Victorias enxordecedoras!

As vuvuzelas, as trompetas dos inchas do mundial de fútbol 2010, “son parte da cultura sudafricana e non se van a prohibir”, ao igual que non se prohíben cánticos e bongos noutros países. Así  o sinalou Joseph Blatter, presidente da FIFA,  a pesar de que poderían causar danos auditivos permanentes, segundo a fundación mundial de fonoaudioloxía Hear the World.

Aínda que normalmente se reserva para os encontros do campeonato local, a vuvuzela pode escoitarse agora tamén durante os partidos de preparación e as sesións de entrenamento cara aos torneos, incluso naqueles nos que non participa a selección sudafricana (pois estanse fabricando en plástico e sendo ampliamente distribuidas entre os afecionados visitantes).

imagen

 A palabra vuvuzela provén do zulú “vuvu” que significa “facer ruido”. Os responsables da fundación Hear the World realizaron un estudo no que comprobaron que a vuvuzela emite 127 decibelios, ampliamente superior ao son dunha motoserra, das bocinas de aire ou dos tambores de samba brasileiros. Esta fundación dixo que unha exposición prolongada a 85 decibelios provocaría xa un dano auditivo permanente e instou aos afecionados a utilizar proteccións como tapóns para os oídos ou orelleiras. O estudo mostrou tamén que non só bocinas, tambores e trompetas poden danar os oídos, xa que dous afecionados que gritan gol estando cada un ao teu lado poderían producir ata 121,6 decibelios.

 

Tags: , , ,