Efectos do Mercurio.
Hoxe en día unha gran parte do peixe que consumimos está contaminado polo mercurio e polas grandes cantidades que existen no medio ambiente e no noso organismo seguen aumentando, coas fortes consecuencias que pode producir este material tan pesado. Fai uns anos a ONU e a Unión Europea alertaron o urxente que era controlar este problema de saúde que nos pode afectar a todos os públicos, pero por exemplo a industria de cloro-sosa sigue empregando unha tecnoloxía moi contaminante que se pode remediar.
Cando o mercurio é emitido á atmosfera móvese con facilidade para depositar no chan, auga e sedimentos. Unha vez aquí, os microorganismos convírteno en metilmercurio , desta forma é recibido por plantas e animais, polo que entra nunha cadea. As maiores concentracións danse nos grandes depredadores de consumo (atún, peixe espada, tiburón, …). O metilmercurio pode producir danos moi importantes na saúde humana. O Centro Internacional de Investigación sobre o Cáncer considera que os compostos de éste, poden ser carcinóxenos .
A industria de cloro-sosa é a maior consumidora de mercurio en España debido a que emprega celdas de mercurio. O mercurio utilízase tamén nunha gran variedade de procesos industriais, produtos de consumo e aparatos médicos. A boa nova é que casi todos estos usos teñen unha alternativa viable libre de mercurio.
Pregunta: E tí, ¿cres que hai algún outro método para remediar o problema ao que nos leva o Mercurio?
Tags: cadeas tróficas, contaminación metais pesados, mercurio, metilmercurio
Martes 14 de Decembro do 2010 ás 7:17 pm
Se isto e verda, que os peixes están contaminados polo mercurio, para nos sería unha gran perdida comestible e maioritariamente económica xa que no lugar nos que nos vivimos o peixe e un dos alimentos dos que mais disfrutamos.
Sen falar das persoas que se gañan a vida vendendo pesacado. Se isto chegara ata nós sería unha enorme perdida como xa dixen antes.
Domingo 19 de Decembro do 2010 ás 4:15 pm
Este metal pesado e altamente contaminante e perxudicial tanto para animais, plantas ou seres humanos.Xa que este afecta principalmente os peixes que estan nas augas contaminada polo mercurio que e producto das fabricas,pero despois afecta tamen a outros seres vivos devido a que isto convírtese nunha cadea.
Polo tanto deverían controlarse algúns tipos de enerxias contaminantes xa que este metal pesado pode producir graves enfermidades.
Luns 20 de Decembro do 2010 ás 12:11 am
Penso que este elemento é moi perigoso, tanto para os animais, como para as persoas. E moito máis nos caso do peixe e do marisco que teñen unha tendencia natural a concentrar o mercurio nos seus corpos, a menudo en forma de metilmercurio,un composto orgánico do mercurio altamente tóxico.
Creo que o método que se debería tomar e o que estamos acostumados a facer, intentar non contaminar e disminuir a actividades nas que esté presente a utilización do mercurio.
Luns 28 de Febreiro do 2011 ás 2:28 pm
O mercurio ao ser un elemento contaminante e perigoso podenos facer moito dano se somos comedores habituais de peixes que conteñan un índice alto de mercurio.E non so e perxudiacial para os seres humanos senón que é perxudiacial para as plantas e outros seres vivos.Polo tanto penso que ca tecnoloxía e os avances que temos na actualidade deberían facer alguhna cousa para baixar este alto índice de contaminante que é o mercurio.