:12 pm
Xapón tenmito risco de sufrir sismos coma terremotos… Por iso este sismo que sufriu Xapón, inda que provocou danos pérdidas, podería haber sido mito peor, xa que este país esta preparado para esta clase de perigos, pois sabese que os paises asiaticos non só Xapón corren moito mais risco de sufrir sismos ca os demáis paises. E por iso polo que Xapón esta preparado, as estructuras dos edificios e casas xa están vastante preparadas para aguantar un terremoto…
As centrais nucleares están mal situadas, pois o encontrarse no medio da poboación e no caso de que hubese un problema nela, isto poderia ocasionar miles de feridos ou mortos. E logo tamén esta que o encontrarse a posibilidade de perigo, isto obliga a desaloxar as persoas das suas casas.
Luns 11 de Abril do 2011 ás 1:17 pm
1. En Xapón, os edificios están deseñados para inclinarse lixeiramente cando hai movemento sísmico, de maneira que non se derrumben. Ademais de que a poboación esta entrenada para afrontar este tipo de situacións.
2. Parecenos unha enorme irresponsabilidade que se contrúan centrais nucleares en zonas con tanto risco sísmico nas que habita unha gran cantidade de poboación de forma bastante concentrada ademáis.
David & Teo
Martes 12 de Abril do 2011 ás 12:18 pm
A solucion para reducir ou eliminar o risco de destrucción, creeo que seria imposible facer algo para impedir que un tsunami entrase na terra e destruise todo o seu paso, o único que se podería facer é solucionar os danos persoais avisando e protexendo a xente de tal fenomeno.
Pero ademais tampouco se sabe con moita anrtelacion cando vai ocurrir o suceso.
Ademais Xapon xa sabe que ten un perigo de sufrir terremoto e deberia estar preparandose para o caso de poder sufrir terremotos e tsunamis.