Sal, azucre e auga

Un chisco de sal, un puñado de azucre e un pouco de auga potable é todo o que fai falta para salvar aos 2 millóns de nenos que morren ao ano a causa da diarrea (constituíndo esta a segunda causa de mortandade infantil no mundo), dixo en marzo deste ano a Organización Mundial da Saúde (OMS).

No último informe realizado pola OMS en colaboración con UNICEF dábanse a coñecer datos arrepiantes: a diarrea, apenas un inconveniente máis no mundo desenvolvido e pese a existencia de tratamentos médicos contra ela, cóbrase ao ano máis vidas que a SIDA, o sarampelo e o paludismo xuntos. Resulta contradictorio que todas estas vidas poderían ser salvadas cun gasto de 50 céntimos, según os datos publicados pola campaña “Yo de mayor quiero estar viva” da organización Save the Children, que loita por previr as enfermidades que acaban resultando mortais cada ano para 10 millóns de nenos menores de cinco anos (o que supón unha morte cada 3 segundos, o 99% delas en países subdesenvolvidos).

Nena séndolle suministrada a vacina contra o rotavirus

Nena séndolle suministrada a vacina contra o rotavirus

A OMS e UNICEF publicaron tamén un dossier cun listado de sete puntos que permitirían erradicar os efectos negativos desta afección, entre os que destacan a vacinación contra o “rotavirus” (unha das principais orixes da enfermidade e a causa da hospitalización da metade dos nenos menores de 5 anos), o reemplazo de fluídos para evitar a deshidratación (mediante sales de rehidratación, que se mesturan con auga e están compostas fundamentalmente se sodio=sal, glucosa=azucre e potasio) , e as boas prácticas de hixiene e o acceso a auga potable (condicións das que carecían, en 2006, 2500 millóns de persoas).

 

Tags: , ,