Power Balance, realidade ou timo?
Ante a recente aparición destas pulseiras, as POWER BALANCE, pareceume interesante crear un post no que se fale delas.
Os creadores desta pulseiras, como se pode ver na anterior ligazón, prométennos unha serie de melloras no noso organismo, que parecen totalmente milagrosas, pero máis alá da páxina oficial deste produto, asegúrannos que as marabillas que pode chegar a facer carecen totalmente de fundamentos científicos.
O prezo destas pulseiras ronda os 35 euros, que aparentemente parece moi pouco, xa que un aumento tan notable nas nosas capacidades físicas básicas(forza, resistencia, velocidade…) tería un custo moi elevado nun ximnasio. Pero que pasaría se eses 35 euros fosen invertidos en vano?
Aínda así, despois de mirar outras moitas páxinas, pódese ver que algunhas ratifican as afirmacións da páxina oficial; aparecendo así un debate entre a súa posible veracidade.
Despois de ler a información que aparece nas ligazón, podes dar a túa opinión sobre estas pulseiras, ata que punto cres que un anaco de plástico cun holograma pode orixinar semellantes cambios?
Tags: power balance, produtos milagro, saúde
Mércores 26 de Maio do 2010 ás 7:46 pm
Pero, ¿son un timo ou un milagroso remedio?
De momento, Facua ha denunciado ante las autoridades sanitarias a Power Balance España por atribuir propiedades seudomilagrosas a estas pulseras, que rondan os 40 euros. A empresa asegura que “brinda ó corpo novamente un estado de armonía e equilibrio como tivo antes da contaminación por sustancias químicas, comidas rápidas, a falta de exercicio e o estrés”. Todo isto grazas a uns hologramas que, aseguran, “reaccionan positivamente co campo de enerxía do corpo”. O que sí é positivo é o número de ventas que ascende a 300.000. A denuncia de Facua, que está sendo remitida o Ministerio de Sanidad, argumenta que Power Balance vulnera o Real Decreto 1.907/1996, do 2 de agosto, sobre publicidade e promoción.
Esta norma prohíbe a publicidade de productos “que suxiran ou indiquen que o seu uso ou consumo potencia o rendemento físico, psíquico, deportivo ou sexual”, “sen axustarse aos requisitos e exigencias previstos na Ley do Medicamento”.
Sen embargo, a compañía que fabrica as pulseras ha emitido un comunicado no que asegura que “nunca ha atribuido propiedades pesudomilagrosas” ao seu producto e que “realizará as accións legais e comerciais que considere adecuadas e necesarias para protexer a súa tecnología, marca e prestixio”.
Eu penso que todo esto é un timo, que os empresarios estanse aproveitando da xente que cree que todo o que sae na televisión é certo e da xente que non ten noutra cousa que invertir.Pensaron ben o de meter a xente famosa que anunciase o seu producto estrela xa que lle daría beneficios suficientes para cubrir os gastos dos famosos máis aínda así sacarlle un bo partido(mellor dito, un moi bo partido). Esto podese comprobar nas vendas xa que en moi pouco tempo xa venderon 300.000 unidades.
Se de verdade fixesen todo o que din eu creo que os científicos xa o houberan descuberto fai tempo e todos agora mesmo poderiamos facer o recorrido que nos puxo Aranzazú en menos de 5 minutos.
Martes 1 de Xuño do 2010 ás 4:18 pm
Sinceramente creo que un anaco de plástico cun holograma non te vai convertir en deportista de élite de ningún tipo, e non, tampouco mellora nin a túa resistencia sacar un sobre no exame de Aránzazu, nin te fai ter un equilibrio de acróbata do Gran Sol nin nada polo estilo. Desde a afirmación de que nese holograma se inseriron frecuencias (pois sería a primeira vez na ciencia na que se materializa e concentra nalgo unha medida sen máis) que axudan a manter en certo rango as que emite o noso corpo (así que aínda por riba interactúan con nós, en plan sinbiose), armonizando o noso biocampo (de existencia descoñecida) desmóntanse toda unha serie de parafernalias infundadas que teñen máis de márketing e embaucación que de ciencia. con todo isto, tampouco me extraña que haxa xente convencida de que funcionan. É certo, o efecto placebo é maravilloso, e a suxestión psicolóxica do consumismo aínda máis. Pero claro, a ignorancia disfrazada no poder adquisitivo fai que todos estes produtos milagros teñan innumerables adeptos, convencidos que nunha sociedade na que todo se compra, tamén se pode comprar a saúde, o benestar físico e psicolóxico, e un boa imaxe que che faga sentirte orgulloso de ti mesmo/a.
Luns 14 de Xuño do 2010 ás 12:49 pm
Yo tengo una de las pulseras y sinceranmete no funciona, pienso que es todo la forma d epensar de cada persona. Es como el caso de los “amuletos de la suerte”, es decir, una persona que tiene algun objeto que cree que le proporciona suerte hará las cosas creyendo que tendrá suerte, y si le sale bien pensará que es debido al amuleto y pensará que funciona.ejemp: las personas creyentes que tienen colgandes con la cruz ….
Martes 15 de Xuño do 2010 ás 6:21 pm
Na miña opinión as propiedades que afirma ter a power balance son absolutamente falsas, o problema e a dificultade que ten demostrar esta falsedade debido a que os consumidores afirman notar os seus beneficios. Os cientificos non ven veracidade nos atributos que di ter a power balance, enton de onde probeñen os seus efectos? Son reais? Eu opino que son todo o reais que o consumidor chege a crer, isto e unha cuestion de suxestion e confianza, se cres que a pulseira darache mais reflexos, maior equilibrio, maior velocidade no deporte que desempeñes faralo con mais confianza e polo tanto mellor. A xente ignora que se trate dun efecto placebo polo que atribue o seu mellor rendemento /a pulseira.
Algo que fixo moi ben esta empresa é utilizar de escaparate a deportistas famosos e con gran influencia sobre a sociedade como Cristiano Ronaldo, Feliciano Lopéz…
Pareceme amoral que se venda ¨aire¨ polo que espero que se poña unha sancion exemplar.
Martes 15 de Xuño do 2010 ás 7:49 pm
Eu creo que todo é publicidade. O unico que lle interesa a empresa e sacar cartos, e por vender un plastiquillo cun holograma a 40 euros sacanlle moito beneficio. Ya que facelo non lles custa nada.
Cunha boa publicidade todo esta feito. Ti paga a uns deportistas de elite e alguns famosos para que a leven e fagan un anuncio con elas e xa esta. Vendes millons delas. Ademais a xente sentirase mellor por comprala, como intentando parecerse a ese famoso un deportista de elite, e si sequera comprobar que o que venden e realidade, solo como o leva esa persoa, ti tamen queres levalo posto.
Mércores 16 de Xuño do 2010 ás 12:22 pm
Na miña opinón as pulseras non axudarán para nada a un aumento notable nas nosas capacidades físicas básicas(forza, resistencia, velocidade…) xa que eso está demostrado que solo se pode conseguir con exercicio físico ,non simplemente nun ximnasio, e o único que pode facer e adornar a túa muñeca e si o que queres e o adorno da pulsera por 35 euros está ben pero si o que de verdade queres é o que pon nos seus anuncios e que eres un pouco inxénuo. Esas entre moitas cousas é ata o punto que chega a publicidade e que para a miña opinión deberían de estar máis controladas xa que algún destes anuncios engañosos caeron moitísimas persoas. Outro exemplo que se ve moito na televisión é o de actimel como comentei anteriormente noutro blog.
Luns 21 de Xuño do 2010 ás 12:21 pm
A min isto sinceramente pareceme unha pérdida de cartos e un timo en toda regra. Por levar un anaco de plástico cun holograma na man non vas ser máis forte, nin máis resistente, nin moito menos ter máis equilibrio. Aínda así non se poñen de acordo dos efectos que fan e si son verdade ou non, que aínda o fai menos creíble.
Venres 23 de Setembro do 2011 ás 7:07 pm
Isto da Power Balance, paréceme unha verdadeira trapallada, xa que me parece unha forma de timar ás persoas, que non fai falla moito para que se impresionen, e xente inxenua. Porque o que eu penso é que todo isto de que che fai ter máis elasticidade, máis forza… pois esta todo na túa mente, xa que antes de probala, che din: Isto e moi bo porque mira, faiche que teñas máis tal e máis cual, e ti xa vas todo convencido de que vai pasar iso, que o final pasa, pero non por motivo da pulseira, xa que esta, non deixa de ser unha tira de silicona, con unha lamina de aluminio no seu interior, pois iso, que na miña opinión non deixa de ser un timo a persoas, que por dicilo de algunha maneira, non fai falla moito para impresionalas, ainda que non me parece mal que intenten facer negocio disto, porque quen se impresiona, é por que quere, porque a ti, ninguén che esta obrigando a compralas, pero tamén penso que non deixa de ser un timo!