A enerxía solar barata leva o ‘Nobel’ de Tecnoloxía

O físico suízo Michael Grätzel gañou a cuarta edición do Premio Millennium de Tecnoloxía, polas súas células solares sensibilizadas por colorante.


As células fotovoltaicas de baixo custo e alto rendemento, coñecidas como “células Grätzel”, supón un fito no desenvolvemento de novas tecnoloxías para a produción de enerxía solar.

Esta innovación de Grätzel xogará probablemente un papel  moi importante na produción barata de enerxías de baixo custo.

Son células solares de terceira xeración feitas con  materiais baratos e con un proceso de fabricación moi simple, polo que o seu rendemento é excepcional e o seu custo moito menor que o dos paneis solares tradicionais de silicio.

Esta tecnoloxía coñécese como “fotosíntese artificial”, consiste en empregar dous electrodos e unha tinguidura que xera electróns ao contacto coa luz.

Ata agora o tema das enerxías  fotovoltaicas, moita xente considerábao como unha estafa, pero se isto vai adiante, é unha boa nova para o mundo. Necesítanse moitas ideas novas para este mundo tan difícil que se nos vén enriba.

 

Tags: , , , ,