Un futuro sen cancro de mama
O cancro de mama afecta a máis de 1.150000 mulleres no mundo e os factores de risco son moi diversos:
- O risco de ter cancro de mama aumenta coa idade
- Por antecedentes familiares coa enfermidade
- Tomar estróxenos exóxenos ou anticonceptivos orais, aumenta a probabilidade de ter cáncer de mama
- As mulleres que toman dietilestilbestrol para reducir o risco de aborto, poden padecer a enfermidade despois dos 40 anos.As formas de detectalo son a mamografía e a ecografía. E recentemente atopouse unha vacina que pode chegar a curar o cancro.
A vacina probada en ratos, mostra como evita o desenvolvemento dos tumores e paraliza o crecemento dos existentes.
A novidade da vacina é que conten un antíxeno “a-lactalbumin”; é unha proteína que está presenta na maioría dos cancros de mama pero non na muller sa, deste xeito a vacina pode preparar ó sistema inmunolóxico da muller para que ataque ó a-lactalbumin, evitando a formación do tumor sen danar o tecido sa.
Teremos que esperar uns cantos anos para que esta vacina estea dispoñible pero pode ser o fin do cancro de mama.
Qué che parece este novo avance?
Tags: cancro, inmunoloxía, saúde, vacinas