Futurama

imagen

Clonación humana, dimensións extras, máquinas con conciencia, comunicacións con vida extraterrestre, pandemias mundiais, enerxía de fusión, conflito nuclear mundial…? Que pensan os científicos da probabilidade destos eventos nas próximas décadas?

12 eventos que poden cambiar o mundo para o 2050 (Scientific American).

Comenta unha peli de ciencia ficción para cada unha das 12 temáticas propostas no artigo e opina, está hoxe en día a ciencia ficción moi lonxe da realidade?

 

 

Unha solución para a diabete

A diabete é un desorde do metabolismo no cal a insulina non é producida polo páncreas (Tipo I) ou as células do corpo non responden a insulina que este produce (Tipo II).

imagen

A biotecnoloxía permitiu a fabricación de insulina humana mediante a introdución do xen no xenoma da bacteria Escherichia coli e posteriormente mediante plantas e animais transxénicos.

Os enfermos de diabete poden ter unha nova solución para a súa enfermidade, grazas á rexeneración das células que producen insulina (terapia xénica). Isto produciríase grazas a unha reprogramación celular que podería axudar a correxir a diabete.

Nesta reprogramación utilízanse células adultas, ás que se lle engaden, mediante virus, xenes que poñen a “cero”  o desenvolvemento celular e empezar unha nova maduración para xerar un tecido concreto.

Un científico español Pedro Herrera,  conseguiu a rexeneración das células que producen insulina mediante un modelo de ratón transxénico no que” o páncreas adulto rexenerou parcialmente células beta (produtoras de insulina) despois de perdelas case por completo (como nun neno diabético)”. Hai unha conversión celular espontánea de células alfa produtoras doutra hormona (glicagón) en celulas beta produtoras de insulina.

 

O fin do mundo analóxico.

Acábase de producir o 2 de Abril do 2010, un dos moitos cambios que se producirán ao longo da nosa historia con respecto á tecnoloxía.

En maio de 2005 a Comisión Europea sinalou 2012 como  data tope para que se producise o “apagón analóxico”. A través das tecnoloxías TDT e DAB( Digxtal Audio Broadcasting) divulgarán os seus contidos.

tdt

O apagón analóxico é un auténtico fito. Trátase do momento da extinción dunha tecnologxa que botou a andar hai máis dun século, coas primeiras emisións de radio. Pero só é un paso máis nun proceso global de abandono dos sistemas analóxicos.

Crees que é unha boa alternativa? Nomea 2 vantaxas e inconvintes do sistema dixital e comenta se estás a favor ou en contra sobre este cambio.

 

Corais ameazados

O arrecife de coral de maior lonxitude é a Gran Barreira coralina de Australia, unha das construcións naturais máis grandes e fermosas do mundo e o fogar de moitos outros organismos mariños que atopan nel alimento e acubillo fronte aos depredadores.

imagen

Verquidos desde petroleiros (como o accidente destos días), a presión turista ou o cambio climático ameazan a súa existencia.

O quecemento dos océanos debido ao cambio climático  pon en perigo o proceso de construción de caparazóns, cunchas ou esqueletos de carbonato de calcio de corais, ameixas, mexilóns e outros organismos mariños  debido aos niveis de acidez que acadarán mares e océanos. A acidificacion do océano é un proceso polo cal descende o pH dos océanos da Terra pola absorción do dióxido de carbono antropoxénico emitido á atmosfera. As latitudes máis altas dos oceános (ao ser zonas máis frías, absorben máis CO2) acabarán tendo condicións difíciles para os organismos que calcifican.

Podes  relacionar os perigos aos que se ven expostos os corais australianos con fenómenos similares que afecten á vida nas rías galegas, é dicir, recordas algún verquido similar nas nosas costas e os seus efectos? eres capaz de imaxinar as consecuencias da acidificación dos océanos sobre os moluscos das nosas rías e as consecuencias ecolóxicas e económicas asociadas?….

 

Un galego abre a vía para mellorar a eficacia da vacina da gripe.

O traballo, que publica «Nature Inmunology», permitirá desenvolver terapias para xerar máis anticorpos.

Como funciona a vacina da gripe? A resposta é simple e ata obvia: o virus (inactivado ou atenuado) introducese no organismo e é transportado ós nódulos linfáticos onde o sistema inmune xera os anticorpos contra a infección. Sen embargo, pouco se sabe de cómo ocorre este proceso. A pregunta, entonces, habería que reformulala: ¿Quén é o responsable de atrapar o virus e de activar os linfocitos B encargados de conter a infección viral mediante a xeración de anticorpos?

Un investigador galego que traballa na Universidade de Harvard (EE.UU.), Santiago Fernández González (Vilanova de Arousa) acaba de dar a resposta como principal autor dunha investigación que hoxe publica Nature Inmunology , a revista máis importante no campo da inmunología.

A clave para que todo funcione son as células dendríticas (glóbulos blancos que protexen ó corpo de microbios invasores), que son as responsables de atrapar o virus da gripe para que se inicie a resposta inmune ante a agresión. No traballo tamén se describeu o mecanismo polo cal estas células capturan e transportan o virus dentro do nódulo linfático ata levalo ós linfocitos B que producen os anticorpos. “Asa agora -recalca Santiago Fernández- descoñecíamos o proceso que vai dende a inxección da vacina asa a xeración da resposta inmune no organismo”.

Inmunodeprimidos

Este descubrimento non so supon un importante avance no conocemento de cómo funciona realmente a vacina da gripe, senón que tamén pode ter importantes aplicacións na práctica médica. Se se sabe cal é o mecanismo de captura e transporte do virus é factible mellorar a eficacia da vacinación, en especial en meniños e ancians, xa que 0 seu sistema inmune xera menos anticorpos, e en persoas inmunodeprimidas, como enfermos de cáncer ou sida. Nestos casos a súa eficacia é limitada.

imagen

 

Premio Europeo de Diseño e Medio Ambiente, unha reinvención do váter…

Un inodoro que aproveita a agua de lavarnos as mans para a descarga da cisterna

imagen

http://blogs.elpais.com/eco-lab/

 

A Uni (de Vigo) e os nano (satélites)

imagenA ESA (Axencia Europea Espacial) otorgou á Universidade de Vigo a coordinación do maior proxecto de cooperación internacional de nanosatélites (satélites de menos de dez quilos). Vigo coordinará o lanzamento de nove dos dezaoito satélites, que formarán unha constelación de equipos destinados a dispoñer de comunicacións en países en vías de desenvolvemento en materias como a telemedicina, a monitorización do cambio climático ou a educación e que sirvan tamén para dar cobertura en caso de emerxencias, cando fallen os sistemas de terra. Estes equipos de telecomunicacións orbitarán arredor do planeta a unha distancia comprendida entre 500 e 600 km.O proxecto, que custa medio millón de euros ao ano chámase geocid e está avalado pola ONU. Nel participan oito grupos de investigación da Universidade de Vigo e Fernando Aguado, que coordina aos 70 investigadores (entre profesores, doutores, estudantes de doutorado e enxeñeiros que realizan o proxecto de fin de carreira), sinala que esta iniciativa “vainos consolidar como referencia no campo dos nanosatélites coa posibilidade da definición dun sistema completo”.Esta iniciativa, que de momento xa está apoiada polo Ministerio de Investigación e Ciencia, o concello de Vigo e unha entidade privada aínda non desvelada, coloca á Universidade de Vigo como pilar europeo do Humsat en colaboración coas universidades de California e a Nacional de México.

 

A enorme diversidade xenética dos Bosquimáns

Un equipo internacional de científicos, secuenciou os xenomas de varios indíxenas sudafricanos e, entre outros descubrimentos, descubriron que están entre as persoas con maior diversidade xenética do mundo.
Os xenomas de catro bosquimáns do deserto de Kalahari e unha persoa da etnia bantú son os primeiros dunha poboación indíxena en ser secuenciados. Máis de 1,3 millóns de variantes xenéticas novas engadíronse ás bases de datos sobre as variacións do xenoma humano, que ata agora se limitaran case ás variantes europeas.

Este descubrimiento ten importantes implicacións para a investigación médica, proporcionando indicadores potenciais sobre as orixes de moitas das enfermidades máis complexas, incluíndo o cancro. Tamén proporciona aos científicos datos importantes que lles axudarán a profundizar na historia da evolución humana e tamén en cómo evolucionaron as enfermidades que afectan á especie humana.

imagen

 

OS 20 MÁIS CONTAMINANTES

imagen

A data da próxima Cumbre das Naciones Unidas sobre o Cambio Climático acércase. O diario The Independent plantexouse unha pregunta en voz alta: Quenes son os 20 máis contaminantes? A resposta é: primer posto, con 6.018 millóns de toneladas de CO2 emitidas, o ocupa China, o que o segue de cerca é Estados Unidos(5.903 millons) e, a certa distancia, Rusia (1.704); España, que emite 373 millons de toneladas de CO2 o ano, ocupa o posto 18.

 

A composición e procedencia do po doméstico.

No seu estudo, os investigadores David Layton e Paloma Beamer sinalan que o po das vivendas é unha mestura de produtos que inclúen partículas de pel morta desprendida dos corpos das persoas, fibras das alfombras e de mobles tapizados, e partículas transportadas dende o exterior polo aire ou polas solas dos zapatos e outros obxetos afíns. Tamén pode incluir chumbo, arsénico e outras substancias potencialmente daniñas que proceden do aire e da terra exteriores. Isto pode ser especialmente preocupante se temos en conta que os nenos poden inxerilos involuntariamente ao meter na boca xoguetes e outros obxectos sucios de po. Os investigadores encontraron que aorredor do 60 por cento do po dunha vivenda orixínase fóra dela. Tamén estiman que case o 60 por cento do arsénico presente no po do chan das vivendas pode provir do arsénico existente no aire circundante.

imagen